Tres de cada catro mulleres maltratadas en España xamais denunciaron ao seu agresor




O sistema xudicial ten que facer autocrítica desta situación: moitas mulleres inician a denuncia pero non a manteñen: por medo ás consecuencias que poida ter na súa seguridade persoal, e debido tamén á soidade e dureza que enfrontan as mulleres víctimas no sistema xudicial. Realmente o titular debería ser unha autocrítica a nivel social e xudicial de qué estamos a facer mal para que as mulleres non se sintan seguras á hora de poñer e manter unha denuncia. Non queremos que se culpabilice as mulleres de non manter as denuncias, senon que se reflexione a nivel social de qué está fallando para que elas non se sintan protexidas para continuar con ese proceso xudicial.

No hay comentarios:

Publicar un comentario