Resumo do anteproxecto lei aborto

http://www.lamoncloa.gob.es/ConsejodeMinistros/Referencias/_2013/refc20131220.htm#Concebido

Fotos Manifestación Plataforma Galega Polo Dereito ó Aborto

http://www.flickr.com/photos/96470198%40N03/sets/72157638882626493/

Comunicado da Platataforma Decidir fainos libres

Un retroceso mesmo peor do anunciado
Primeira valoración da Plataforma Decidir Fainos Libres sobre a presentación do Anteproxecto de Lei para a derrogación da actual lexislación sobre saúde sexual e reprodutiva e interrupción voluntaria do embarazo.
Plataforma Decidir Fainos Libres.
Tras a Rolda de prensa do Consello de Ministros e a presentación na mesma do anteproxecto de Lei por parte do Ministro de Xustiza, a Plataforma Decidir Fainos Libres, en nome das máis de 300 organizacións de mulleres, do ámbito sanitario e da  planificación familiar que a compoñen, declaran:
1. Que os contidos anunciados para o Anteproxecto de Lei representa un retroceso mesmo maior do anunciado a través das diferentes intervencións.
2. Que se trata dun anteproxecto que elimina completamente a posibilidade das mulleres de decidir libremente sobre a interrupción do embarazo.
3. Que se trata dun anteproxecto elaborado desde unha profunda desconfianza tanto na capacidade e responsabilidade das mulleres como no rigor e profesionalidade dos e as profesionais do sistema sanitario.
4. Que algúns dos anuncios apuntan a riscos para a saúde concretos derivados da dificultar dunha atención temperá que é practicamente imposible cos sistemas de control establecidos.
5. Que constrúe unha auténtica chapuza xurídica para os casos de aborto relacionados con patoloxías fetales mesmo incompatibles coa vida.
6. Que se trata dun grave recorte en materia de dereitos sexuais e reprodutivos que nos separa de forma grave do contexto lexislativo dos países da nosa contorna e supón un retroceso social de máis de 30 anos.
7. Que en definitiva acaba cunha lei sobre saúde sexual e reprodutiva, preventiva e respectuosa cos dereitos das mulleres, para propor unha lei para a tutela e a negación da autonomía e a liberdade das mulleres gestantes, cuxos dereitos son colocados por baixo da protección xurídica da vida fetal.
A Plataforma está á espera de poder coñecer con maior detalle e profundidade os contidos deste anteproxecto para poder facer unha valoración máis detallada canto antes.


Para máis información:
Isabel Serrano, Xinecóloga, Portavoz da Plataforma Decidir Fainos Libres. Tfono.: 625057300
Puy Zatón, Secretaría técnica da Plataforma Decidir Fainos libres. Tfono.: 636840101

Cursos de balde

 Contido: Os xoves formativos-sesións gratuítas no Centro Social da Fundación Novacaixagalicia:

  • Aprende a comunicar e a comunicarte: 16 xaneiro de 19 a 20 horas
  • Aprende a deseñar documentos en word en dúas horas: xoves 9 ou 16 de xaneiro de 18 a 20 horas
  • Aprende a crear unha páxina web en dúas horas: xoves 23 de xaneiro de 18 a 20 horas
  • Aprende a crear unha unidade didáctica: xoves 23 de xaneiro de 18 a 20 horas
  • Crea montaxes de fotos e música: xoves 30 de xaneiro de 18 a 20 horas
  • Aprende a instalar e desinstalar programas, actualizar o antivirus ...: xoves 6 de febreiro de 18 a 20 horas
 Máis información: http://www.obrasocialncg.com/desarrolloeconomico/

Detido por ameazar á súa parella en Vigo

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2013/12/19/detenido-amenazar-muerte-pareja-vigo/00031387441317285708808.htm

A exparella de Sonia Iglesias volve declarar no Xulgado

http://www.farodevigo.es/sucesos/2013/12/19/expareja-sonia-iglesias-vuelve-declarar/935023.html

Se mañán presentan a reforma da lei do aborto...

O día que anunciem a reforma do aborto o Feminismo Galego saira ás ruas: concentraçom ás 19h (Vigo: Marco)  http://feminismo.eu/PlataformaAborto/

A contrarreforma da lei do Aborto de Gallardón vai ser antes de rematar o ano 2013. Será anunciada na rolda de imprenssa que fam as sextas ao concluir o Conselho de Minitrxs.  Dam como data quase segura o 20 de dezembro.
Temos que estar Alertas para que a nossa resposta seja o mais forte possível.

Como já acordamos na última junta da Plataforma polo Direito ao Aborto de Vigo (Foi enviada a ata). Acordamos difundir com intensidade desde a Plataforma , através da rede a convocatoria da resposta a este anúncio da contrarreforma da lei do Aborto, pola web, twitter, facebook nacional e local, correio, whatsapp....Assim como pedir que o fagam todas as organizaçons que formamos parte da Plataforma, há que fazer um esforço para difundir dita resposta.

Acto em Vigo para o día que anunciem a reforma da lei de Aborto #AlertaFeminista

Faremos umha concentraçom no MARCO ás 19h , na que entre outras actividades temos: ler textos alusivos ao tema,  berraremos consignas, música, teremos umha faixa assinada como Plataforma, também a faixa de nom imos permitir..., piruletas, chaleques, teias lilás,...que se sinta a nossa  protesta  e sobre todo tentar sumar o maior número de pessoas possível.

Acordamos falar com o grupo Distrito 09 por si podem organizar um performance para ese día.
Ao remate farase um acto sorpresa.
O día 18 quedamos no local da CIG para elaborar material, para a difussom da concentraçom que logo distribuiremos pola nossa cidade, pregase a assistência de todas nós.

Participa e difunde!!!!

Consideración sobre o aborto da Plataforma Decidir Nos Hace Libres

"O aborto non desaparece inda que se prohíba, sigue producíndose pero en peores condicións."

Neste texto poderedes atopar os seguintes apartados:
- aborto e dereitos humanos.
- contexto político e social.
- o aborto na Constitución e nas leis.
- aborto seguro e accesible.
- datos a ter en conta.
- 15 respostas a mitos e argumentos antielección.
-

http://nosotrasdecidimos.org/wp-content/uploads/ARGUMENTARIO-enviado-19-12-13.pdf