UNHA MULLER ARBITRA POR PRIMEIRA VEZ UN PARTIDO DE TERCEIRA EN GALICIA

http://praza.com/deportes/4129/unha-muller-arbitra-por-primeira-vez-un-partido-de-terceira-en-galicia/

DIXERON: "MIRA, DOUS HOMOSEXUAIS; E COMEZARON A PEGARNOS"

A lei do matrimonio homosexual saca a luz en Francia a intolerancia da dereita e os grupos católicos

http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/04/12/actualidad/1365781024_843360.html

AS EMBARAZADAS GALEGAS PODERÁN TOMAR DECISIÓNS MEDIANTE UN PLAN DE PARTO

En medio de tantas malas novas, unha boa nova, que xa tardou moito en chegar...http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2013/04/14/embarazadas-gallegas-podran-decisiones-mediante-plan-parto/790970.html

GALLARDÓN ESCOITA A ROUCO E RECUPERA A SÚA CONTRARREFORMA DA LEI DO ABORTO


Según declaracións de Gallardón, a nova normativa dubidará do perigo para a saúde física e psicolóxica da muller; e se prohibirá o aborto por discapacidade do feto. A normativa suporía un retroceso nos dereitos das mulleres, anterior á lei de prazos de 1985. 

http://www.publico.es/453763/gallardon-escucha-a-rouco-y-recupera-su-contrarreforma-de-la-ley-del-aborto

Plataforma en defensa dos dereitos reproductivos das mullers: Decidir fainos libres. Para máis información:

http://nosotrasdecidimos.org/manifiesto-gallego/


O GRITO MUDO DUN NENO OU NENA MALTRATADA

A maior parte dos abusos se dan dentro das unidades familiares. Lamentablemente, estes casos siguen xerando unha vergoña social.

http://www.elmundo.es/elmundo/2013/04/10/espana/1365613133.html

UN HOME MATA OS SEUS DOUS FILLOS E A SÚA SOGRA E SUICÍDASE

http://www.farodevigo.es/sucesos/2013/04/12/hombre-mata-hijos-suegra-suicida/790157.html

DOCUMENTAL "CON TU DINERO"



ESTREA EN VIGO DO DOCUMENTAL "CON TU DINERO"

Até que punto a sociedade é consciente do xeito
en que se emprega o seu diñeiro?
As asociacións Fiare Galiza e Amarante Setem en colaboración con Adicae, COOP 57 e AIS O Peto organizan a presentación e proxección do documental "Con tu Dinero" que pretende facer ver algunhas das malas prácticas das entidades bancarias, desde inversións en armas até desfiuzamentos de familias desfavorecidas.
A proxección deste documental contará coa presenza do seu director, Iker Espúñez (que se desplaza a Galiza exclusivamente para estar presente nas sesións).
Neste documental no que non se pretende sentar cátedra, tamén se presentan alternativas ao actual sistema bancario, a través da banca ética e as redes de economía alternativa no que se busca que cada persoa tire as súas propias conclusións.
O documental está producido por MOBIOLAK. Dura cerca de 70 minutos e despois da súa proxección haberá unha charla-coloquio con con Iker Espúñez, membros de Fiare Banca Ética, responsábeis da ONGD Amarante Setem e máis representantes de COOP 57, AIS O Peto e Adicae, e na que poderá participar todo o público asistente.

DATA/LUGAR DA PROXECCIÓN

A entrada será libre até completar aforo.
Proxección do documental. En Vigo o documental proxectarase o mércores 17 de Abril ás 19:30 horas no Centro Cívico de Teis, Camiño Maceiras s/n.
Participantes:
Iker Espúñez: director do documental.
Fiare banca ética: Manual Adame.
COOP 57 Galiza: Teresa Balado.
Amarante Setem: Xosé Luís Riveiro.
Adicae: Iria Aguete
AIS O Peto: Raquel Doallo

SINOPSE

Este documental pretende reflexar as prácticas financeiras alternativas á banca
convencional que podemos atopar na actualidade no estado español.
A crise, motivada en grande parte por prácticas bancarias de dubidosa legalidade, abriu na sociedade un debate sobre a forma na que tanto os bancos como as caixas de aforros xestionan o diñeiro que depositan os/as seus/súas clientes/as. Até qué punto a sociedade é consciente da forma en que se emprega o seu diñeiro?