VIDEO MANIFESTACIÓN
COMUNICADO POLO 25 DE NOVEMBRO
MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES
Día Internacional contra a Violencia Machista
25 de novembro de 2011
“PARA CAMBIAR O MUNDO, ACABAR COA VIOLENCIA MACHISTA”
Dise do Feminismo que é a revolución silenciosa do século XX. Mais non podemos dar a razón a quen afirma que esta é unha revolución sen sangue. Neste novo século, como no anterior, esta revolución segue a engrosar a súa listaxe de mártires.
Desde a dereita política, mediática e relixiosa, fálase dunha perda dos valores da familia. E así é. O seu modelo de familia está en crise. Cada dia mais persoas aspiran a modelos de convivencia e afecto, máis democráticos que o seu modelo patriarcal. Cada dia mais mulleres e mais homes aceptan outros valores de convivencia: a igualdade, a corresponsabilidade, a cultura do diálogo, dos acordos...
Mais tamén quedan moitos homes, organizacións políticas, relixiosas e sociais, que se resisten ao cambio. A pandemia da resistencia machista mostra repuntes no poder xudicial ( actuacións en Sevilla e Murcia), no poder político (Lei da Familia do Parlamento Galego), nas institucións académicas (teoría do Síndrome da Alienación Parental), nas educativas (louvanzas á segregación por sexos), nas relixiosas (carta pastoral do bispo de Granada)... mentres se vai conformando un cambio político e económico que está levando aparellado unha perda importante de dereitos fundamentais, e un ataque sen precedentes aos servizos públicos, que en moitas ocasións aseguraban o exercicio deses dereitos. Un cambio político cuxos protagonistas aspiran a abolir leis que supuxeron logros importantes na vida de moitas mulleres e homes, a Lei de Igualdade, a Lei Integral contra a Violencia Machista, a Lei do Aborto, as reformas no Código Civil que igualan en dereitos ás persoas sen distinción da súa opción sexual.
O sistema económico, que nestes dous últimos anos acelerou a súa voracidade engulindo recursos públicos e impoñendo un modelo social de competitividade, acumulación e usura, impón ao poder político, recortar e abolir todas aquelas políticas de igualdade encamiñadas a previr a violencia machista, á atención ás vítimas e á concienciación da sociedade. Políticas que desde o Feminismo avaliabamos como insuficientes, pero que marcaban o camiño que había que encetar para conseguir arrincar o machismo das nosas vidas.
Cada día, diante do asasinato dunha muller a mans do seu ex marido, ou do seu compañeiro, as autoridades condenan os feitos, a veciñanza manifestase rexeitando a agresión e pedindo xustiza, preguntándose por que continua engrosándose esta tráxica lista de mulleres vítimas da violencia machista. Un feminicidio que vai marcando cada dia mais aldeas, vilas e cidades, no mapa dos asasinatos machistas.
As mortes por violencia machista, por moi inexplicables que parezan, non son actos illados, fortuítos, senón que obedecen a unha cultura patriarcal no que as mulleres non teñen dereito a decidir sobre a súa vida. Son a reacción violenta de quen se cree posuidor dun ben, dunha propiedade, ou dunha escrava.
A solución non é doada e necesita do compromiso de todos e de todas, porque precisa de cambios profundos dado que o machismo está enraizado na nosa sociedade e non estamos facendo o preciso para desbotalo.
Ao feminismo non nos asusta continuar coa nosa responsabilidade e activismo na loita contra a violencia machista...non queremos que se volva ao pensamento de que a violencia machista son “os trapos sucios que hai que lavar na casa”.
Queremos concienciar sobre as estruturas sociais que alimentan e reproducen o machismo.
Queremos deixar claros os vínculos que existen entre a desigualdade e a violencia machista.
Queremos facer reaxir á sociedade ante a perda de dereitos e ante o desmantelamento de servizos públicos.
EN NOME DE TODAS AS MULLERES ASASINADAS CANDO PRETENDIAN RECONQUISTAR A SÚA PROPIA VIDA E POR TODAS ÁS QUE ESTAMOS A SUFRIR VIOLENCIA NON PODEMOS CONSENTIR NINGÚN PASO ATRAS.
