A Garda Civil deten a un home por agredir a súa muller e ós seus sogros, e incendiala vivenda en Sada

http://www.farodevigo.es/sucesos/2014/03/31/guardia-civil-detiene-hombre-agredir/996152.html

Prestacións periódicas de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero

Normativa:

Resolución do 27 de marzo de 2014, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regulan as bases para a concesión das axudas periódicas de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014.(DOG nº 61 do 28/03/2014)

Obxecto:

Proporcionarlles apoio económico ás mulleres que sofren violencia de xénero, mediante prestacións económicas individuais e de carácter periódico, que lles garantan unhas condicións suficientes de independencia económica respecto do agresor e lles posibiliten dar o primeiro paso ou consolidar a ruptura dunha situación en que corren perigo.

Beneficiarias:

Mulleres que, acreditando unha situación de convivencia que as poña en risco de sufrir violencia de xénero, se atopen nunha situación que lles impida afrontar o seu futuro dun xeito autónomo e independente do seu agresor e que dispoñan dalgún dos documentos acreditativos desta situación de violencia adoptado ou emitido no período dos doce meses anteriores á data da solicitude sempre que nese momento se producise o cesamento da convivencia.

Requisitos:

  • Ser muller, maior de idade ou emancipada, vítima de violencia de xénero nunha relación de convivencia.
  • Ter cesado a convivencia co agresor dentro dos doce meses anteriores á data de presentación da solicitude.
  • Estar empadroada e residir en Galicia e, no caso das mulleres estranxeiras, ter permiso de residencia.
  • Percibir uns ingresos mensuais iguais ou inferiores a 1,5 veces o IPREM vixente.
  • Non ter percibido esta axuda ou a axuda establecida no artigo 27º da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero con anterioridade.

    Natureza e contía das prestacións:

    A contía da axuda establécese en función das rendas e ingresos da  solicitante en relación co IPREM para o ano 2013, de acordo coas seguintes especificacións:


    Ingresos   ≤  ao IPREMIngresos  > ao IPREM e ≤  a 1,5 veces o IPREM
    a) Con carácter xeral600 euros/mes300 euros/mes
    b) Con unha/un filla/o menor a cargo ou cando a vítima teña unha discapacidade ≥ 33%:650 euros/mes.350 euros/mes.
    c) Con unha/un filla/o menor a cargo e esta/e ou a solicitante teñan unha discapacidade ≥ 33%700 euros/mes400 euros/mes.
    d) Con dúas ou máis fillas/os menores a cargo700 euros/mes.400 euros/mes.
    e) Con dúas ou máis fillas/os menores a cargo e algunha ou algún deles ou a solicitante teñan unha discapacidade ≥ 33%800 euros/mes.500 euros/mes.
    f) Con unha/un filla/o menor a cargo e esta/e ou a solicitante teñan unha discapacidade ≥ 65% ou teñan recoñecido grao de dependencia800 euros/mes.500 euros/mes.
    As beneficiarias quedarán incorporadas aos programas de formación, busca activa e mellora do emprego que determine a Secretaría Xeral da Igualdade en colaboración con outras administracións ou entidades.

      Incompatibilidades:

      Coa percepción de calquera outra establecida tanto polas administracións públicas ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades, como por calquera entidade privada destinadas ao mesmo fin.
      Cando as solicitantes teñan solicitada ou perciban a RAI por vítima de violencia, farán constar expresamente esta circunstancia na declaración de axudas xunto coa solicitude, e nos casos que a soliciten con posterioridade deberán comunicalo de xeito inmediato. O órgano xestor daralles opción para que no prazo de 5 días manifeste a súa opción, indicándolles que as mensualidades coincidentes no período de percepción de ambas as dúas axudas minoran no mesmo número de meses a axuda regulada nesta disposición.
      Así mesmo, deberase ter en conta que as normas reguladoras das axudas como a RISGA, PNCs e aqueloutros subsidios percibidos por carencia de recursos teñen límites distintos aos establecidos para esta axuda polo que a concesión da mesma deberase comunicar aos organismos responsables da xestión das axudas que estiveran a percibir.

