Ingresa no cárcere polos delitos de agresión sexual, retención ilegal e danos contra unha muller que dormía na súa casa coa súa filla dun ano. A muller conseguiu fuxir grazas a un veciño; cando os corpos de seguridade chegaron á vivenda o agresosr estaba intentado queimar a casa.
galego.farodevigo.es:detido por colarse nunha vivenda e abusar dunha muller
O tribunal Supremo ratifica a condea de 20 anos de cárcere polo asasinato de Lupe Jiménez
Ratificouse a sentencia da Audiencia Provincial de Pontevedra na que o xurado popular condeaba a 20 de anos de cárcere a un pontevedrés que asasinou a súa muller embarazada e nai de 6 fillos máis. Aplicouse o agravante de parentesco e o atenuante de confesión. Terá que pagar indemnizacións de entre 30.000 e 60.000€ aos fillos.galego.farodevigo.es: supremo ratifica a condea de 20 anos de cárcere polo feminicidio de Lupe
Repulsa ó artigo de opinión do Faro de Vigo
Desde a Rede de
Mulleres contra os Malos Tratos, queremos secundar a protesta doutras asociación
feministas e expresar a nosa repulsa polo artigo de Juan José R. Calaza “Contra
el machismo: reivindicación del triángulo”, aparecido no diario Faro de Vigo o
domingo 12 de marzo.
Neste artigo, o
autor non só trata de desprestixiar e terxiversar as consignas do feminismo, un
movemento que loita en prol da igualdade, senon que trivializa un tema tan
grave como é a violencia de xénero.
Non entendemos cómo un medio de comunicación pode dedicarlle
un espazo -case unha páxina enteira-, a este tipo de opinións e consideramos
unha falta de respeto a publicación deste artigo.
http://www.farodevigo.es/opinion/2017/03/12/machismo-reivindicacion-triangulo/1639486.html
Pederasta que abusa das súas fillas en Redondela non ingresará en prisión
Indignación absoluta: A Audiencia Provincial de Pontevedra suspendeu a execución da pena a cambio da promesa de non volver a delinquir, unha indemnización de 3000 € e a retirada da patria potestade. Inicialmente pedíanse 12 anos de prisión pero reducíronse a 2 anos por que confesou e axudou a aclaralos feitos. A súa muller ten unha orde de búsqueda e captura por que presenciou os feitos. www.farodevigo.es: pai abusa das súas fillas e se libra do cárcere
Que non te enganen! O feminismo non é ideoloxía de xénero
Isto é o que están a repartir á salida dos colexios e institutos para fomentar o odio e confundir ós rapaces e ás rapazas. Estamos totalmente en contra dos que pretenden manipular e terxiversar o movemento feminista con este tipo de publicidade.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



