www.farodevigo.es/sucesos/2016 atopan morto ao presunto asasino da xove acoitelada en Santiago
En 2012 secuestrou e golpeou a unha parella para atopar o paradoiro da súa exparella; foi condenado a catro anos de prisión.
http://www.farodevigo.es/sucesos/2016/12/29/burlacu-condenado-2013-secuestrar-golpear
Turquía quítalle ás mulleres e aos pobos os dereitos que gañaran con esforzo
Represión
xeneralizada de todas as disidencias
Logo do falido
intento de golpe de estado do 15 de xullo de 2016, en Turquía estase sufrindo
unha represión xeneralizada. A purga posterior ao golpe prodúcese nun momento
en que o ataque de Turquía contra as liberdades de expresión, de asociación e
de asemblea xa estaban en marcha.
Pecháronse medios
de comunicación e casas editoriais, incluíndo a primeira axencia de noticias
sobre mulleres e dirixida por mulleres, JINHA, con moitas canles de televisión,
estacións de radio e xornais. Dende o falido intento de golpe de estado de
xullo pecháronse máis de 160 medios de comunicación e máis de 130 xornalistas
están na actualidade en prisión preventiva.
A detención, nos
últimos días, de 12 deputad@s do HDP (Partido Democrático dos Pobos), da
esquerda kurda, amosa a recente intensificación da masacre de disidentes no
medio do estado de excepción turco.
Detención de
alcaldes e alcaldesas kurdas, substituídos por administradores non electos
O 11 de setembro,
arrestaron 37 alcaldes de municipios kurdos e designáronse administradores non
electos en 35 municipios. O primeiro que fixeron os administradores nestes
municipios foi pechar os departamentos policiais de mulleres e os centros de
mulleres. Os xefes dos departamentos de mulleres estiveron baixo custodia
durante 26 días e interrogáronos sobre actividades de igualdade de xénero.
Purga dos servizos
públicos de sanidade e educación
As purgas que
comezaron primeiro cos medios de comunicación, xornalistas e académicos
estendéronse aos funcionarios públicos que traballan principalmente nos
servizos de educación e sanidade.
Máis de 100.000
traballadores dos servizos públicos foron despedidos ou suspendidos,
principalmente nos departamentos de sanidade, educación e xustiza. Os
traballadores rasos están sendo sancionados simplemente en base a súa orixe
étnica e ás súas opinións políticas. Estase destruíndo o sustento de centos de
milleiros de traballadores e das súas familias sen ningunha proba.
Esta purga masiva
no sector público ten un impacto directo na vida das mulleres de dúas maneiras:
1. As
mulleres vense afectadas de forma directa polos despedimentos e suspensións, xa
que traballan principalmente nos sectores de sanidade e educación, onde se
están facendo purgas agora.
2. As
mulleres vense afectadas de forma indirecta, xa que fan uso das prestacións dos
servizos que prestan os traballadores de sanidade e de educación.
Suspensión
arbitraria das actividades das ONG
O 11 de novembro, o
Ministerio do Interior anunciou a suspensión de 370 actividades de varias ONG
en 39 provincias, de acordo coa Lei de estado de emerxencia. Dende o anuncio,
pecháronse sen previo aviso as oficinas das asociacións de mulleres, que loitan
contra todo tipo de violencia contra as mulleres e contra os matrimonios
infantís.
Pecháronse as
oficinas da Asociación de Avogados Progresistas (ÇHD) e da Asociación de
Avogados pola Liberdade (ÖHD), que representan as vítimas da tortura e da
discriminación. Ao mesmo tempo, a tortura e os malos tratos nas prisións
intensifícase.
As mulleres e as
súas organizacións son o principal obxectivo
Entre as ONG
pechadas atópanse o KJA (Congreso de Mulleres Libres) e a Rainbow Women’s
Association, grupos que participan activamente na MMM. VAKAD (Van Women’s
Association), Selis Women’s Association, Mu? Women’s Roof, Bursa Panay?r
Women’s Solidarity Association, Ad?yaman Women’s Life Association e Ceren
Women’s Associations son organizacións feministas coñecidas e comprometidas coa
loita contra a discriminación de xénero e contra a violencia sexual.
A suspensión das
actividades das organizacións de mulleres é un ataque directo ás loitas das
mulleres contra a violencia e amosa a vontade de destruír a organización do
poder das mulleres./p>
Todas estas
suspensións arbitrarias violan os dereitos á liberdade de expresión e de
asociación, garantidos polas convencións internacionais ratificadas por
Turquía. O estado de emerxencia anula as obrigas de Turquía con respecto ao
dereito internacional e anula a liberdade e os dereitos que as mulleres
obtiveron a través de duras loitas.
