Día Internacional da Muller Antimilitarista
Con motivo do 24 de maio, Día Internacional da Muller Antimilitarista, a
Cordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres convidámosvos a
participar nunha charla que tratará de visibilizar as repercusións das
guerras e dos imparables gastos militares nas vidas das mulleres. Tamén
presentaremos as diferentes accións internacionais que se están a
organizar neste campo.
Esperámosvos no Bou Eva, o 24 de maio a partir das 20:00 horas.
¡¡ Mulleres en Marcha ata que todas sexamos libres!!
¡¡ Mulleres en Marcha ata que todas sexamos libres!!

Orgullo lgtb Vigo 2012 Asociación Nos Mesmas
ORGULLO LGTB VIGO 2012
ASOCIACIÓN NÓS MESMAS
Boas compañeiras,
Somos a Asociación Nós Mesmas, entidade feminista de loita polos dereitos das lésbicas e mulleres bisexuais. Neste mes de xuño e como cuarto ano consecutivo en Vigo, estamos a argallar actos para o ORGULLO LGTB, que terán lugar entre os días 18 ao 28 de xuño.
Este ano as accións acolleranse baixo o lema "Matrimonio Igualitario, Igualdade sen recortes" destacando que, despois de 7 anos, o matrimonio entre persoas do mesmo sexo segue a estando ameazado baixo o recurso de anticonstitucionalidade do PP, pero poñendo o acento ademáis na terrible situación que estamos vivindo cós recortes deste goberno e que afectan ao colectivo LGTB en aspectos como, por exemplo, os recortes sufridos no Plan Nacional do VIH-SIDA.
Con este correo queremos pedir o voso apoio, difusión e asistencia especialmente amanifestación que terá lugar o SÁBADO 23 DE XUÑO E SAIRA DENDE O CRUCE DE URZAIZ CON COLÓN. (hora de saída e percorrido por confirmar)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

