Martes 8 de MAIO en Compostela. En Lilith Mulleres ás 20.30h
ITZIAR ZIGA e TERESA MOURE
Mércores 9 de MAIO en A Coruña. Na Asociación de Veciñas de Monte Alto, Campo de Marte s/n ás 20.30h
Xoves 10 de MAIO en Vigo. A Cova dos Ratos, Rúa Romil, 3 ás 20h.
Venres 11 de MAIO en Ourense. No Museo Municipal, rúa Lepanto, Zona Histórica. ás 20.30h
Coas autoras de 'Sexual Herría' e 'Queer-emos un mundo novo'
falaremos de escrita masculina, escrita femenina e a construción dunha
linguaxe alternativa, subversiva e feminista.
CONCENTRACIÓN 26 DE ABRIL NO MUSEO MARCO ÁS 20:00H
Como ven sendo habitual, os últimos
xoves de mes, a Rede convoca á concentración que terá lugar o xoves dia 26 de abril ás 20:00 h na rúa do
Principe, diante do Museo de Arte Contemporánea “MARCO”.
Xa son 23 víctimas que foron asasinadas
no que vai deste ano 2012.
A denuncia pública fará que as
persoas se vaian dando conta da barbarie que está a ocurrir neste país, e todas
e todos xuntos poidamos facer que cada día a sociedade sexa menos tolerante coas
agresións ás mulleres.
Esperamos contar con vos, como ven sendo habitual para a
difusión e presenza no acto.
Lerá o comunicado a xornalista Esther López Rodríguez, de Radio Voz.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)