Programa diúrno de balnearios na provincia de Pontevedra
Normativa:
Bases para participar no programa
diúrno de carácter lúdico de balnearios.(BOP nº 108 do 6/06/2012)
Obxecto:
Proporcionar ás persoas a partir de 50 anos,
pensionistas, ou con necesidades de respiro familiar, pensionistas, ou con
necesidades de respiro familiar, unha serie de actividades encamiñadas a
mellorar a súa calidade de vida, ofrecéndolles a oportunidade de ocupar o seu
tempo de lecer, a uns prezos reducidos.
Características do programa:
O Programa consiste en pasar cinco tardes
seguidas (de luns a venres) nos Balnearios, Talasos e Spas da provincia de
Pontevedra. Este levarase a cabo nunha soa campaña e as saídas realizaranse ao
longo de todo o ano, agás no mes de agosto.
Cada semana de ámbolas dúas campañas sairá un
autobús con cartel identificativo que recollerá ás persoas beneficiarias e os
trasladará aos balnearios elixidos, onde permanecerán por unha media de dúas
horas.
O/A guía repartirá repartirá o primeiro día un
bono de viaxe coa data e hora de recollida, e indicará a cota a pagar por cada
participante.
Persoas beneficiarias requisitos:
- Persoas a partir
de 50 anos.
- Pensionistas.
- Aquelas persoas
que mediante un informe da/do Traballador/a Social do Concello se estime
conveniente, entendéndose como unha situación de respiro familiar.
E requisito indispensable non padecer ningunha
enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade do programa, así como
estar en condicións de total autonomía para participar nel.
Financiamento:
A Deputación achegará por cada praza 35 €, o
Concello 10 € e o/a usuario/a achegará unha cantidade que dependerá dos prezos
ofertados pola empresa adxudicataria da organización do programa, sendo o prezo
máximo de 140 €/persoa (ive incluido)). No caso de que o Concello non se adhira
ao programa, a persoa participante terá que custear a parte proporcional da
subvención do mesmo.
Documentación:
Para a adhesión ao programa dos concellos:
·
Solicitude asinada
polo/s solicitantes, acompañado do DNI.
·
Certificado de do
acordo de adhesión ao Programa, para unha ou as dúas campañas, facendo constar
o nº de prazas que o concello está disposto a subvencionar en cada campaña.
·
Listaxes nominais
dos/das persoas participantes, por orde de puntuación de maior a menor.
Para as persoas interesadas cuxos concellos non
se adhiran ao programa:
·
Solicitude
·
Fotocopia de DNI.
Selección de solicitudes dos concello adheridos
Nos concellos adheridos, cando as prazas
subvencionadas fosen inferiores ás demandas, realizarase a selección desde os
Servizos Sociais municipais, dando preferencia primeiramente ás persoas que non
participaron no ano anterior, e de seguido ás persoas de maior idade ou con
necesidades de respiro familiar. No caso de solicitudes de cónxuxe ou parella,
os expedientes baremaranse establecendo a media aritmética das súas idades.
Lugar de presentación:
Prazo de presentación:
Tanto para os concellos
adheridos como para as persoas que solicitan de forma independente será de 20
días hábiles a partir do día seguinte á publicación no BOP. Ata o 29 de xuño de
2012.
No hay comentarios:
Publicar un comentario