Ingreso en prisión dun home que abusou sexualmente dunha muller colándose na súa casa en Murcia

Ingresa no cárcere polos delitos de agresión sexual, retención ilegal e danos contra unha muller que dormía na súa casa coa súa filla dun ano. A muller conseguiu fuxir grazas a un veciño; cando os corpos de seguridade chegaron á vivenda o agresosr estaba intentado queimar a casa.
galego.farodevigo.es:detido por colarse nunha vivenda e abusar dunha muller

O tribunal Supremo ratifica a condea de 20 anos de cárcere polo asasinato de Lupe Jiménez

Ratificouse a sentencia da Audiencia Provincial de Pontevedra  na que o xurado popular condeaba a 20 de anos de cárcere a un pontevedrés que asasinou a súa muller embarazada e nai de 6 fillos máis. Aplicouse o agravante de parentesco e o atenuante de confesión. Terá que pagar indemnizacións de entre 30.000 e 60.000€ aos fillos.galego.farodevigo.es: supremo ratifica a condea de 20 anos de cárcere polo feminicidio de Lupe

A Xunta duplicará as axudas ás vítimas de violencia machista

http://www.farodevigo.es/sociedad/2017/03/17/xunta-duplicara-ayudas-victimas-violencia/1642670.html

Repulsa ó artigo de opinión do Faro de Vigo

Desde a Rede de Mulleres contra os Malos Tratos, queremos secundar a protesta doutras asociación feministas e expresar a nosa repulsa polo artigo de Juan José R. Calaza “Contra el machismo: reivindicación del triángulo”, aparecido no diario Faro de Vigo o domingo 12 de marzo.
Neste artigo, o autor non só trata de desprestixiar e terxiversar as consignas do feminismo, un movemento que loita en prol da igualdade, senon que trivializa un tema tan grave como é a violencia de xénero.

Non entendemos cómo un medio de comunicación pode dedicarlle un espazo -case unha páxina enteira-, a este tipo de opinións e consideramos unha falta de respeto a publicación deste artigo.

http://www.farodevigo.es/opinion/2017/03/12/machismo-reivindicacion-triangulo/1639486.html

Formación en Violencia de Xénero 2017


Pederasta que abusa das súas fillas en Redondela non ingresará en prisión

Indignación absoluta: A Audiencia Provincial de Pontevedra suspendeu a execución da pena a cambio da promesa de non volver a delinquir, unha indemnización de 3000 € e a retirada da patria potestade. Inicialmente pedíanse 12 anos de prisión pero reducíronse a 2 anos por que confesou e axudou a aclaralos feitos. A súa muller ten unha orde de búsqueda e captura por que presenciou os feitos. www.farodevigo.es: pai abusa das súas fillas e se libra do cárcere

Obradoiros para colexios e institutos


Que non te enganen! O feminismo non é ideoloxía de xénero



Isto é o que están a repartir á salida dos colexios e institutos para fomentar o odio e confundir ós rapaces e ás rapazas. Estamos totalmente en contra dos que pretenden manipular e terxiversar o movemento feminista con este tipo de publicidade.

Xuices piden fixar a responsabilidade do estado cando haxa neglixencia coas vítimas de violencia machista

http://m.europapress.es/epsocial/igualdad/noticia-jueces-piden-fijar-responsabilidad-estado-cuando-haya-negligencia-victimas-violencia-machista-20170313132040.html

Atopan o cadáver dunha muller con cortes no pescozo

Atopan en Sevilla o cadáver espido e con cortes no pescozo dunha muller. A Garda Civil detivo ao vecino que atopou o corpo e acusou a outras dúas persoas.www.farodevigo.es: atopan en Sevilla o cadáver dunha muller

Comeza o xuízo polo asasinato da peregrina estadounidense

Oito mulleres e un home forman o tribunal do xurado no asasinato da peregrina estadounidense. A Fiscalía pide 25 anos para Miguel Ángel Muñoz por asasinato e roubo. galego.farodevigo.es:formación do xurado do asasinato da peregrina Denise 

Presunto parricidio en Motril

Detido pola morte da súa nai de 91 anos en Motril, Granada. Un familiar atopouno sentado nunha cadeira contemplándoa. galego.farodevigo.es: detido pola morte da súa nai