      Documentación:

      • Solicitude e anexos
      • Documentación que xustifique os ingresos declarados no punto 1 do anexo I, de ser o caso (nómina, recibo ou resolución de calquera tipo de prestación ou subsidio...)
      • Certificación da conta bancaria da que a solicitante é titular única ou compartida con persoa distinta do agresor.
      • Acreditación da situación de violencia derivada de convivencia con algún dos documentos seguintes:
        • Certificación da orde de protección ou da medida cautelar, ou testemuño ou copia autenticada polo/a secretario/a xudicial da propia orde de protección ou da medida cautelar.
        • Sentenza de calquera orde xurisdicional, que declare que a muller sufriu violencia de xénero.
        • Informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública, autonómica ou local no cal se recolla a dita condición e a data en que se produciu o cesamento da convivencia.
        • Informe dos servizos de acollida no cal se recolla a dita condición e a data en que se produciu o cesamento da convivencia.
        • Informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de violencia, auto de apertura de xuízo oral ou documento equivalente en que conste a existencia dos ditos indicios.
      • Acreditación da discapacidade co certificado correspondente, de ser o caso.
      • Acreditación de fillas/os a cargo a través do libro de familia e o informe de servizos sociais ou sentenza xudicial de custodia, de ser o caso.
      • No caso de solicitantes estranxeiras, copia cotexada da tarxeta de residencia.
      • Declaración de axudas públicas solicitadas ou concedidas (anexo III)

      Lugar de presentación:

      Prazo de presentación:

      O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación DOG e rematará o 31 de outubro de 2014.

      Por qué é necesaria a cota de mulleres nos órganos de dirección

      http://sociedad.elpais.com/sociedad/2014/03/25/actualidad/1395782548_941625.html



      Detido en Ourense por suposto maltrato ó cativo da súa parella sentimental

      http://www.farodevigo.es/sucesos/2014/03/26/detenido-ourense-supuesto-maltrato-bebe/992926.html

      Prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán-2014

      Normativa

      Orde do 17 de marzo de 2014 pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán-2014 e se procede á súa convocatoria. (DOG nº 59 do 26/03/2014)
      http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140326/AnuncioCA05-190314-0001_gl.pdf
      Obxecto:

      Facilitarlle á mocidade galega a participación en actividades de tempo libre a través da oferta dun plan xeral de actividades que se desenvolverán tanto en Galicia como noutras comunidades autónomas, en diferentes quendas de entre unha semana e quince días de duración, durante os meses de xullo e agosto.
      Participantes:

      Mozos e mozas nados no ano sinalado no anexo I para cada actividade. En canto á idade mínima e máxima para participar deberase ter en conta o seguinte:
      Os/as nacidos/as no ano 1996 non poderán facer 18 anos antes da finalización do campamento.
      Os/as nacidos/as no ano 2005 deberán ter feitos 9 anos ao inicio do campamento.
      Persoas con discapacidade.
      As persoas que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33 % e inferior ao 65 % poderán participar nesta convocatoria sempre que:
      Teñan capacidade de integración nun grupo.
      As súas limitacións e/ou necesidades especiais deben permitirlles manexarse nas instalacións do campamento que elixan e participar e beneficiarse das actividades que nel se van desenvolver (as características das instalacións de cada destino e as actividades dos distintos campamentos e quendas poderanse consultar tamén na páxina web de xuventude (www.xuventude.net).
      Servizos ofertados

      Un programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial, que posibilite a participación do/a mozo/a.
      Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil ou campamento xuvenil.
      Manutención en réxime de pensión completa.
      O material necesario para a actividade.
      Persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e actividades náuticas, de ser o caso. Para o caso das persoas con necesidades especiais por razón da súa discapacidade, disporase de persoal de apoio que conte con formación e experiencia para atender as súas necesidades.
      Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.
      Nas actividades desenvolvidas noutras comunidades autónomas inclúese o transporte desde Santiago de Compostela, ou lugar que se sinale como punto de saída, ata o lugar de destino, así como o retorno ata Santiago de Compostela.
      Documentación:

      A solicitude pode ser individual ou múltiple (no suposto de grupos de ata catro irmáns). A solicitude múltiple só se poderá empregar para o suposto de solicitude de irmáns que vaian á mesma instalación e quenda. No momento da adxudicación da praza desde a lista de agarda xa se teñen en conta como individuais.
      Cada persoa interesada só poderá cubrir unha solicitude e un máximo de cinco quendas ou actividades por solicitude (cada quenda ou actividade vai identificada cun código no anexo I da orde de convocatoria).
      Procedemento xeral:Solicitude individual (anexo II) / Solicitude múltiple (anexo III)
      Procedemento das prazas reservadas para inclusión (exclusivamente para os campamentos e quendas que se inclúen no anexo I B): Solicitude individual (anexo IV) / Solicitude múltiple (anexo V)
      As persoas solicitantes con discapacidade deben optar por unha destas dúas vías, de xeito que quedarán excluídas no suposto de que presenten a solicitude por ambos os procedementos.

