Abrindo Novos Camiños contra a Violencia de Xénero



ABRINDO NOVOS CAMIÑOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Reflexións sobre as distintas formas de violencia de xénero, debate entre os colectivos que traballan no eido da igualdade sobre metodoloxías empregadas, liñas transversais das intervencións e temas fundamentais de cara o futuro. Queremos fomentar o coñecemento mutuo e o traballo conxunto das organizacións con obxectivos comúns de cara a acadar a igualdade real entre mulleres e homes e minimizar os efectos da violencia.

PROGRAMA


XOVES 7 DE XUÑO DE 2018:

·         10:00-13:00 -  MESA REDONDA: Diferentes intervencións ante a violencia de xénero:

“Violencia contra as mulleres con discapacidade: ver e recoñecer os sinais”

-       Ainhoa López González: Traballadora social na Asociación de mulleres con                                                                                         discapacidade de Galicia, ACADAR.

Graduada en Traballo social pola Universidade de Santiago de Compostela e con Máster en cooperación ao desenvolvemento, Xestión públiva e das ONGD´S. Traballa como técnica na Asociación de mulleres con discapacidade de Galicia, ACADAR. Realizou formación complementaria básica en materias de dereito internacional, habilidades de comunicación, saúde e voluntariado.

A ponencia centrarase no caderno artístico e didáctico “Violencia contra as mulleres con discapacidade: ver e recoñecer os sinais”. Editado por ACADAR no ano 2015, esta guía é pioneira ao ofrecer material que permite coñecer, detectar e abordar distintas situación de vulnerabilidade que viven as mulleres con discapacidade, guiándoas cara ao empoderamento. Esta guía editouse coa finalidade de ser un recurso que permitirá as persoas profesionais e a sociedade en xeral, recoñecer as diferentes situacións e tipos de violencia nas que se poden atopar as mulleres.

“O ocio como intervención en violencia de xénero”

-        Tania MerelasEducadora social, formadora especializada en igualdade de xénero                                                         e violencias machistas.

É doutora en Ciencias da Educación e experta en Xénero e Políticas Públicas de Igualdade. Posúe experiencia docente en formación profesional na familia de servizos á comunidade e é integrante do grupo Fiadeiras –especializado en igualdade de xénero– do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia.
Partindo do traballo recollido no libro "Comezar desde cero: voces de mulleres recuperando as súas vidas", realiza unha aproximación aos procesos de recuperacións das mulleres en situación de violencia machista no contexto de parella, poñendo o foco de atención dos tempos propios e de lecer como escenarios de resistencia e transformación persoal. Achegarémonos ao lecer como dimensión humana relacionada co benestar e coa calidade de vida, recoñecéndoo como un dereito fundamental.

 “Islamofobia

-       Mina ShayanInvestigadora de xénero na Universidade de Vigo.

Investigadora de xénero na Universidade de Vigo. Licenciada en Filoloxía Hispánica, profesora de lingua e cultura persa e posgrado en estudos de xénero.  Mina Shayan naceu en Tabriz (Irán), unha zona montañosa pegada ao Mar Caspio onde a lingua materna é o azerí. É licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade Azad de Teherán e, ademais de persa e español, domina o árabe, o inglés e o turco. Chegou a Vigo en 2008 para especializarse en temas de xénero e, sen dubidalo, aprendeu pronto o galego.
A ponencia tratará sobre o sentimiento de hostilidade cara ó islam e, por extensión, cara ós musulmáns, tratado dende unha perspectiva de xénero.


·         17.00 – 20.30 - PONENCIAS:

Mozas que rompen coa relación violenta: puntos fortes”.

Ana Sieiro MoralLicenciada en Psicoloxía. Experta en malos tratos e violencia de                                                                xénero.

Licenciada en Bioloxía e en Psicoloxía. Educadora social. Diplomada en traumaterapia infantil sistémica polo Instituto Exil de Barcelona. Experta en malos tratos e violencia de xénero. 25 anos traballando en temas relacionados coa infancia e mocidade en situación de risco en distintas entidades relacionadas coa protección á infancia en toda Galicia. Terapeuta acreditada para o Programa de Atención a Persoas Vítimas de Violencia de Xénero e tamén para o programa Abramos o círculo dende o ano 2012. Directora de Achega, centro de psicoloxía e logopedia.
A ponencia tratará sobre o rol que asumen as mozas para sair das relacións violentas e seguir adiante.

 “Masculinidades tóxicas e a súa relación coa violencia de xénero”

- Roberto Sanz Martín. Psicólogo, sexólogo e coordinador de formación                                                                                             en SEXPOL

Psicólogo e Máster en Sexología pola Fundación SEXPOL. Máster en Psicoloxía e Xestión Familiar. Técnico Superior en Igualdade de Xénero. Membro fundador de AHIGE Madrid. Terapeuta, docente e Coordinador de formación en SEXPOL.
A ponencia tratará sobre a masculinidad tradicional, a única ata agora, esta centrada no poder, como ferramenta e como obxectivo. Gran parte dese poder susténtase na súa propia existencia, grazas ao patriarcado, pero exércese de moitas formas diferentes, visibles e invisibles, visibilizadas e invisibilizadas. en cuestión de relacións sentimentais ou de parella, case a gran maioría de características, actitudes, formas, ferramentas e estruturas propias desta masculinidad xeran e manteñen relacións asimétricas, de poder, tóxicas. isto configura a estrutura onde montar toda violencia de xénero.