Detido en Huesca por tratar de matar á súa esposa e por abusos aos seus fillos

http://www.farodevigo.es/sucesos/2015/08/18/detenido-huesca-tratar-matar-esposa/1297985.html

A Garda Civil de Barbastro (Huesca) detivo a un home, de 54 anos de idade, como presunto autor de delitos de agresión sexual ás súas fillas menores de idade, de homicidio en grao de tentativa cara á súa muller e de tenencia ilícita de explosivos.

Arrestado nun pobo granadino despois de matar dun machadazo á súa muller

http://www.farodevigo.es/sucesos/2015/08/18/arrestado-pueblo-granadino-despues-matar/1297988.html

A Garda Civil detivo onte a un home de 72 anos de idade en Armilla tras confesar aos axentes que matara á súa esposa, de 68 anos, cuxo cadáver foi atopado polos axentes no domicilio familiar cun machadazo. O suceso ocorreu minutos antes do sete da mañá cando, segundo fontes do corpo de seguridade, o arrestado chamou por teléfono ao cuartel e informou de que matara á súa muller e que tiña intención de suicidarse, aínda que foi detido antes.

Detido un coruñés por tentar prostituír ao seu fillo de 11 anos nun chat

http://www.farodevigo.es/sucesos/2015/08/17/detenido-corunes-prostituir-hijo-chat/1297756.html

Morre en Brión tras prenderse lume no seu coche e agredir presuntamente á súa esposa

http://www.farodevigo.es/sucesos/2015/08/16/policia-judicial-coruna-investiga-hombre/1297380.html

Sete asasinos de mulleres, impunes en Galicia

http://www.farodevigo.es/sucesos/2015/08/16/siete-asesinos-mujeres-impunes-galicia/1297117.html

Comunicado da Rede de mulleres sobre o caso do asesinato de Marina Okarynska e Laura del Hoyo


Ante este novo caso de violencia de xénero, queremos facer unha reflexión acerca dos mecanismos e protocolos aplicados.
Parte desta tráxica historia é coñecida: Marina Okarynska tivo unha relación de parella con Sergio M.G. e o pasado 6 de agosto desapareceu xunto cunha amiga, tras ir buscar os seus obxectos personais que quedaran na casa onde ambos conviviran.  As familias das desaparecidas, segundo fontes de El confidencial, denunciaron desde un primeiro momento que a desaparición era contra a súa vontade, segundo apuntaban todas as circunstancias. Así, ese mesmo xoves 6 agosto pola noite, ambas familias presentaron unha denuncia por desaparición. O xuiz decretou o secreto de sumario despois de que o domingo pola noite se cumplirán 72 horas sen novas das dúas amigas.
Como xa sabemos, Segio M.G. ingresou en prisión en 2008, tras ter secuestrado a súa parella de entón. 
Coñecidas estas informacións, cremos que non era necesario ter esperado 72 horas para a activación do protocolo de persoas desaparecidas; cando hai antecedentes de violencia de xénero, e dadas as circunstancias da desaparición, debería poder aplicarse un protocolo máis rápido e axil, dada a sospeita dun claro caso de violencia de xénero.

Desde a Rede de mulleres sabemos as dificultades coas que contan moitas mulleres para rachar por completo unha relación e o perigo que ás veces corren ao ir buscar os seus obxectos personais á casa do agresor. Como sociedade, debemos reflexionar sobre qué tipo de mecanismos podemos poñer en marcha para protexer ás mulleres que queren iniciar unha nova vida lonxe da violencia de xénero. Hai que avaliar qué cousas podemos mellorar, cómo previr este tipo de situacións e cómo podemos protexer a todas as mulleres que se están separando das súas parellas violentas.

Unha rapaza de 11 anos da a luz embarazada violación en Paraguay

http://www.farodevigo.es/sucesos/2015/08/13/da-luz-nina-11-anos/1295725.html

A violencia machista non é inevitable: 7 medidas que poden poñerse en marcha



Voces expertas suliñan que o sistema de prevención non funciona e apuntan medidas concretas para combater a violencia de xénero

1. Que non se dependa da denuncia
2. Detectar mellor, facer caso a quen sabe previlo
3. Máis formación a todas as persoas profesionais que interveñen
4. Cambios legais
5. Maior contundencia social na vida diaria
6. Concienciación para homes
7. Que se abran as portas do colexio

http://www.eldiario.es/sociedad/violencia-machista-inevitable-medidas-tomarse_0_419608401.html

789 homes asasinaron as súas parellas ou ex parellas nos últimos 12 anos

Os homes quedan moi ocultos detrás das circunstancias, é unha forma de agochar a incomodidade que supón ser responsables desta situación.

Non se identifica como un problema de identidade masculina, senon que semella que é un asunto de determinados homes, que quizá beben ou perden a cabeza, e non é así. A violencia de xénero non é unha violencia espontánea, senon que nace dos machismos.

http://www.eldiario.es/sociedad/hombres-asesinado-parejas-exparejas-ultimos_0_419608193.html