      Lugar de presentación:

      Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado
      Xefaturas Territoriais da Consellería de Traballo e Benestar
      Nos lugares dispostos no artigo 38.4 da Lei 30/92 de 26 e novembro.
      Vía telemática: http://www.xunta.es/presentacion-electronica-da-xunta-de-galicia
      Prazo de solicitude:

      15 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación da Orde: ata o 10 de abril de 2014.
      Os/as participantes seleccionados/as deberán presentar no prazo de 15 días naturais contados desde o seguinte ao da realización do sorteo:
      Xustificación de pagamento
      Fotocopia do DNI ou da folla correspondente do libro de familia.
      Fotocopia de documento de afiliación á Seguridade Social ou seguro médico privado.
      Cuestionario médico-sanitario (anexo IV)
      Declaración responsable de que sabe nadar.
      De ser o caso, fotocopia compulsada do Título de Familia Numerosa, e do Carné Xove . Os membros de familia que teñan o título de familia numerosa terán un desconto do 50% sobre os prezos, e os do Carné Xove terán un desconto do 25%.
      Máis información:

      Rede galega de información xuvenil

      Xuventude.net

      As agresións sexuais considéranse un delito menor

      A nova fala de agresións no Brasil, pero fai pouco nunha charla dun Instituto falaban que un cachete a unha rapaza que levaba saia e escote "non era para tanto", unha cousa é agarrar e outra un simple cachete....


      http://sociedad.elpais.com/sociedad/2014/03/20/actualidad/1395335720_262349.html

      Xuízo pola agresión con ácido a unha muller en Madrid

      "Se cree que está todo muy bien organizado pero luego no se hace nada". En especial se ha referido a las asistentes sociales de los hospitales. Ella estuvo ingresada en la unidad de quemados del hospital La Paz, en la capital. "Me he sentido que estaban muy perdidas. Gente que quería ayudar, pero que no sabía cómo hacerlo. Ha sido mi propia familia la que se ha ido moviendo y la que ha ido investigando qué es lo que podía hacer", ha afirmado.



      http://ccaa.elpais.com/ccaa/2014/03/20/madrid/1395324193_107720.html

      Ameaza de morte a súa muller e cóspelle diante da súa filla

      http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2014/03/20/amenaza-muerte-mujer-escupe-delante/989740.html

      Comunicación da Asociación Nós Mesmas

      Ola :
      Desde Nos Mesmas queremos facervos participes da información recibida pola FELGTB, en referencia ao proxecto  sobre o que estamos a traballar e o cal levará a cabo en poucos meses.
      Como xa saberedes, o Ministerio de Sanidade vai realizar unha modificación da Carteira de Servizos do Sistema Nacional de Saúde. Entre as modificacións previstas está a de restrinxir o acceso ás técnicas de Reprodución asistida ás parellas de mulleres e mulleres soas.

      Desde a FELGTB, estiveron traballando para que isto non levase a cabo e realizaron algunhas accións e mantiveron contactos co Ministerio (con reunións etc), partidos políticos e a asociación Nais solteiras por Elección.
      Unha vez feito este percorrido no Ministerio e crendo que  o proxecto non sufrirá ningunha modificación, debemos iniciar a súa reivindicación nos territorios autonómicos.
      E é aí, onde como asociación, puxemos o noso apoio porque é totalmente necesario. 
      O proxecto consiste en presentar nas Consellerías de Saúde de cada Comunidade Autónoma unha solicitude de entrevista, para demandar a inclusión de parellas de mulleres e mulleres soas no acceso ás técnicas de reprodución humana asistida (RHA). Con esa carta achegaranse unhas argumentacións que nos enviaron desde a FELGTB, que están baseadas en criterios de igualdade de acceso para todas as mulleres. Unha delas é:
      a inclusión de TODAS As MULLERES é unha medida que debe considerarse de carácter político- posto que se trata dunha cuestión de dereito á maternidade- e non "problema médico", como se pretende establecer, ao afirmar que é o grupo de expertos quen propuxo o criterio de inclusión: a esterilidade. O grupo de expertos está formado por profesionais do medicamento, sociedades científicas, etc, que realizan unha proposición que pode ser validada, ou non, polo Ministerio. É a éste a quen corresponde a tarefa de xestionar os recursos baseándose en criterios que non se opoñan aos valores que recolle a nosa Constitución (Artigo 14 da Constitución).
      Consideran que tras a publicación da Carteira Básica do SNS, que será nas próximas semanas, teremos que efectuar esta acción. 
      Nós Mesmas, cunha representante, entregarán a solicitude de entrevista na Consellería de Saúde. A idea, é realizar a acción todas as entidades o mesmo día para conseguir maior alcance mediático e maior relevancia a nivel nacional, e é aí onde queremos contar co teu apoio, facer forza nun tema que nos afecta a todas e do que non poden deixarnos fora coma se fósemos mulleres na sombra. 


