A Cordenadora Nacional Galega da Marcha Mundial das Mulleres convídavos
a participar nas
concentracións que estamos a facer todos os martes de agosto, a próxima
o 14 de agosto, ás 20:30 diante do MARCO,
para visibilizar o noso total desacordo coas restriccións á actual Lei
de Aborto anunciadas hai
poucos días polo ministro de xustiza, Gallardón.
As mulleres non descansaremos ata que os escasos logros que obtivemos
nos últimos anos sexan
inamobibles e interiorizados polos gobernos presentes e futuros, como
algo normalizado e
fundamental dunha sociedade democrática e igualitaria.
As mulleres da Marcha Mundial das Mulleres constatamos con rabia que os
discursos machistas,
hipócritas e cargados de noxento paternalismo, estanse a extender en
todos os pobos, máis iso non é
para nosoutras causa de abafamento, máis ben ao contrario, levamos
loitando máis de dez anos en
diferentes terras e en diferentes frentes, por iso unha vez máis na
Galiza berramos:
¡¡¡MULLERES EN MARCHA ATA QUE TODAS SEXAMOS LIBRES!!!