Programa Balnearios

Benestar_en_Balnearios_2013Normativa:

Circular interna da Consellería de Traballo e Benestar - 2014

Obxecto:

Convócanse un total de 589prazaspara participar no Programa de benestar en balnearios
A totalidade das prazas que se ofertan este ano corresponden á modalidade de “Balnearios”, opción de “todo incluído”, e a selección das persoas participantes efectuarase nas xefaturas territoriais.
Os establecementos termais nos que se ofertan prazas, as datas, o número de prazas e o prezo por praza para as persoas beneficiarias son os que a continuación se relacionan:
- Balneario de Acuña - Caldas de Reis (Pontevedra)
- Balneario de Arnoia (Ourense)
- Balneario de Augas Santas - Ferreira de Pantón (Lugo)
- Balneario de Baños de Brea - Vila de Cruces (Pontevedra)
- Balneario de Baños de Molgas (Ourense)
- Balneario de Caldelas de Tui - Tui (Pontevedra)
- Gran Balneario de O Carballiño (Ourense)
- Balneario de Carballo (A Coruña)
- Termas de Cuntis (Pontevedra)
- Balneario de Laias - Cenlle (Ourense)
- Balneario de Lobios - Lobios (Ourense)
- Balneario do Río Pambre - Palas de Rei (Lugo)
- Balneario Termas Romanas - Lugo
Ao igual que o ano pasado, na convocatoria deste ano non se reservan prazas para as persoas que cumpran as súas vodas de ouro no ano en curso, ninprazas gratuítasnin tampouco hai distribución de prazas por provincia, podendo as persoas interesadas que reúnan os requisitos recollidos na instrución seguinte, solicitar calquera balneario e quenda das que figuran a continuación

Balnearios e prezo da praza por persoa

Beneficiarios
Para beneficiarse deste programa haberá que reunir os seguintes requisitos:
  1. Ser maior de 65 anos, ou de 60 reunindo a condición de pensionista na data en que remata o prazo de presentación de solicitudes.
  2. Residir na Comunidade Autónoma de Galicia.
  3. Atoparse en condicións de participar no programa e valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria.
  4. Non padecer enfermidade infecto-contaxiosa, en fase activa, nin trastornos mentais ou condutuais, non compensados, que poidan alterar a normal convivencia durante o transcurso da quenda.
  5. Precisar os tratamentos balneoterápicos solicitados e carecer de contraindicación médica para a recepción dos mesmos.
Así mesmo, poderán ser beneficiarios das prazas os cónxuxes ou as persoas que acrediten unha relación análoga á conxugal dos que cumpran os requisitos anteriores, sempre que reúnan as condicións dos apartados b), c), d) e e).

Servizos incluídos

Nos prezos inclúen os seguintes servizos:
  • Aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e en habitacións de uso compartido, durante de 10 días e 9 noites.
  • Tratamentos termais básicos, que comprenderán: o recoñecemento médico ao ingresar no balneario; o tratamento termal que, en cada caso, prescriba o persoal médico do balneario co número de tratamentos establecido no compromiso escrito adquirido polo balneario; o seguimento médico do tratamento, con informe final a petición da persoa interesada.
En todo caso, as persoas beneficiarias das quendas realizarán os desprazamentos aos establecementos termais así coma o de regreso aos seus domicilios, polos seus propios medios.

Documentación

As solicitudes formularanse nomodelo establecido ao efecto e cubriranse todos os datos requiridos, tanto do solicitante como do cónxuxe ou acompañante cando proceda.
Cada solicitude estará acompañada de:
  • Fotocopia do DNI do solicitante e do cónxuxe ou acompañante se procede (no caso de non asinar a autorización para a súa consulta).
  • Declaración responsable do estado de saúde do solicitante e a do seu cónxuxe ou acompañante se procede, no apartado incluído na solicitude.
No caso de que dúas persoas queiran acudir xuntas ao mesmo destino e quenda, presentarán unha única solicitude para a súa baremación conxunta, acompañada da documentación que nela se indica.

Prazo de presentación de solicitudes

Estará aberto ata o día 10 de maio.

Lugar de presentación

As solicitudes poderanse presentarnas xefaturas territoriais e nos Centros Sociocomunitarios, ou ben por calquera dos medios previstos no artigo 38.4. da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC).

No hay comentarios:

Publicar un comentario