      http://www.nosmesmas.com/

      A Xunta dalle un millón máis á orde relixiosa que di "salvar" persoas con discapacidade


      http://praza.com/politica/6742/a-xunta-dalle-un-millon-mais-a-orde-relixiosa-que-di-salvar-persoas-con-discapacidade/

      Concentración xoves 27 de marzo

      O próximo xoves 27 de marzo ás 20h ( como ven sendo habitual o último xoves de cada mes) a Rede realiza a concentración diante do MARCO. A día de hoxe, menos de 3 meses do ano, son 26 as mulleres asasinadas.


      A nosa resposta debe ser contundente, para elo esperamos que a cidadanía déa esa resposta a esta traxedia que tanta dor nos produce.

      Un xuez permite a un maltratador sen casa convivir ca súa muller

      http://www.farodevigo.es/espana/2014/03/19/juez-permite-maltratador-casa-convivir/988995.html

      As princesas saudíes denuncian ser prisioneiras do seu pai,o rei Abdalá

      http://elpais.com/elpais/2014/03/17/gente/1395080730_241292.html


      A vicesecretaria xeral considera de emerxencia nacional as mortes das mulleres por violencia de xénero

      http://sociedad.elpais.com/sociedad/2014/03/18/actualidad/1395175683_610808.html

      Derogada a adxudicación directa de vivendas do IGVS para vítimas de violencia

      Acaba de sair publicado o procedemento especial de adxudicación directa de vivendas do IGSV pero só para os casos de desafiuzamento de vivenda habitual por falta de pagamento da renda, establécese un procedemento de adxudicación de vivendas en construción ou que se vaian iniciar, sexan para satisfacer necesidades específicas de persoas individuais ou de colectivos determinados por parte do Instituto Galego da Vivenda e o Solo (IGVS), como pode ser o das “persoas ou colectivos determinados para satisfacer necesidades urxentes de vivenda”. 

      Pois ben, poñéndonos en contacto co IGVS afirman que quedou derogada a adxudicación directa para vítimas de violencia de xénero, que soamente se terá en conta os desafiuzamentos.

      Dende a Rede sempre denunciamos a situación de precariedade por non poder acceder a unha vivenda por parte das mulleres vítimas de violencia, que teñen no Estado e nas Institucións a única solución para poder alugala, xa que a maioría das nosas usuarias non teñen emprego (nómina) nin aval, polo que non poden comezar o seu proceso de recuperción psico-social. 

      Observamos que dende o 2011 o programa aluga non funciona e agora tamén perden o dereito a adxudicación directa....

      Quince anos de prisión para un grovense por violar a súa filla casi a diario durante 6 anos

      http://www.farodevigo.es/sucesos/2014/03/13/quince-anos-prision-grovense-violar/983709.html

      Unha muller de Malpica, á que a sua parella intentou matar, quedase sen fogar porque o seguro non cubre os danos

      http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2014/03/13/seguro-cubre-incendio-casa-maltratador/0003_201403G13P13991.htm

      Marín debatirá unha moción dos grupos para ´freala' reforma da lei do aborto

      http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2014/03/12/marin-debatira-mocion-grupos-frenarla/983083.html

      Mais do 60% das mulleres que abortaron din que o farian ilegalmente


      http://www.farodevigo.es/espana/2014/03/12/60-mujeres-abortaron-haria-ilegalmente/983042.html







