Obradoiros Concellería Igualdade Vigo: Risoterapia e igualdade
A Concellería de Igualdade lembra que está
aberto o prazo de inscrición para os seguintes obradoiros gratuítos que se
impartirán na Casa das Mulleres.
As prazas son limitadas e cubriranse por orde
de inscrición. Daráselles preferencia ás mulleres empadroadas en Vigo e que non
realizaran con anterioridade esta formación
Inscrición previa ata cubrir prazas na
Concellería de Igualdade. 1ª planta da Casa do Concello de 9:00 a 13:30h ou ben
a través do tlfno 986 810 284, en horario de 8:00 a 15:00h.
Obradoiro: “A RISOTERAPIA PARA MELLORAR A NOSA
CALIDADE DE VIDA”
Dirixido a mulleres maiores de 18 anos.
Obxectivo: promover a mellora da saúde física,
mental, emocional e social das mulleres a través da risa
Contidos:
- Sentido do humor: aspectos
psicofisiolóxicos.
- Que me fai rir: risa activa, risa pasiva.
- Pensar en positivo: as miñas emocións.
- Respiración alegre: ximnasia da risa.
O desenvolvemento do programa constará de 20
horas en total, distribuídas en 10 sesións de 2 horas de duración cada unha.
Período e horarios:os martes desde o 6 de
outubro ata o 15 de decembro, de 10:00 a 12:00 h.
Obradoiro:
“ A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES: CLAVES PARA O EMPODERAMENTO E A
PARTICIPACIÓN DAS MULLERES ”
Dirixido a homes e mulleres maiores de 18
anos.
Obxectivos: Analizar a orixe e as
consecuencias das desigualdades existentes entre homes e mulleres. Definir a
autoestima e o atoconcepto, analizando como o xénero inflúe na formación do
noso autoconcepto e interfire na autoestima das mulleres. Fomentar a
Participación socio-política das mulleres: o empoderamento.
Contidos:
O sistema sexo-xénero e as súas consecuencias.
Autoestima e autoconcepto.
Empoderamento e participación cidadá. Técnicas
para falar en público.
O desenvolvemento do programa consta de 20
horas en total, distribuídas en 8 sesións de 2,5 horas de duración cada unha.
Período e horarios: os xoves desde o 8 de
outubro ata o 26 de novembro, de 18:00h a 20:30 h.”
Agradecemos a difusión desta información entre
as vosas amizades.
Saúdos,
--
Concellería de Igualdade
Concello de Vigo
Tlf. 986 810 284
Fax.986 430 082
www.igualdadevigo.org
Informamos de que a Deputación de Pontevedra pon en marcha o programa Termalismo: Coidarte
Máis información en http://www.depo.es/
É un mito que en España non exista Feminicidio
Aproveitamos para recomendar este libro Feminicidio (Catarata, 2015).
Este libro pretende realizar un marco conceptual sobre o feminicio en Europa e en España. Os asasinatos de mulleres precisan unha categoría lingüística e política- xurídica nova.
Para ler máis:
http://www.publico.es/sociedad/espana-mata-mujeres-mujeres-mito.html
Este libro pretende realizar un marco conceptual sobre o feminicio en Europa e en España. Os asasinatos de mulleres precisan unha categoría lingüística e política- xurídica nova.
Para ler máis:
http://www.publico.es/sociedad/espana-mata-mujeres-mujeres-mito.html
Nova concentración contra a violencia de xénero o Xoves 24 Setembro no Marco
A Rede de Mulleres convoca a concentración o xoves días 24 diante do
MARCO. No que vai de 2015, foron asasinadas 66 mulleres e criaturas. Tan
só nos tres meses de verán foron asasinadas 38: en xuño 13, en xullo 14
e en agosto 11, entre elas 6 menores.
Feminicido, por qué agora?
O que non podemos nomear, non existe.
Para ler máis, en Sermos Galiza, por Carmen Adán:
http://www.sermosgaliza.gal/opinion/carme-adan/feminicidio-agora/20150916154600040774.html
Para ler máis, en Sermos Galiza, por Carmen Adán:
http://www.sermosgaliza.gal/opinion/carme-adan/feminicidio-agora/20150916154600040774.html
Concentracións en contra do asasinato machista en Vigo
Convócanse para mañá dia 8 concentracións de repulsa nas 7 cidades galegas. Serán as 20hr.
- A Coruña: Obelisco.
- Compostela: Porta do Camiño.
- Ferrol: Praza do Concello.
- Lugo: Praza do Concello.
- Ourense: Castañeira (Subdelegación do Goberno).
- Pontevedra: Praza 8 de Marzo.
- Vigo: diante do Marco.
- A Coruña: Obelisco.
- Compostela: Porta do Camiño.
- Ferrol: Praza do Concello.
- Lugo: Praza do Concello.
- Ourense: Castañeira (Subdelegación do Goberno).
- Pontevedra: Praza 8 de Marzo.
- Vigo: diante do Marco.
CONCENTRACIÓN DE REPULSA POR UN NOVO ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA
Onte en Vigo foi asasinada unha muller pola súa parella. Con ela sumamos outra muller máis na Galiza no que vai de ano, vítima da violencia machista, que paga coa súa vida a discriminación e a desigualdade que padecemos todas.
Que a indignación de toda a sociedade saia á rua para rexeitar este cruel asasinato e denunciar a violencia machista padecida polas mulleres e exercida contra elas polo feito de selo.
O MARTES 8 ÁS 20H DIANTE DO MARCO.
O acoso sexual nos espazos públicos, a violencia cotiá contra as mulleres
Piropos, tocamentos, miradas,... o acoso sexual, desgraciadamente é unha forma de violencia moi común e culturalmente moi normalizada.
Este artigo analiza este tipo de violencia de xénero:
http://www.sermosgaliza.gal/articulo/social/acoso-sexual-na-rua-violencia-invisibel-non-reconecida/20150826183859040220.html
Este artigo analiza este tipo de violencia de xénero:
http://www.sermosgaliza.gal/articulo/social/acoso-sexual-na-rua-violencia-invisibel-non-reconecida/20150826183859040220.html
Suscribirse a:
Entradas (Atom)