Ciclo de cine infantil

A Concellería de Igualdade informa que durante os cinco sábados do mes de maio proxectará no auditorio municipal 5 filmes dixiridos ao público infantil e xuvenil.

Os títulos elixidos corresponden a filmes nos que o papel protagonista, e polo tanto activo no guión, o interpreta unha nena.

A entrada é de balde e libre ata completar as localidades
Lugar: Auditorio municipal (Praza do Rei, s/nº)
Datas: sábados 3, 10, 17, 24 e 31 de maio
Hora: 11,30h

No arquivo adxunto pódese obter información sobre as dúas primeiras películas que se proxectaran neste ciclo. Proximamente difudiranse os filmes das seguintes sesións.


No hay comentarios:

Publicar un comentario