      Relatorio: "Saúde e dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres"

      mércores, 19 de marzo, ás 19:00h:

      Relatora: Isabel Blanco Domínguez. Xinecóloga. Premio de Igualdade "Ernestina Otero" 2014

      Lugar: Casa das Mulleres. R/Romil, 20. 
      Entrada libre ata completar aforo


      ´Está de moda unha subcultura que chega a xustificar as agresións'

      http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2014/03/06/moda-subcultura-llega-justificar-agresiones/979548.html



      Obradoiros Casa das Mulleres

      A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para os seguintes obradoiros de carácter gratuíto que se impartirán na Casa das Mulleres.
      As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. 
      Daráselles preferencia ás mulleres empadroadas en Vigo.
      Inscrición previa desde o día 7 de marzo e ata cubrir prazas na Concellería de Igualdade, 1.ª planta da Casa do Concello de 9:00 a 13:30h , ou ben a través do tfno. 986 810 284, en horario de 8:00 a 14:00 h.
      Lugar de realización dos obradoiros: Casa das Mulleres, rúa Romil, número 20 .


      Obradoiro: “ UNHA VIAXE COAS PINTORAS DAS VANGARDAS 
      Dirixido a mulleres maiores de 18 anos.
      Obxectivos: 
      Viaxar a través do tempo co fin de ampliar os nosos coñecementos artísticos e culturais enfocando o tema das Vangardas Europeas dun xeito persoal e íntimo.
      Empregar os medios plásticos como ferramenta para sacar eses sentimentos agochados e a vangarda proposta á visualización externa.
      Explicar o papel da muller neste contexto e o seu valor artístico na historia das vangardas.
      Datas: todos os xoves desde o 20 de marzo ata o 19 de xuño.
      O desenvolvemento do programa consta de 36 horas en total, distribuídas en 12 sesións de 3 horas de duración cada unha.
      Horario: de 18:00h a 21:00 h.


      Obradoiro: 
      “A RISOTERAPIA PARA MELLORAR A NOSA CALIDADE DE VIDA”
      Dirixido a mulleres maiores de 18 anos.
      Obxectivo: promover a mellora da saúde física, mental, emocional e social das mulleres a través da risa.
      Datas: todos os martes desde o 25 de marzo ata o 3 de xuño.
      O desenvolvemento do programa constará de 20 horas en total, distribuídas en 10 sesións de 2 horas de duración cada unha.
      Horario: de 10:00h a 12:00 h.

      Estadías nas residencias de tempo libre

      Normativa:

      • Decreto 84/2012 do 16 de febreiro, polo que se establecen os prezos públicos polas prestacións das residencias de tempo libre.(DOG nº 44 do 02/03/2012)
      • Orde do 28 de febreiro de 2014 pola que se regula o procedemento de adxudicación de estadías e servizos nas residencias de tempo libre adscritas a esta consellería para o ano 2014. (DOG nº 45 do 6/03/2014)

        Obxecto:

        Adxudicación de estadías e servizos nas residencias de tempo libre de Panxón-Nigrán (Pontevedra) e O Carballiño (Ourense)

        Persoas destinatarias:

        • Persoas maiores de idade ou menores sempre que vaian acompañados dos seus proxenitores ou titores legais, que teñan a súa residencia en territorio español.
        • Galegos e galegas residentes no exterior.

        Tipos de servizo:

        1. Servizo de residencia: aloxamento e mantenza en réxime de pensión completa durante a quenda adxudicada.
        2. Servizos para non residentes: Poderán gozar do servizo de comedor os familiares e amigos dos residentes que visiten a instalación segundo as normas de provisión de prazas que determine o/a director/a de cada residencia e sen prexuízo da prioridade que se outorgue e se garanta ás persoas aloxadas.

        Documentación:

        • SolicitudePresentación electrónica na sede. Non se admitirán as solicitudes que inclúan persoas que gozaron dalgunha quenda na mesma residencia nalgún dos dous anos anteriores.
        • Fotocopia do DNI da persoa solicitante, so no caso de non dar o consentimento expreso na solicitude para que a Consellería de Traballo e Benestar comprobe telemáticamente os seus datos de identidade.
        • Acreditación da discapacidade, de ser o caso (de non ser expedida pola C.A de Galicia)
        • no caso de solicitantes da quenda de familias numerosas: fotocopia do libro de familia (de non ser expedido ou renovado pola C.A. de Galicia)
        • No caso de persoas solicitantes da quenda de familias acolledoras: copia da resolución administrativa de acollemento (de tratarse dun acollemento formalizado por outra comunidade autónoma).

