http://www.publico.es/466764/el-obispo-de-segovia-pide-compasion-para-los-que-padecen-la-homosexualidad
A igualdade cotiza á baixa no Ibex
As mulleres que forman parte dos Consellos de Administración das empresas que forman o Ibex35 representan o 15%. 75 conselleiras fronte a 424 conselleiros.
http://www.publico.es/466661/la-igualdad-cotiza-a-la-baja-en-el-ibex
"Todas as noites saio a retirar os carteis que pon o meu acosador"
O seu calvario comezou o día que recibiu unha chamada dun descoñecido que lle propón sexo a cambio de comida. Cortou e pensou que era unha broma. Pero non o era. Esa chamada foi o inicio da vinganza que a súa ex parella preparou na súa contra por ter cortado a relación con él. Aos poucos días sae á rúa e nela se atopa os cartaces nos que aparece a súa foto, o seu número de teléfono e unha frase humillante: "Busco chulo que me manteña a mí e ao meu fillo a cambio de sexo"
Xa está ben de que as ex-parellas non acepten o rexeitamento das mulleres. E que tenten, dun modo tan despectivo, facer dano a unha muller. Dende aquí enviamos a nosa solidariedade a Martha.
http://www.elmundo.es/elmundo/2013/09/07/espana/1378554551.html
PREPARANDO O V ENCONTRO NACIONAL DE MULLERES 2013...
A Rede xa está ultimando as actividades do Encontro de mulleres que realizamos todos os anos en Panxón. En breve publicitaremos o programa completo.
Por agora podemos adiantar que se realizará na Residencia de Tempo Libre de Panxón, os días 18 e 19 de outubro e que queremos contar con todas vós para seguir fortalecéndonos abrindo novos camiños de colaboración, tan necesarios neste momento.
Seguiremos informando do prazo de inscrición...
unha aperta.
Igualdade di que contrata máis publicidade en medios con menos lectores por aforro
Fontes do Ministerio declararon a Servimedia que o principal motivo do reparto "son as tarifas publicitarias", e que se se invertiu máis nun medio con menos lectores (como La Razón ou La Gaceta) é porque as súas insercións resultaban moito máis económicas.
A Igualdade e a campaña de sensibilización da violencia "Hai Saída", cremos que debe ser exposta en medios con máis lectores/as. Non entendemos que se aforre en informar á sociedade dos medios para acabar coa violencia de xénero. Por outra banda, os medios "elexidos"- La Razón ou La Gaceta- parecen ter sido seleccionados tamén por criterios ideolóxicos.
http://www.elmundo.es/elmundo/2013/09/05/espana/1378405987.html
O Supremo obriga por primeira vez ao pagamento público do cambio de sexo
O Tribunal Supremo dictou sentencia por primera vez a favor dunha persoa atrapada nun cuerpo de sexo alleo e en contra dunha comunidade autónoma que lle vetou reiteradamente, dende fai seis anos, o dereito que reclamaba a operarse con cargo á sanidade pública.
Este caso, máis alá do debate sobre a ciruxía, nos debe facer reflexionar á sociedade que tipo de actitudes e comportamentos se teñen con respecto a aquelas persoas que queren desenvolver un xénero diferente ao seu sexo biolóxica. Que recursos ten o sistema educativo para tratar en pe de igualdade a estas persoas?
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/09/04/galicia/1378320774_076362.html
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