Como MMM facemos un
chamamento a todas as mulleres para que amosen a maior solidariedade e
sororidade posible, contra este réxime turco masculino, coercitivo, opresivo e
horrible.
Pedímoslle ás
mulleres da MMM que se mobilicen para:
· Organizar
mulleres e homes nas súas organizacións e coordinadoras locais.
· Activar
grupos de presión internacionais a través de instrumentos internacionais como
Mulleres da ONU, o Comité para a Eliminación da Discriminación contra a Muller
(CEDAW), o Lobby Europeo de Mulleres etc., así como os nosos movementos aliados
e centros sindicais.
· Organizar
delegacións internacionais para visitar mulleres presas e organizacións de
mulleres pechadas de forma ilegal.
· Organizar
calquera acción de rúa ou virtual empregando todas as ferramentas de
comunicación dispoñibles.
· Inventar
calquera acción posible para visibilizar a inxustiza e as accións criminais do
goberno turco, así como a ameaza do desenvolvemento da extrema dereita en
Europa.
· Amosar
as resistencias e alternativas que as mulleres kurdas e turcas están
organizando.
· Facer
presión nos nosos propios gobernos en Europa para que actúen política e
economicamente contra as políticas de Erdogan.
Apelamos ao goberno
turco a que:
· Libere
e reincorpore os alcades electos de forma democrática e a todos os presos
políticos detidos de forma ilegal debido ás súas opinións.
· Levante
as suspensións arbitrarias impostas ás actividades das ONG.
· Respecte
os valores democráticos e a liberdade sindical establecidos nos convenios da
OIT, así como noutras cartas europeas e internacionais.
· Respecte
e protexa os dereitos e liberdades, e poña fin de forma inmediata ao estado de
emerxencia e aos decretos executivos empregados como ferramenta de represión
dos movementos.
Facemos
un chamamento urxente á vosa solidariedade!
Seguiremos
marchando ata que todas as mulleres sexamos libres!
--
'As mulleres decidimos'
Coordenadora Local da Marcha Mundial das Mulleres
Xa podedes anotarvos na saída cultural 2016!
Mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro en Silleda, fervenza do río Toxa,
castros de Toiriz, Fundación Xosé Neira Vilas, taller de zocos de Elena Ferro.
Saída desde o concello, á hora e no lugar acordados coa asociación beneficiaria
do programa “En ruta coa Depo”.
10:00 h. Visita ao mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro. Este mosteiro
beneditino álzase ao abrigo de Coto Costoia, á beira do río Deza, e é
un dos monumentos arquitectónicos máis importantes da provincia
de Pontevedra. Xoia do románico galego oxival, foi fundado no ano
939 polos condes don Gonzalo e dona Teresa. A finais do século X foi
destruído e volto a consagrar. O seu apoxeo remóntase aos séculos
XI e XII, xa que a data 1171 figura nunha inscrición latina no interior da
igrexa, proxectado polo abade Fernando e os seus monxes.
11:30 h. Fervenza do río Toxa. Este salto de auga de 30 metros, un dos máis
altos e famosos de Galicia, está situado na localidade pontevedresa
de Silleda. A fervenza en si é un impresionante espectáculo natural,
pero tamén destaca pola paisaxe que a rodea, un frondoso bosque de
carballos, castiñeiros e outras especies autóctonas.
14:00 h. Comida no restaurante e co menú acordados coa asociación
beneficiaria.
16:00 h. Paseo pola área dos castros de Toiriz. Nela atópase un dos 22
poboados castrexos dos que se teñen constancia no municipio de
Silleda. Ocupa un montículo denominado monte dos Castros, que
se eleva 477 metros sobre o mar. Ten forma circular e nel aprécianse
claramente as súas murallas e terrapléns defensivos, que forman dous
recintos que cobren unha superficie de dúas hectáreas. A economía
do castro era fundamentalmente agropecuaria e a súa alimentación
baseábase no cultivo de trigo, millo, cebada e avea e na gandería de
vacas, ovellas, cabras e porcos.
17:00 h. Visita á Fundación Xosé Neira Vilas. A sede da Fundación sitúase na
casa onde naceu o escritor, que foi doada á Xunta de Galicia para a
súa restauración e para a instalación dunha biblioteca pública. Nesa
antiga casa atópase na actualidade, ademais da biblioteca, un museo
etnográfico.
18:30 h. Taller de zocos de Elena Ferro, que pertence á terceira xeración de
zoqueiros da súa familia. Grazas á combinación da marroquinería coa
elaboración dos zocos, Elena e a súa familia manteñen vivo un oficio
tradicional en extinción.
Descanso para unha pequena merenda que inclúe auga e un aperitivo.
Unha vez finalizada a visita regresarase ao concello de orixe.