        Lugar de presentación:

        As solicitudes de estadías na residencia de tempo libre de Panxón presentaranse no rexistro do departamento territorial da Consellería de Traballo e Benestar en Vigo (rúa Concepción Arenal nº 8, 36201 Vigo) e as solicitudes de estadías na residencia de tempo libre do Carballiño presentaranse no rexistro do departamento territorial da Consellería de Traballo e Benestar en Ourense (avda. da Habana nº 79, 32004 Ourense)
        Tramitación electrónica: https://sede.xunta.es

        Prazo de presentación:

        Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da Orde. Ata o 7 de abril de 2014 (por ser o día 6 inhábil)

        Pagamento do prezo da estadía.

        As persoas beneficiarias realizarán, no prazo de dez días desde a recepción da confirmación da reserva por parte da residencia, un depósito de 30 € por cuarto en concepto da dita reserva, e outro depósito, 30 días antes do inicio da quenda adxudicada.
        A primeira quenda do mes de agosto en ambas as dúas residencias queda reservada ás familias que acrediten a súa condición de numerosas; estas poderán, non obstante, solicitar calquera outra das datas que se recollen no anexo II. A adxudicación desta quenda farase igualmente por sorteo de datas, e as sobrantes serán incluídas, de ser o caso, no procedemento xeral de adxudicación. As familias numerosas que se presenten ao resto das quendas entrarán no sorteo xeral e non terán preferencia ningunha.

        O cancro de mama afecta cada vez máis a mulleres xóvenes

        http://www.farodevigo.es/vida-y-estilo/salud/2014/03/04/cancer-mama-afecta-vez-mujeres/978667.html

        Relacionan a violencia machista entre adolescentes cas redes sociais

        http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2014/03/05/relacionan-violencia-machista-adolescentes-redes/978938.html

        Detido o presunto autor do dobre crime de Sotogrande(Cádiz)

        http://www.elmundo.es/andalucia/2014/03/05/53171976ca4741e93a8b4575.html

        62 millóns de europeas sufriron violencia de xénero

        http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2014/03/05/62-millones-europeas-han-sufrido/979129.html

        Mais do 53% das mulleres percibe ca violencia contra elas é "bastante común" no noso país

        http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2014/03/05/5-espanolas-sufrido-violencia-fisica/979125.html

        Mesa Redonda sobre arte na Casa das Mulleres‏

        Mesa redonda "Novas creadoras, novos valores na Arte" que terá lugar este xoves, 6 de marzo ás 19:00h na Casa das Mulleres.

        Esta actividade pretende visibilizar e difundir a realidade das mulleres artistas, mulleres que representan os nosos valores na arte e analizar a súa situación cunha mirada de xénero.

        Presenta: Isaura Abelairas, concelleira de Igualdade

        Relatoras:
        Mar Caldas, profesora de Belas Artes da Universidade de Vigo

        Paula Cabaleiro, comisaria independente, xestora cultural e artista multidisciplinar. Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo

        Andrea Costas, artista plástica e mestra na escola viguesa de deseño Aula D

        María Arias, artista, deseñadora e investigadora. Graduada en Belas Artes e máster en arte contemporáneo na Universidade de Vigo


        Lugar: Casa das Mulleres (R/Romil, 20). Entrada libre. Aforo limitado

        VIDEOFÓRUM "LA FUENTE DE LAS MUJERES"


        DATA:     XOVES 6 DE MARZO
        HORA:     18:00 h.
        LUGAR:   CENTRO DE DOCUMENTACIÓN E RECURSOS FEMINISTAS
                         Biblioteca Pública Central
                         (Joaquín Yáñez, 6 – 2º andar)

        Nun pequeno pobo de Oriente Medio, a tradición esixe que as mulleres vaian buscar auga, baixo un sol ardente, á fonte que nace no alto dunha montaña. Leila, unha nova casada, propón ás demais mulleres unha folga de sexo: non manterán relacións sexuais ata que os homes colaboren con elas no transporte da auga até a aldea.


        ORGANIZA: REDE DE MULLERES CONTRA OS MALOS TRATOS DE VIGO

        COLABORA: CONCELLO DE VIGO