FESTA DE A BOUZA 2012


A ODS-Coia e outras xentes convidamosvos a participar nas actividades programadas dentro da Festa de A Bouza 2012:
Venres 22 xuño ás 20h00 - Programa de radio no parque de A Bouza: "Somos a raíz da solución": Xuntas a calqueira parte, soas a ningunha. A Bouza, o exemplo a seguir"
Gravaremos un programa de radio ao aire libre con esta idea: "partindo da experiencia de loita veciñal de Coia, coa conquista de A Bouza como espazo verde libre de especulación, falaremos con diferentes persoas e colectivos: ODS-Coia, asemblea pola defensa do barrio do Cura, Fiare GZ, consumo responsable... Haberá tamén rap, tertulia sobre novas e vellas respostas aos problemas do sistema e moito máis. E todo coa colaboración da xente do programa Enredate que a Rede Social Galiza Sur ten en radio Ecca".
Comezaremos ás 20h00 e remataremos ao redor das 22h00 cunha cea comunitaria no propio parque.

Sábado 23 xuño ás 12h00 Roteiro polo parque de A Bouza: pasearemos polo parque lembrando a historia dun barrio que logrou manter este espazo verde cheo de vida.

As actividades serán no parque de A Bouza na zona da carballeira preto da rúa Cronista Rodríguez Elías.

No hay comentarios:

Publicar un comentario