Condenado a traballos sociais e a un curso formativo de violencia de xénero por quebrantar o afastamento

http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2015/01/14/condenado-trabajos-sociales-curso-formativo/1164761.html

Un acusado de quebrantar a orde de afastamento que tiña con respecto a súa parella foi condenado onte, nunha vista de conformidade no Xulgado do Penal 1 de Vigo, a tres meses de traballos en beneficio da comunidade, así como á prohibición de aproximarse á vítima e a realizar un programa formativo de violencia de xénero. A orde de protección fora acordada en decembro de 2012 polo Xulgado de Violencia sobre a Muller. Pero a pesar de estar vixente a medida, o acusado do que a súa  identidade responde as iniciais, J.R.L.P., en novembro de 2013 foi ó domicilio onde residía a muller, de onde ela estábase mudando, e discutiu coa vítima.

No hay comentarios:

Publicar un comentario