Cae unha rede de tráfico de mulleres en Vigo
http://www.farodevigo.es/sucesos/2016/11/09/cae-red-trafico-personas-obligaba/1566958.html
"Facilitaban ás súas VÍTIMAS os billetes de avión, reservas en hoteis e ata diñeiro; pero unha vez aquí OBRIGABAN ás mulleres a prostituirse para pagar a súa débeda."
"Facilitaban ás súas VÍTIMAS os billetes de avión, reservas en hoteis e ata diñeiro; pero unha vez aquí OBRIGABAN ás mulleres a prostituirse para pagar a súa débeda."
Reformas legais para mellorar na protección
"Trátase de romper o
silencio das vítimas informándolles e asistíndoas dende o primer momento e
axudándoas, acompañándoas, protexéndoas e garantizándolles unha axuda integral."
"Proponse a eliminación do atenuante de confesión para os crimes incluídos no ámbito da violencia contra a muller. É dicir, que o feito de que o agresor admita ante o xuíz ser o autor do crime de maltrato non signifique para el ningún tipo de beneficio á hora de imporlle a pena."
"Abordouse tamén a necesidade de eliminar a dispensa da obriga de declarar contra o marido ou parella sentimental nos casos de abusos."

Grazas pola vosa asistencia
Grazas a todas e todos por acompañarnos na concentración que realizamos todos os xoves últimos de mes.
Condeado a 44 anos de prisión por agresión sexual as súas tres fillastras
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2016/09/19/condenado-44-anos-prision-agresion-sexual-tres-hijastras/00031474301095603991657.htm
As vítimas tiveron que soportar que a prensa dubidara da súa credibilidade, tiveron logo que esperar longas horas nos xulgados no mesmo corredor que o agresor. O proceso xudicial para as vítimas é un calvario, onde se ven vulnerados constantemente os seus dereitos. Precisamos que os xulgados comecen a protexer de verdade ás vítimas.

As denuncias falsas son un mito; en 2015, a Fiscalía só constatou 0,0015% de denuncias falsas.
A memoria da Fiscalía revela que en 2015 houbo 129.292 denuncias por violencia de xénero. A propia Fiscalía admite que hai xuíces e xuízas que non consideran a violencia de xénero como tal. Coma sempre, temos que insistir na necesidade de formación en xénero para todo o persoal do ámbito xudicial.
http://www.eldiario.es/sociedad/falso-denuncias-falsas-violencia-genero_0_556095013.html
http://www.eldiario.es/sociedad/falso-denuncias-falsas-violencia-genero_0_556095013.html
O veciño de A Baña acusado de violar a súa filla e as tres fillastras, foi xulgado hoxe na Coruña
O noso apoio as víctimas: a súa ex muller e as súas fillas, víctimas de violencia física e abusos sexuais continuados. Ademáis, elas enfróntanse á perda da súa casa, por iso a asociación Stop Desafiuzamentos de Compostela está tamén apoiando o caso.
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/a-bana/2016/09/06/vecino-bana-acusado-violar-hija-tres-hijastras-niega/00031473173866762202230.htm
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/a-bana/2016/09/06/vecino-bana-acusado-violar-hija-tres-hijastras-niega/00031473173866762202230.htm
Desde a Rede queremos mostrar o noso apoio a Patricia e as súas fillas ante o xuízo que teñen na Coruña, logo de sufrir malos tratos e agresións sexuais continuadas
A Rede apoia a Patricia, víctima de violencia, e as súas fillas, agredidas sexualmente, no xuízo contra o maltratador. A asociación Stop Desafiuzamentos de Compostela está a organizar una concentración que queremos darlle a máxima difusión.
Presentamos abaixo o escrito de Stop Desafiuzamentos explicando o caso:
Presentamos abaixo o escrito de Stop Desafiuzamentos explicando o caso:
As mulleres peruanas fan fronte á violencia de xénero
As mulleres peruanas saen á rúa coa campaña "Ni una menos", tras os dous brutais casos de violencia de xénero acontecidos no país. Dúas mulleres agredidas polas súas parellas e humilladas despois polo sistema xudicial que deixo libre aos agresores e únicamente lles prohíbe sair do país.
http://elpais.com/elpais/2016/08/24/planeta_futuro/1472031839_042976.html
A USC abre expediente ao alumnado que protestou sen camiseta na aula de Luciano Méndez, o profesor machista
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2016/08/31/usc-abre-expediente-disciplinario-alumnos-protestaron-camiseta-clase-luciano-mendez/0003_201608201608311472641223172.htm
O profesor fora sancionado con 2 meses sen traballo e soldo, e agora ábrenlle expediente ao alumnado que participou nas protestas para denunciar o machismo do profesor.
O profesor fora sancionado con 2 meses sen traballo e soldo, e agora ábrenlle expediente ao alumnado que participou nas protestas para denunciar o machismo do profesor.
