Persoas beneficiarias:
- Persoas que teñan fillas ou fillos menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2016 (nados entre o 2.1.2013 e o 1.1.2016, incluídos) e que, durante o ano 2014, nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a teñan presentado de forma voluntaria. (As persoas que realizan a declaración do IRPF xa teñen dereito ás deducións fiscais das mesmas contías)
No caso de fillos/as adoptados ou acollidos entre o 31 de decembro de 2014 e o 31 de decembro de 2015, a prestación poderase conceder durante os tres anos posteriores á data da inscrición no Rexistro Civil ou, cando esta non sexa necesaria, a partir da data da resolución xudicial ou administrativa que a declare. - Aquelas persoas solicitantes dela no ano 2015 que, cumprindo todos os requisitos sinalados na Orde do 30 de decembro de 2014, pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos, modificada pola Orde do 31 de agosto de 2015, non se lles aboara por insuficiencia orzamentaria.
- Nos supostos de nulidade, separación ou divorcio, o pai/nai que teña a custodia dos fillos, de acordo co establecido no convenio regulador ou senteza de separación ou divorcio.
- En ningún caso poderán ser beneficiarias as persoas proxenitoras privadas da patria potestade das súas fillas ou fillos, ou se a tutela ou a garda fose asumida por unha institución pública.
- As persoas estranxeiras que residan en Galicia poderán beneficiarse desta prestación sempre que cumpran as condicións da Lei orgánica 4/2000, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, e os requisitos establecidos nesta orde. Ademais, deberán ter a condición de contribuíntes para os efectos do disposto na Lei 35/2006, do 28 de novembro, do IRPF, e da modificación parcial das leis dos impostos sobre sociedades, sobre a renda de non residentes e sobre o patrimonio.
Requisitos:
- Que as persoas proxenitoras teñan a súa residencia habitual en Galicia.
- Que na data da solicitude os nenos ou as nenas convivan coa persoa solicitante.
- Que durante o ano 2014, nin as persoas solicitantes nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estaren obrigadas a iso.
- Que cumpran os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
Contía da axuda:
A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de tres anos sen que a mesma filla ou fillo poida dar lugar a máis dunha prestación en virtude desta convocatoria. A contía será a seguinte:
- Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 euros.
- Cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 euros.
- Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 euros.
Documentación:
- Fotocopia do Libro de Familia ou certificación literal de nacemento do Rexistro Civil de cada unha das fillas ou fillos da persoa solicitante, para os efectos de acreditar a data de nacemento e o número de orde que ocupa a filla ou fillo na descendencia da persoa solicitante.
- Certificado de empadroamento conxunto de toda a unidade familiar.
- Copia da sentencia de nulidade, separación ou divorcio e do convenio regulador, se é o caso.
- No suposto de familias monoparentais, a documentación anterior poderá substituírse pola copia do certificado de monoparentalidade expedido pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social, sempre que conste nel a filla ou fillo polo que se solicita a axuda, só no caso de non autorizar a súa consulta.
- Nos supostos de adopción ou acollemento, copia da resolución xudicial ou administrativa que a declare (só no suposto de que a formalización se realizase noutra comunidade autónoma).
- Autorización do cónxuxe ou parella para obter da AEAT e da Consellería de Facenda os seus datos de carácter tributario.(anexo II)
- Copia do DNI ou NIE da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.
- Copia do DNI ou NIE da persoa cónxuxe ou parella que non apareza como solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.
- Copia da declaración do imposto da renda das persoas físicas do ano 2014 da persoa solicitante, só no caso de que se denegue expresamente a súa consulta.
- Copia da declaración do imposto da renda das persoas físicas do ano 2014 do cónxuxe ou parella da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta.
Lugar de presentación:
- Xefaturas Territoriais da Consellería de Política Social
- Nos lugares dispostos no artigo 38.4 da Lei 30/92 de 26 e novembro.
- Por vía electrónica: O formulario da solicitude (anexo I) e as declaracións responsables necesarias (anexo II e III), estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, para a súa tramitación electrónica completa. Así como o anexo IV (modelo de autorización para verificación do DNI e consulta de datos do cónxuxe ou parella do solicitante). Para a presentación na sede electrónica admitirase o DNI electrónico ou calquera outro sistema de sinatura electrónica aceptado pola sede da persoa solicitante ou representante legal. Para a presentación por esta vía, a persoa solicitante deberá presentar copia dixitalizada dos documentos necesarios
Prazo de presentación:
Corenta días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG. Até o 7 de marzo de 2016.
No hay comentarios:
Publicar un comentario