NON ESTÁS SOA

Sabemos que nestes momentos de confinamento polo estado de alarma para moitas mulleres e as súas crianzas, o seu fogar non é sinónimo de seguridade.

Se te atopas illada co teu maltratador, non estás soa, dende a Rede de Mulleres seguiremos prestando atención psicolóxica, xurídica e social. Respostaremos a todas as túas dúbidas a través dos seguintes medios:

Teléfonos de contacto: 670 453 431 // 627 978 544  // 680 417 249. 

Vía WhastApp: 627 978 544 // 680 417 249.

Enderezo electrónico redemediadorasvigo@hotmail.com


Podes contar connosco!

Aviso da Concelleria de Igualdade do Concello de Vigo:

Infórmamos que o persoal da Concellería de Igualdade segue operativo.

Para calquera consulta urxente que necesitedes facerlles, especialmente as mulleres vítimas de violencia de xénero, podedes seguir contactando con elas a través do teléfono do Centro Municipal de información dos Dereitos da Muller. T.986 29 39 63 que o seguimos a xestionar de modo remoto ou a través do email: info.muller@vigo.org deixando o teu teléfono para poder chamarte.

Prestacións como consulta xurídica, apoio social, acollemento de proteccion e apoio psicolóxico a mulleres vítimas de violencia de xénero.

Fdo. Concelleria de Igualdade do Concello de Vigo.