CONCENTRACIÓN


A Rede convoca á concentración que terá lugar o vindeiro xoves día 27 de setembro de 2012 ás 20h. diante do Museo de Arte Comteporánea (MARCO) .
A Rede vai estar unha vez máis na rúa denunciando os maltratos e os asasinatos de mulleres. Mulleres novas, mulleres de calquera idade. Este ano non é diferente, é peor, estamos cada día máis preocupadas pola indiferencia da mayoría da cidadanía que cada día lle da a espalda a esta sin razón, a este problema social que non ve a luz.
Precísase o compromiso de todas e todos, para que avanzemos e rexeitemos estes comportamentos violentos que tanta dor producen a tantas persoas, especialmente ás mulleres e ós fillos e fillas que o padecen.
Dende a Rede pedímosvos que nos acompañedes neste acto de denuncia, xoves día 27.
As victimas merecen, cando menos a denuncia pública.

RISOTERAPIA PARA MULLERES

CURSO DE RISOTERAPIA

LUGAR: OPORTO, 1
HORARIO: 17.30 - 20.30
DATAS: OS VENRES DENDE O 28 DE SETEMBRO Ó 7 DE DECEMBRO

MÁIS INFO: 670 453 431 // 986 22 23 28
OU NO LOCAL DA REDE: OLIVA,12 - 2º
__________________________________

FUNDACIÓN EOMAIA

http://www.fundacioneomaia.org/gz/




Mellora o teu benestar no Centro Eomaia en Vigo 
Fai unha consulta de homeopatía, osteopatía biodinámica, acupuntura ou fisioterapia ou participa nunha actividade de arteterapia, meditación ou pilates no Centro Eomaia en Vigo.
Necesitas máis apoio durante e/ou despois do embarazo?
As nosas doulas e comadroas ofrécenche unha experiencia personalizada, que che permita ter un parto ao teu gusto e con moito mais coidado durante os meses seguintes. Ademais, descobre actividades como o canto prenatal ou participa nos nosos grupos de postparto e masaxe infantil.

ENCONTRO NACIONAL DE MULLERES 2012

DÍPTICO DEFINITIVO



VENRES 21

16:00: Chegada a Panxón
17:00: Inauguración do Encontro
17:30: Presentación do Encontro e dos colectivos participantes
20:30: Cea

SÁBADO 22

10:00  Presentación
10:15  Relatora NURIA PEREIRA MARTÍNEZ
             “Custodia compartida: novas formas de violencia cara ás mulleres”
11:15  Debate
12:00  Descanso
12:15  Relatora MARÍA XOSÉ PORTEIRO   
             “Participación social das mulleres e ecofeminismos”
13:15  Debate e preparación dos grupos para obradoiros
14:00  Xantar
16:00  Obradoiros e posta en común.
20:00 Peche das xornadas.


TEMÁTICAS DOS OBRADOIROS:
. Violencia de xénero.
. Autocoñecemento (sexualidade).
. Ecofeminismos.

LUGAR DE REALIZACIÓN:
Residencia de Tempo Libre de Panxón.
Inscrición e estancia 3€.
Prazas limitadas.
Inscrición por orden de chegada.

+INFO 670 45 34 31 / 986 22 23 28
Rededemulleres.blogspot.com

ENCONTRO TERAPÉUTICO

A Rede conta cunha Psicóloga Clínica que fai encontro terapéutico 2 horas semanais durante todo o ano. Dito encontro vai dirixido a todas as mulleres que padeceron ou padezan violencia de xénero.

CURSO RESOLUCIÓN DE CONFLICTOS

A REDE pon en marcha o proximo día 3 de Setembro 2012 o curso de Resolución de Conflictos. Para mais información podedes pasar pola nosa oficina na Rua Oliva Nº12, 2ª Planta ou nos teléfonos 986 22 23 28 ou 606 929 137.

CONCENTRACIÓN Lei do Aborto,Martes 14 Agosto 2012


A Cordenadora Nacional Galega da Marcha Mundial das Mulleres convídavos a participar nas
concentracións que estamos a facer todos os martes de agosto, a próxima o 14 de agosto, ás 20:30 diante do MARCO,
para visibilizar o noso total desacordo coas restriccións á actual Lei de Aborto anunciadas hai
poucos días polo ministro de xustiza, Gallardón.
As mulleres non descansaremos ata que os escasos logros que obtivemos nos últimos anos sexan
inamobibles e interiorizados polos gobernos presentes e futuros, como algo normalizado e
fundamental dunha sociedade democrática e igualitaria.
As mulleres da Marcha Mundial das Mulleres constatamos con rabia que os discursos machistas,
hipócritas e cargados de noxento paternalismo, estanse a extender en todos os pobos, máis iso non é
para nosoutras causa de abafamento, máis ben ao contrario, levamos loitando máis de dez anos en
diferentes terras e en diferentes frentes, por iso unha vez máis na Galiza berramos:


¡¡¡MULLERES EN MARCHA ATA QUE TODAS SEXAMOS LIBRES!!!