http://www.farodevigo.es/espana/2014/09/22/hombre-apunala-ex-pareja-fuerteventura/1098544.html
A fiscal rebaixa a 3 anos a pena ao acusado de intentar estrangular a súa parella en Vigo
Tentou estrangular a súa parella, e foi acusado por iso de tentativa de asasinato; pero logo do xuízo oral, a fiscal redúcelle a pena a 3 anos por lesións. Cremos que a fiscalía debe ser máis rigurosa na petición de penas por violencia de xénero, e seguimos sorprendéndonos polo "barato" que lles sae aos varóns agredir ás mulleres. Debemos contemplar a violencia de xénero como un dos principais problemas que temos como sociedade, e a loita dentro do ámbito xudicial debe ser prioritaria. Pedimos xustiza, e que os intentos de asasinato sexan chamados polo seu nome.
Na nosa práctica diaria estamos asistindo a sentenzas alarmantes, nas que queda patente o pouco esforzo por parte do sistema xudicial de atallar a violencia de xénero.
http://www.farodevigo.es/sucesos/2014/09/17/fiscal-rebaja-3-anos-pena/1095477.html?utm_medium=rss
Xa podedes inscribirvos no: VI ENCONTRO NACIONAL DE MULLERES
MIGRACIÓNS, VIOLENCIAS, AMORES PATRIARCAIS, ERÓTICA DO COIDADO, FEMINIZACIÓN DA POBREZA…
3 E 4 DE OUTUBRO
RESIDENCIA TEMPO LIBRE DE PANXÓN
Un ano máis poñemos en marcha o VI ENCONTRO NACIONAL DE MULLERES, que se celebrará na Residencia de Tempo Libre de Panxón (Nigrán) durante os días 3 e 4 de outubro de 2014.
Este ano contaremos coa ponencia de Carmen Verde Diego, e
para a dinamización dos obradoiros contaremos con Tareixa Ledo Regal, Mar F.
Cendón e Eva Gil Rodríguez.
Agardamos a vosa participación e agradecemos a súa difusión
para que todas as mulleres que queiran poidan participar neste espazo, no que
poderemos crear novas formas de participación entre todas e novas estratexias
contra a violencia de xénero.
Custe de inscrición e estancia 3€
(existe a posibilidade de asistir só o sábado)
As prazas son limitadas, admitiránse ás
participantes por orde de inscrición, e previo pago da cota na oficina da Rede ou na conta de Novagaliciabanco nº: 2080 5000 683040281297
Podedes enviar a ficha de inscrición cuberta, ou os datos que vos pedimos nela ó correo redemediadorasvigo@hotmail.com
+info
tel. 986 22 23 28 // 670 453 431
Información dos obradoiros:
- Tareixa Ledo: A erótica do coidado e o
coidado da erótica
(Licenciada en Ciencias Políticas, experta en
xénero, terapia de reencontro e sexualidade.)
Obradoiro vivencial teórico-práctico, para ir
conectando coas sensacións corporais, coas emocións e os pensamentos. Son
exercicios para traballar a linguaxe do
propio corpo, sentirme ben na miña pel, coidando da nosa erótica é recuperar
todas as dimensións do noso corpo, tamén desde o pracer.
- Mar F. Cendón: Por que o chaman amor cando queren dicir patriarcado?
(Licenciada en Ciencias Políticas e Máster
en Estudos de Xénero. Traballou na Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo
durante dous anos e medio, onde segue a colaborar de forma activa. Ten
experiencia como docente en formación en igualdade e imparte obradoiros con
perspectiva de xénero en grupos de mulleres.)
Reflexionar
sobre o noso concepto do amor. Descubrir as trampas que artella o amor romantico
para a autonomia das mulleres. Evidenciar o feito de que a heterosexualidade e
un rexime político…
- Eva
Gil Rodríguez: “Empobrecendo
mulleres no norte e no sur”
(Especializada en migracións)
Feminización
da pobreza: en vez de pensar no sur, que situación teñen as mulleres que
deciden vir a este norte tamén pobre?
ACCIÓN COFINANCIADA POLO FONDO SOCIAL EUROPEO E A SECRETARÍA
XERAL DA IGUALDADE DA VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA,
ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




.jpg)


.jpg)

