Tres activistas de Femen fan calar a Gallardón no Congreso ao berro de " aborto é sagrado! "

Sempre apoiamos ás asociacións que traballan o dereito ao aborto. As protestas en favor do dereito ao aborto sempre son benvidas. E o seu éxito mediático é indubidable. Deixou patente ademáis a hipocresía dalgúns grupos parlamentarios, que queren lexislar sobre as mulleres, pero non queren escoitar as súas protestas.

E dende logo, sentimos a represión que están sufrindo as activistas por parte da policía e xuíces. A represión, tamén sufrida pola Plataforma Galega do dereito ao aborto é unha inxustiza.

Non obstante, cremos que a estrateixa de FEMEN merece unha reflexión. Se se usa o corpo como "arma", está ben que non sexa de novo corpos de chicas novas e delgadas... 

Os feminismos (que son moi diversos e ricos) teñen xa bastante madurez para poder falar de que estratexia parece mellor ou peor, e cuan representadas nos sentimos as mulleres nas protestas. Feminismos tan interesante como os de Angela Davis ou Audre Lorde xa fai 50 anos que alertaron do perigo de que as mulleres dun determinado "tipo" representaran ao movemento feminista. 
http://www.publico.es/473531/tres-activistas-de-femen-hacen-callar-a-gallardon-en-el-congreso-al-grito-de-aborto-es-sagrado

No hay comentarios:

Publicar un comentario