'Edie', a pioneira


Edi, sempre foi unha muller pioneira. Traballou en IBM, cando isto parecía só un traballo "para homes", e viaxou a Canadá para poder casarse coa muller que amaba, por medo a que non lles dera tempo a casarse en Nova York, onde non era legal o matrimonio homosexual.

A súa é unha loita pola igualdade e por vivir unha vida que ela elixiu. Nesta semán en defensa dos dereitos das persoas homosexuais e transexuais, queremos lembrar que cada quén ten dereito a elixir o seu proxecto de vida xunto as persoas que queira.

http://www.publico.es/internacional/457909/edie-la-pionera

Unha nena transexual de seis anos gaña unha demanda civil en Colorado



Coy, trilliza que foi inscrita como neno ao nacer, sempre actuou como unha rapaza, algo que segundo os seus pais comezaron a percibir dende que tivo 18 meses. Dende preescolar, a nena acudiu a clase con ropa feminina, os seus compañeiros e profesores se referiron a ela como unha muller e sempre usou os mesmos baños que calquera das súas compañeiras.

Pero o pasado decembro a situación cambiou: o coleixo prohibiulle usar o baño das nenas.

Os seus pais, coa axuda da Transgender Legal and Defense Education Fund (TLDEF), interpuxeron unha denuncia alegando que o centro violara os dereitos da súa filla e o estatuto antidiscriminación de 2008 de Colorado que se aplica ás persoas transexuais. O luns a xustiza do Estado de Colorado se puxo do seu lado.

http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/06/24/actualidad/1372103107_547123.html

O profesor de Lugo xulgado por matar a súa muller aduce: ´ É o amor da miña vida ´

 Montserrat Labrada, de 43 anos, asasinada polo seu marido, que no xuízo comentou que "a quería moitísimo". A fiscalía sostén que o certo é que lle fixo a vida imposible, a través dun maltrato habitual. Iso é querer a alguen?

http://www.farodevigo.es/sucesos/2013/06/26/profesor-lugo-juzgado-matar-mujer/835317.html

As familias que dependen só do soldo da muller crecen en 35.000 casos máis dende 2007


http://www.farodevigo.es/galicia/2013/06/25/familias-dependen-sueldo-mujer-crecen/834696.html

Próxima concentración da Rede: 27 xuño 2013 ás 19,00 horas



38 mulleres e catro cativ@s foron asasinad@s no que vai do ano  2013.
A Rede  unha vez máis vai estar manifestándose contra os malos tratos e os asasinatos das mulleres.
Lerase un comunicado e a continuación Sheyla Fariña  representará unha coreografía de danza contemporánea.
Agardámosvos para entre todas e todos facer visible a barbarie que se está cometendo coas mulleres. 
As vítimas merecen, cando menos a denuncia pública.

Detido un vigués de 18 anos por difundir por WhatsApp fotos da súa exnoiva núa


http://www.farodevigo.es/sucesos/2013/06/23/detenido-vigues-18-anos-difundir/833998.html

Aulas sen testemuñas da violencia de xénero


O alumnado non escoitará máis as voces das vítimas de violencia de xénero nas aulas no País Vasco.

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/06/24/paisvasco/1372102312_798396.html

A prevención na educación é un dos ámbitos máis importantes de actuación. Debemos rachar cos estereotipos que vinculan os malos tratos cunha muller de 50 anos, casada e sen estudos. Como destaca un informe da Ertzaintza,o 35 % das mulleres agredidas no País Vasco en 2010 eran menores de 30 anos.

A desigualdade apréndese moi cedo. Rachar con esa aprendizaxe é responsabilidade de todos/as. A igualdade tamén se podería aprender de pequenos/as.