Asociación sen ánimo de lucro para a atención, apoio e acompañamento ás mulleres no proceso de ruptura cos malos tratos, así como traballar pola igualdade entre as persoas.
O Servizo de Normalización Lingüística convida ás vogalías e asociacións de mulleres da cidade a asistir á proxección do filme "O club da calceta" que organiza o mércores, 23 de outubro ás 10:30h no Auditorio Municipal. Na actividade contarase coa presenza de María Reimóndez que participará no posterior coloquio co alumnado de secundaria, vogalías e asociacións de mulleres.Se algunha de vós desexa asistir deberedes facer unha inscrición previa no Departamento de Normalización Lingüística chamando ao teléfono986 810 281 de 13: 00h a 14:00h
No hay comentarios:
Publicar un comentario