http://www.sermosgaliza.gal/opinion/iolanda-naia-ferreiro/tranquilo-machista/20150515023407037394.html
Aquí tedes un fragmento do artigo:
Non son eu soa, somos moit@s, mais non abonda. Sabido é que non podemos
contar con certos estamentos da sociedade nin ca axuda dos mass media,
por exemplo, eses medios que crean opinión xa que o que fan é
infravalorar ou mesmo invisibilizar esta lacra. Lembrade senón titulares
como o escandaloso de La Voz de Galicia do pasado verán: “La mujer que
sufrió un balazo continúa hospitalizada”, cando foi a súa propia parella
a que lle disparou. Qué barbaridade! Ou o que escoitamos abraiadas hai
pouco na televisión “fóiselle das mans”… Terrible! Así non imos a
ningures, porque esta impunidade que teñen os machistas, os asasinos
machistas, goza dunha complicidade social que me fai vomitar bilis. E
mentras, os machistas tan tranquilos porque van gañando a partida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario