Onte Juana Rivas entregou aos seus fillos cumplindo a orde do xulgado
Entregou aos seus fillos na Garda Civil onde foron recollidos polo pai para marchar o máis cedo posible a Italia. A Fiscalía cambiou de idea e xa non vai a pedir que Juana ingrese en prisión. Ainda así, a psicóloga e a asesora xurídica desta nai terán que declarar como investigadas ao considerar, supostamente, que induciron a Juana a secostrar as súas crianzas. Ata finais de outubro non haberá xuízo pola custodia en Italia.
www.farodevigo.es: Juana Rivas acata a orde de egfsntrega dos seus fillos
www.farodevigo.es: Juana Rivas acata a orde de egfsntrega dos seus fillos
Detido en Valencia por violar a súa fillastra de 12 anos.
Un home foi arrestado en Valencia por abusar sexualmente da filla da súa muller dende que tiña nove anos. A rapaza aproveitou unhas vacacións en España para alertar ao resto dos seus familiares.
www.farodevigo.esarrestado en Valencia por violación
www.farodevigo.esarrestado en Valencia por violación
24 anos de cárcere para o acusado do asasinato en López de Neira
A fiscal pide 24 anos de cárcere para o autor do asasinato machista ocurrido en López de Neira no 2015; lle aplica os agravantes de ensañamento e alevosía e pide unha indemnización de 300.000€ para o fillo da vítima. www.farodevigo.es/sucesosfiscal pide 24 anos de cárcere
A INDEFENSIÓN DAS MULLERES ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO
Ela mesma
recoñece que empregou unha navalla de 5 cm. e que o lesionou, sabe o que fixo
pero nunca tivo intención de asasinalo. Como di a propia sentenza, Noemí chamou
de inmediato á familia da ex parella e foi avisado o servizo de urxencias. Non
o volveu a atacar nin lle impediu que saíra da casa.
O que debemos
plantexarnos toda a sociedade e as institucións é: que levou a esta muller a
facelo? Sería o maltrato sufrido durante toda a súa vida? A relación tóxica á
que ningún dos dous puido poñerlle fin? E, sobre todo, podería terse evitado
esta situación?
Seguimos a sufrir un dobre baremo: no caso de Noemí, a súa ex parella é
culpable dun delito de lesións sobre a muller polo que se lle condenou a sete meses
de cárcere que non cumprirá , ela en cambio foi condenada a tres anos e medio
de cárcere por un delito de lesións con instrumento perigoso, algo totalmente
desproporcionado se temos en conta o pouco que lle custa aos maltratadores
atacar a unha muller, quebrantar unha orde de afastamento ou acabar coa súa
vida ou coa das súas crianzas.
Noemí non só foi vítima de violencia de xénero, senón que agora está tamén
a sufrir a violencia institucional. É vítima dunha xustiza inxusta, como é
posible que dez anos despois dos feitos teña que entrar no cárcere? Dez anos
nos que conseguiu saír desa relación destrutiva, recompoñer a súa vida cun
traballo estable e quedar totalmente reintegrada na sociedade. De que serve
agora que cumpra catro anos de cárcere? Aínda que cometeu un delito, o noso
sistema non busca vinganza senón rehabilitar ás persoas e Noemí xa está
totalmente rehabilitada.
Isto non é unha xustiza efectiva nin
para a vítima nin para o culpable. Mesmo a sentenza recoñece unha dilación
indebida e inxustificable neste proceso, que traerá consigo ca vida desta
muller nunca volva a ser normal e todo o traballo terapéutico levado a cabo
durante estes anos quedará en nada, como afirman os informes dos seus
psiquiatras.
Na Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo coñecemos de
primeira man as dificultades que
soportou, levamos anos apoiándoa e por iso reclamamos o Indulto e a
suspensión da pena de Noemí, é un castigo desproporcionado tras dez anos de
xuízo. Convocaremos a vindeira semana unha rolda de prensa para denunciar esta
senrazón.
INDULTO E
PARALIZACIÓN DA ORDE DE INGRESO EN PRISIÓN DE NOEMÍ OTERO
Detido por unha agresión sexual a unha rapaza en Lugo
Un rapaz de 24 anos foi detido en Lugo por agredir sexualmente a unha rapaza; foron tres mulleres as que o escorrentaron e axudaron á muller.www.farodevigo.es/sucesosdetido por agredir a unha rapaza en Lugo
Condeado por abusar das súas fillas e distribuilas fotos
A Audiencia de Lugo condea a 33 anos de cárcere ao home que abusou sexualmente das súas dúas fillas e distribuiu as fotos por Internet. En 2003 este pederastra xa fora condeado por tenencia de pornografía infantil. galego.farodevigo.es/sucesos: condeado a 33 anos por abusos
Unha parella agrede a unha muller que contrataran coma ventre de aluguer
Unha parella foi detida, en Valencia, por agredir sexualmente a unha rapaza de orixe rumana que contrataran coma ventre de aluguer. galego.farodevigo.es/sucesos
Suscribirse a:
Entradas (Atom)