http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/2015/02/05/detenido-ataque-empleada-niega-fuese-violarla/0003_201502F5C6993.htm
O home que foi detido o pasado martes cos pantalóns baixados e supostamente a piques de violar á súa empregada no Bar Miami nega a versión policial. Fíxoo onte ante o Xulgado do Penal número 1, onde declarou que nunca mantivo unha relación formal coa muller á que tapaba a boca no instante no que apareceu a Policía Local de Ferrol. Un extremo que ela tamén confirmou, alegando que os seus encontros eran esporádicos. Ambos trataron de quitarlle ferro ao asunto, contradicindo aos axentes. E é que manteñen que o día da detención indicóuselles que eran parella e que romperan unha semana antes. Tamén negaron que el fose violala.
No hay comentarios:
Publicar un comentario