Feminismo e saúde


Plataforma Polo Dereito a Decidir: manifesto por unha sanidade pública

As mulleres contra os recortes e a privatización na Sanidade Pública

Porque atentan contra a universalidade, accesibilidade e equidade.

Porque deixan fóra persoas inmigrantes e maiores de 26 anos que non teñan cotizado.

Porque reduce os servizos na sanidade e introduce o copago.

Porque privatiza a xestión nos Hospitais e Atención Primaria, encarecendo o servizo e empeorando a súa calidade.

Porque os recortes nos servizos afectarán especialmente às mulleres.

Porque se abandonou o Programa de Saúde da Muller na Galiza.

Porque supón para as mulleres unha perda na calidade asistencial e un grave retroceso para os nosos dereitos sexuais e reprodutivos.

Todo isto responde a unha estratexia ideolóxica reaccionaria que supón unha perda de soberanía para as mulleres sobre os nosos corpos que nos leva aos anos 60.
Para por en marcha esta estratexia apóianse na ausencia de educación afectiva e sexual en todos os niveis do ensino, no desmantelamento progresivo de servizos como os COF públicos, na creación de COF privados e relacionados coa igrexa católica, na eliminación da carteira de algúns métodos anticonceptivos, no abandono do Programa de Saúde da Muller na Galiza, no feche de 44 camas de Xinecoloxía no Hospital Xeral, e na anunciada contrarreforma da lei do Aborto.

O certo é que ningunha lei vai supor unha redución no número de abortos. Unha muller que ten decidido abortar vaino facer, con lei ou sen ela, en condicións sanitarias óptimas, que é o que esiximos, ou en condicións na que a súa vida corra perigo. O que vai conseguir Gallardón coa súa contrarreforma é que aumenten os abortos clandestinos e que as mulleres teñan secuelas importantes de saúde chegando mesmo à morte. Cada ano morren 70 mil mulleres no mundo por abortos clandestinos.
Na Galiza, a IVE na rede sanitaria pública non está garantida: na maioría dos hospitais as mulleres que desexan abortar son derivadas à privada, como nos casos da Coruña e Lugo. En Vigo patícanse na pública só os abortos por malformacións ou doenzas da nai, e en Ourense a sanidade pública asume 90% dos casos.

Por todo iso, desde a Plataforma polo Dereito ao Aborto esiximos:

-    A integración da educación afectiva e sexual en todos os niveis do ensino.
-    Que a violencia contra as mulleres sexa considerada unha cuestión de saúde pública, sobre todo na Atención Primaria.
-    A permanencia dos COF como centros integrais e de carácter público.
-    aceso a métodos anticonceptivos e financiados pola Seguridade Social
-    aceso a todas as mulleres, sen discriminación por opción sexual ou por non ter compañeiro, a tratamentos de reprodución asistida na Sanidade pública.
-    Aborto libre e gratuíto na rede sanitaria pública e sen obxección de consciencia. O dereito das mulleres a decidir se queremos ser nais, e en caso afirmativo, cando queremos ser nais, é unha cuestión fundamental de democracia para todas as mulleres

Facemos un chamamento a participar na manifestación pola Defensa da Sanidade Pública que sairá do Hospital Xeral o martes 10 de decembro às 20h.
As mulleres que formamos parte da Plataforma polo Dereito ao Aborto quedamos às 19:45h na porta do Hospital de Día para facer un grupo propio.
Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto

Galiza, 10 de decembro de 2013

Entrevista a Luis Enrique Sánchez sobre anticoncepción

http://nosotrasdecidimos.org/entrevista-luis-enrique-sanchez-anticonceptivos/

Rajoy confirma que o Consello de Ministros tramitará a lei do aborto antes de que remate o 2013‏

http://www.20minutos.es/noticia/1998967/0/rajoy-confirma/tramitacion-ley-aborto/antes-2014/

Qué é o informe Estrela?

Documento elaborado por diversas organizacións europeas defensoras dos dereitos sexuais e reprodutivos (DSR)

http://nosotrasdecidimos.org/que-es-el-informe-estrela-sobre-salud-y-derechos-sexuales-y-reproductivos/


http://vimeo.com/nked/review/81033310/bbe8e019a6

Descende a violencia de xénero?

Hoxe nos informativos avanzaban que diminuía o número de mulleres que sufrían malos tratos. Cómo? El País cambia o titular e fala da realidade: "Descenden un 9,6% as mulleres con medidas de protección"
Éso é moi diferente. Entón, por qué descenden as medidas de protección? será porque se otorgan menos? será que as mulleres denuncian menos?
A violencia segue tendo os mesmos niveis que o ano pasado, e o número de asasinatos practicamente é o mesmo. Poden existir intereses económicos e políticos para non contar a verdadeira realidade sobre o número de persoas nas listas do paro....pero ocultar os datos sobre violencia de xénero é xogar coa dignidade das mulleres, coa dignidade de todas nós.http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/12/05/actualidad/1386241956_592861.html

Premios á maternidade no exército

"Yo propondría uno más: se lo daría a la capitán que sufrió acoso y tocamientos por parte de un mando ahora condenado. Aparte de denunciarle, en una ocasión le dijo que "mientras vistiera el uniforme, para él, ella era un capitán y no una mujer". A partir de ahí, el coronel Isidoro Lezcano-Múgica se dedicó a vejarla públicamente."http://blogs.elpais.com/mujeres/2013/12/cuidar-de-8-hijos-es-favorecer-la-igualdad-en-el-ejercito.html

Campamentos de nadal para menores

http://xuventudevigo.org/index.php?option=com_content&view=article&id=985:campamento-nadal&catid=8:concelleria-de-xuventude&Itemid=380&utm_source=newsletter_33&utm_medium=email&utm_campaign=bix-do-5-12-2013

A hormonación masculina...un avance real cara a igualdade

"A cuestión é se os homes a utilizarían"

http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/12/03/actualidad/1386104410_950737.html

http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/12/03/actualidad/1386103307_156636.html

homes e mulleres, cerebros diferentes?

Entón, onde queda o entrenamento cognitivo? por qué afirman no estudo que as diferenzas son maiores canto máis idade temos? será porque nos educan e nos entrenan de diferente maneira? qué pasaría se un neno e unha nena tiveran a mesma instrucción dende que nacen? Non se poderá saber nunca, porque todos e todas estamos socializadas no machismo e o patriarcado...

"Los autores observaron pocas diferencias de conectividad cerebral entre los sexos de niños con menos de 13 años. En cambio, las diferencias eran más notorias entre adolescentes de 14 a 17 años y jóvenes adultos de más de 17 años."
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2013/12/03/hombres-mejor-percepcion-espacial-mujeres-memoria/00031386070740997897743.htm