Axudas individuais a persoas con discapacidade para servizos de promoción da autonomía persoal
Requisitos
das persoas beneficiarias
- Persoas que teñan recoñecido
un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %.
Considéranse tamén así os pensionistas da Seguridade Social que teñan
recoñecida unha pensión de incapacidade permanente no grao de
total, absoluta ou grande invalidez, e os pensionistas de
clases pasivas que teñan recoñecida unha pensión de xubilación ou
de retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade
(artigo 4.2 do Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que
se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con
discapacidade e da súa inclusión social).
- Residir na Comunidade
Autónoma de Galicia.
- Ter unha renda per cápita da
unidade familiar de convivencia, calculada nos termos previstos no artigo
9, que non supere o 300 % do IPREM establecido para o ano 2018.
- Cumprir os requisitos
establecidos con carácter xeral para obter a condición de persoa
beneficiaria de subvencións no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de
subvencións de Galicia.
Bono social térmico
Normativa
https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2017-11532
https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2018-13593
Obxecto
Créase o programa de concesión directa de
axudas destinadas a paliar a pobreza enerxética en consumidores vulnerables, no
que respecta a enerxía destinada a calefacción, auga quente sanitaria ou
cociña, denominado Bono Social Térmico.
A axuda para conceder ten como finalidade
compensar gastos necesarios para garantir a subministración de enerxía para
usos térmicos ou o apoio a actuacións de aforro ou melloras da eficiencia
enerxética aos consumidores vulnerables.
Compatibilidade con outras modalidades de axuda
Esta axuda é compatible coa percepción
doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade
procedentes de calquera Administracións ou entes públicos ou privados,
nacionais ou internacionais, das que puidesen beneficiarse os destinatarios da
axuda. Así mesmo, será compatible coa percepción do Bono Social de
Electricidade.
Beneficiarios
En cada exercicio serán beneficiarios do
Bono Social Térmico aqueles consumidores que sexan beneficiarios do bono social
de electricidade previsto no artigo 45 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do
Sector Eléctrico, ao 31 de decembro do ano anterior.
Financiamento e criterios de distribución
da axuda do Bono Social Térmico entre os beneficiarios
O outorgamento de axudas en concepto de
Bono Social Térmico estará condicionado á existencia de dispoñibilidade
orzamentaria e, en todo caso, suxeita ao límite fixado en cada ano na Lei de
Orzamentos Xerais do Estado para este concepto.
A cantidade consignada na partida
orzamentaria con cargo á que se financie o Bono Social Térmico en cada
exercicio orzamentario distribuirase, entre todos os beneficiarios do bono
social de electricidade mediante a concesión dun pago único anual.
A contía para percibir por cada
beneficiario determinarase atendendo ao seu grao de vulnerabilidade segundo se
defina na normativa reguladora do bono social eléctrico, así como á zona
climática na que se localice a vivenda na que se atope empadroado, todo iso en
aplicación da metodoloxía contemplada no anexo I do presente real decreto-lei.
A xestión e o pagamento das axudas
corresponderá ás Comunidades Autónomas, que o efectuarán durante o primeiro
trimestre do ano, garantindo en todo caso a posibilidade de renuncia á axuda
por parte dos beneficiarios que así o soliciten.

Dende a
Rede de Mulleres denunciamos calquera tipo de violencia contra as mulleres. O
patriarcado e a violencia están en todos os estamentos e clases sociais,
incluída a clase política. Ante os comentarios misóxinos do Alcalde de
Vilanova, Gonzalo Durán, queremos apoiar a concentración que terá lugar este
mércores 10 de outubro ás 20h. Agardámosvos!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)