A Xunta duplicará as axudas ás vítimas de violencia machista

http://www.farodevigo.es/sociedad/2017/03/17/xunta-duplicara-ayudas-victimas-violencia/1642670.html

Repulsa ó artigo de opinión do Faro de Vigo

Desde a Rede de Mulleres contra os Malos Tratos, queremos secundar a protesta doutras asociación feministas e expresar a nosa repulsa polo artigo de Juan José R. Calaza “Contra el machismo: reivindicación del triángulo”, aparecido no diario Faro de Vigo o domingo 12 de marzo.
Neste artigo, o autor non só trata de desprestixiar e terxiversar as consignas do feminismo, un movemento que loita en prol da igualdade, senon que trivializa un tema tan grave como é a violencia de xénero.

Non entendemos cómo un medio de comunicación pode dedicarlle un espazo -case unha páxina enteira-, a este tipo de opinións e consideramos unha falta de respeto a publicación deste artigo.

http://www.farodevigo.es/opinion/2017/03/12/machismo-reivindicacion-triangulo/1639486.html

Formación en Violencia de Xénero 2017


Pederasta que abusa das súas fillas en Redondela non ingresará en prisión

Indignación absoluta: A Audiencia Provincial de Pontevedra suspendeu a execución da pena a cambio da promesa de non volver a delinquir, unha indemnización de 3000 € e a retirada da patria potestade. Inicialmente pedíanse 12 anos de prisión pero reducíronse a 2 anos por que confesou e axudou a aclaralos feitos. A súa muller ten unha orde de búsqueda e captura por que presenciou os feitos. www.farodevigo.es: pai abusa das súas fillas e se libra do cárcere

Obradoiros para colexios e institutos


Que non te enganen! O feminismo non é ideoloxía de xénero



Isto é o que están a repartir á salida dos colexios e institutos para fomentar o odio e confundir ós rapaces e ás rapazas. Estamos totalmente en contra dos que pretenden manipular e terxiversar o movemento feminista con este tipo de publicidade.