Estes son os xulgados que case sempre denegan as ordes de protección por violencia machista
http://www.eldiario.es/sociedad/Barcelona-Cartagena-posibilidades-proteccion-violencia_0_551895267.html
No partido xudicial de Vigo denéganse o 34,8% das ordes de protección
No partido xudicial de Vigo denéganse o 34,8% das ordes de protección
Continúa encomendándoselle á vítima case por completo a súa protección
A solución pasa por protexer realmente ás vítimas, sen rastro de culpabilización das mulleres. No que vai de ano, 12 mulleres foron asesinadas, a pesares de ter denunciado previamente ao agresor. Temos moito traballo por diante para asegurar ás mulleres una protección eficaz fronte aos maltratadores.
http://www.sermosgaliza.gal/articulo/social/continua-encomendandoselle-vitima-case-completo-sua-proteccion/20160822140218050427.HTML
Jane Railton, asasinada pola súa parella en Canarias
http://www.eldiario.es/canariasahora/sociedad/Jane-Railton-violencia-Canarias-separese_0_551894978.HTML
Unha muller que fora maltratada pola súa ex parella, e participara nunha exposición fotográfica para axudar a outras mulleres vítimas de violencia de xénero
Unha muller que fora maltratada pola súa ex parella, e participara nunha exposición fotográfica para axudar a outras mulleres vítimas de violencia de xénero
A coordinadora da Rede Rosa Fontaíña entrevistada en A Revista, na TVG
A violencia de xénero a debate no programa "A Revista". Falamos de cómo os valores machistas están detrás da violencia de xénero, e da necesidade da educación en igualdade entre mozos e mozas.
Podedes ver a entrevista a partir do minuto 24, no seguinte enlace:
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/a-revista-2299335
Podedes ver a entrevista a partir do minuto 24, no seguinte enlace:
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/a-revista-2299335
O Fiscal recorrerá o arquivo da denuncia polos insultos machistas a Carmela Silva
http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2016/07/28/fiscal-recurrira-archivo-denuncia-insultos/1506013.html
O fiscal recorrerá o auto que arquivou a denuncia. Desexamos que se faga xustiza e se entenda que os insultos machistas son unha forma de violencia de xénero. Ademáis, resulta paradóxico que fora o concelleiro de igualdade quen dixo estes insultos; non sabemos qué tipo de políticas farían no concello de Moraña. Debemos seguir insistindo en que a formación en xénero e igualdade é imprescindible para traballar nestes ámbitos. Esperemos que esta vez a mensaxe que se envíe á sociedade sexa que os insultos machistas son unha forma de violencia de xénero.

Xa podedes reservar a vosa praza no próximo Obradoiro de Autoestima de Setembro!
Chamade para reservar a vosa praza no próximo Obradoiro Autoestima e Comunicación en Igualdade que comeza en setembro
Cinco detidos en Pamplona por unha agresión sexual
http://www.farodevigo.es/sucesos/2016/07/07/cinco-detenidos-agresion-sexual-san/1494322.html
A pesar dos esforzos do concello por previr a violencia sexual machista, de novo, nos atopamos cun caso de agresión sexual a unha muller de 18 anos en Pamplona. Cremos que estes casos que saen á luz son só a punta do iceberg: se estima que só se denuncia un caso por cada 10 casos de agresión sexual. Temos moito traballo por diante.
Neste caso, a muller de 18 anos, logo da agresión, foi atopada por varias persoas que a acompañaron á comisaría a interpoñer a denuncia: é imprescindible a colaboración de toda a cidadanía para non ser cómplices das agresións, e actuar perante estas situacións.

Unha nena de 9 anos grava ó seu pai para probar os abusos que viña sufrindo
http://www.farodevigo.es/sucesos/2016/07/06/nina-9-anos-graba-padre/1493513.html
Unha nena de 9 anos grava ao seu pai para probar que abusaba dela. A nena xa denunciara ao seu pai fai 2 anos, pero o perito que a examinou non a creu: non deu lexitimidade ao seu testimonio. Desde a Rede esiximos unha maior credibilidade no testimonio de nenos e nenas, e unha formación en xénero dos e das peritos que traballan nas avaliacións no ámbito xudicial. Estamos a falar de poboación moi vulnerable, e a miúdo non se poñen os medios adecuados para que nenos e nenas se expresen adecuadamente e sexan escoitados/as.

Concentración contra a violencia de xénero
A
denuncia pública, das 47 mulleres asasinadas e fundamental para a reación da
cidadanía sobre as mulleres que están diante do perigo. Sobre todo para que as
persoas deixen de censurar ás mulleres cando tardan tanto tempo en reacionar.
Teremos que facer un exercicio mental e pensar que non somos tan diferentes
como nos parece. Que para ser maltratada somentes se ten que cruzar no noso
camiño un maltratador.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)