III Xornada Abrindo Novos Camiños Contra a Violencia de Xénero

Animádevos a participar nesta III convocatoria das Xornadas "Abrindo Novos Camiños contra a violencia de xénero" online!!!

Podedes visualizar as ponencias neste link que vos facilitamos.

Grazas a MATERFEM e o Colexio Oficial de Traballo Social por participar!!

Norma de Igualdade Laboral: Igual salario a traballo de igual valor.

As empresas con máis de 50 traballadoras/es terán que facer auditorías salariais que avalíen e valoren os postos de traballo para evitar a fenda de xénero. 

Será obrigatorio a inscrición dos Plans de Igualdade no rexitro de convenios, estes plans terán que ser negociados non un simple documento feito pola empresa. A CEOE negouse a asinar este acordo.

Estes novos acordos entrarán en vigor a medida que sexa obrigatorio ter un plan de Igualdade, tendo en conta que o Reglamento que regula estes plansaprobouse en marzo de 2019 a súa pbrigatoriedade comeza: dende marzo deste ano están obrigadas as empresas de máis de 150 traballadora/es, en 2021 as de máis de 100 e xa no 2022 as de máis de 50. 

Atención presencial

Dende a semana pasada volvemos a atender presencialmente na nosa oficina en r/Oliva 12, prestando atención social, psicolóxica e legal. É necesaria cita previa a través dos teléfonos:
-  986222328
-  670453431
- 627978544 (whatsapp)
- redemediadorasvigo@hotmail.com




Segues sendo ti mesma: un podcast sobre violencia sexual

Partillamos o podcast realizado pola periodista Antía Davila Pérez, sobre a violencia sexual no que participou a psicóloga da Rede de Mulleres, Mar Iglesias xunto con outras tres profesionais. Afondan no proceso psicolóxico que sofren as superviventes destas violencia.

https://soundcloud.com/antia-davila-perez/sigues-siendo-tu-un-podcast

Medidas para que a poboación infantil poida sair á rúa durante a crise sanitaria

 Publicada no BOE a Orde SND/370/2020, de 25 de abril, sobre as condicións nas que se deben desenvolver os desprazamentos da poboación infantial durante a situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

- As nenas e nenos menores de 14 anos, acompañados por unha persoa adulta responsable, poderán circular polas vías e espazos públicos.

-Máximo 3 crianzas e unha persoa adulta.

-Se van acompañadas de persoa distinta dos proxenitores/as, tutores, acolledoras ou gardadoras, precisarán dunha autorización previa destes.

- Circulación permitida para un paseo diario de máximo unha hora.

-Distancia máxima 1km do domicilio.

- Dentro do horario de 9:00 a 21:00.

- Non permitido a crianzas que presenten síntomas ou se atopen en cuarentena polo COVID-19.

- Non permitido acudir a espazos recreativos ou parque infantís.

- Manter a distancia  interpersoal de 2 metros con outras persoas e as medidas hixénicas establecidades polas autoridades sanitarias.

-Vixencia: dende ás 00:00 do 26 de abril ata que dure o estado de alarma ou as súas posibles prórrogas.

https://www.boe.es/buscar/doc.php?id=BOE-A-2020-4665#top