25 DE NOVEMBRO DE 2011
A Marcha Mundial das Mulleres convida a participar nos actos programados en Vigo, polo Día Internacional contra a Violencia Machista baixo o lema:
“PARA CAMBIAR O MUNDO, ACABAR COA VIOLENCIA MACHISTA”
Vigo
Xoves 24 e venres 25 de novembro "Museo interactivo contra a violencia machista". Diante do Marco.
25 de novembro de 2011, venres às 20:00 h. Manifestación desde a Farola de Urzáiz
Agradecemos de antemán a difusión da convocatoria.
Saúdos feministas!!
CONCENTRACIÓN MENSUAL
boa tarde,
con motivo do día 25 de novembro, día internacional contra a violencia de xénero, a Rede non realizará a concentración mensual do último xoves de mes diante do museo MARCO.
estaremos o venres, día 25, na manifestación contra a violencia de xénero que sae dende a farola de Príncipe ás 20.00.
agardamos contar con todas e todos vós.
unha aperta.
MANIFESTACIÓN POLO 25 DE NOVEMBRO
25 DE NOVEMBRO
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
AGARDÁMOSVOS ÁS 20.00 NA FAROLA DA RÚA PRÍNCIPE
MESAS INFORMATIVAS 2011
As mesas informativas acercan á cidadanía a problemática da violencia de xénero, ofrecendo información sobre os aspectos máis importantes que se producen no maltrato, visibilizando o traballo que está a realizar a Rede E as actividades que estamos levando a cabo e ofrecendo unha guía de recursos e de servizos para unha información cercana e unha participación activa de toda a cidadanía.
DATAS
22/11/11: paseo do calvario
23 e 24 de novembro: Príncipe
HORARIO
10.00 A 20.30
agardamos que vos acerquedes!
VIDEOFÓRUM "LA CAJA"
VIDEOFÓRUM
"LA CAJA"
Ángela Molina, Elvira Mínguez, Antonia San Juan, María Galiana e Manuel Manquiña
Director: Juan Carlos Falcón
Nun pobo mariñeiro de Canarias, o odiado don Lucio falece inesperadamente e a súa viúva non ten espazo na súa casa para velalo. A súa veciña Isabel será quen cargue co morto, e mentres a viúva esquece as súas penas, todos os veciños pasarán polo velorio para axustar as súas contas pendentes co defunto.
Descanse en paz Don Lucio...se pode.
XOVES 17 DE NOVEMBRO
18:00
.
Organiza:
Lugar: Centro de documentación feminista
Biblioteca Pública Central – Joaquín Yáñez 6 – 2º
Colabora:
CENTRO DE DOCUMENTACIÓN E RECURSOS FEMINISTAS
XA TEMOS FACEBOOK!!!
CONFERENCIA: "O SON DA TERRA"

"O SON DA TERRA"
UNHA MEDICIÑA VIBRANTE QUE AXUDA A TRANSITAR POLOS MOMENTOS DIFÍCILES.
Sabes que hai sons naturais capaces de mellorar o teu estado de ánimo?
Transformar pensamentos autodestrutivos, aportando vitalidade, transformar o teu medo, a túa soidade, mellorar o teu descanso, etc..?
Axúdanche a recuperar o poder sobre as túas emocións perxudiciais.
CONFERENCIA DE BALDE
LUNS 12 DE DECEMBRO DE 18 A 20H.
CENTRO CÍVICO CASCO VELLO Calle Oliva, 12 – Vigo
ORGANIZA: REDE DE MULLERES CONTRA OS MALOS TRATOS DE VIGO
Impartida por: Eva Julián Investigadora en Bioacústica aplicada ó benestar e Terapeuta Sonoro.
Especialista na creación e o deseño de ambientes sonoros terapéuticos e personalizados. Traballa para hospitais e centros especializados formando a profesionais na aplicación do son como ferramenta terapéutica.
www.sonidoyvida.com
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






