Consternación polo asasinato dunha menor de 14 anos a mans da súa ex-parella

A violencia de xénero non ten idade. Por que? porque as relacións desiguais non teñen idade. Porque o machismo e a posesión están presentes de modo cotiá en todo tipo de relacións entre homes e mulleres.

A idea de que a muller ou a moza son da propiedade da súa parella masculina, está metida nunha sociedade que non da avanzado, que non se da soltado dunhas relacións enfermizas entre homes e mulleres.

Enlace da nova: http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/10/08/catalunya/1381188389_813752.html


Sen embargo, esta rapaza asasinada non aparecerá nos datos oficiais de violencia de xénero, porque é menor de idade... Por ese motivo, na Rede recomendamos unha web moi fiable para consultar realmente os datos de violencia de xénero: Red feminista.

Na macroenquisa do Instituto Nacional de Estadística, só "contan" as mulleres asasinadas de 18 e máis anos. Podedes comprobalo aquí:

http://www.observatorioviolencia.org/upload_images/File/DOC1329745747_macroencuesta2011_principales_resultados-1.pdf



No hay comentarios:

Publicar un comentario