Desde o C.M.M de Vigo queremos manifestar a nosa condena
ante os secuestros, por parte de Boko
Haram, de 223 xóvenes nunha escola da localidade do noreste de Nixeria o pasado
14 de abril.
Boko Haram, que en lingua local hausa significa “a
educación occidental é pecado”, creouse en 2002 co obxectivo de propagar a
yihad e crear un Estado islámico en Nixeria rexido pola sharía o lei islámica.
En 2009 comenzaron as accións armadas, e dende o inicio da súa ofensiva, Boko
Haram causou máis de 4.000 mortes, 1.500 de elas no que vai de ano.
Os crimes dos salafistas de Boko Haram centráronse
nas últimas semanas no secuestro de colexialas para ser posteriormente violadas
e vendidas. Cada ano este tipo de atentados contra as mulleres aumenta, os soldados cometen todo tipo de agresións sexuais
con ocasión do saqueo e demáis atropelos perpetrados durante as invasións,
practican violacións en público, secuestran ás mulleres en campos especiais ou
en prostíbulos para torturalas, violalas e deixalas embarazadas. Os secuestros
de nenas estudantes en Nixeria, reflexan a estratexia de someter ás mulleres de
novo aos homes, sendo “secuestradas co obxectivo de que casen”.
Coma mulleres
comprometidas coa liberdade, o respecto e a igualdade, rexeitamos esta barbarie
que unha vez mais están a sufrir mulleres a nivel global. Polo que asorganizacións representantes do C.M.M: :
- Censuramos a inacción das autoridades para
explorar a zona na que as patrullas cidadás cren que están as secuestradas.
- Condenamos a violencia e a explotación sexual.
- Solicitamos o apoio dos gobernos e institucións
para frear a violencia de xénero, e máis concretamente a utilización das
mulleres como botin de guerra.
- E esiximos medidas políticas para acabar con esta
masacre.
No hay comentarios:
Publicar un comentario