Entrevista sobre a Rede de Mulleres no Atlántico Diario.
Case 1.000 atencións a mulleres no que vai de ano. Dende a Asociación pedimos máis medios e medidas preventivas na loita contra as violencias machistas.
http://www.atlantico.net/articulo/vigo/mil-mujeres-pidieron-consejo-rede-mulleres/20171126002600619254.html
http://www.atlantico.net/articulo/vigo/mil-mujeres-pidieron-consejo-rede-mulleres/20171126002600619254.html
O TSXG ratifica a condea de 21 anos polo asasinato dunha muller en Ferrol
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ratificou a sentenza da Audiencia de A Coruña pola que se condeaba a 21 anos de cárcere ao home que asasinou cun coitelo a unha muller que traballaba coma camarera en Ferrol. www.farodevigo.es/sucesos/2017: 21 anos por asasinato
Condenado en Santiago por agredir a unha nena
Cinco anos de prisión, unha orde de afastamento e 4.000€ de indemnización por un delito continuado de abusos sexuais a unha neda de 8 anos coa que convivía.
www.farodevigo.es/sucesos: condenado por abusos sexuais
www.farodevigo.es/sucesos: condenado por abusos sexuais
Retirado do informe dos detectives no xuízo contra a "Manada"
O letrado de tres dos acusados retirou o informe feito por uns detectives sobre a vida privada da vítima nos días posteriores á agresión e que fora engadido na causa polo tribunal.
Ese informe nunca debeu presentarse nin nunca debeu ser aceptado xa que nada tiña que probrar, a vida posterior e anterior á violación non poder ser enxuizada.
www.farodevigo.es/sucesos: xuízo á manada
Ese informe nunca debeu presentarse nin nunca debeu ser aceptado xa que nada tiña que probrar, a vida posterior e anterior á violación non poder ser enxuizada.
www.farodevigo.es/sucesos: xuízo á manada
A MANADA SOMOS NÓS !! Feminismo para vivir!
IMOS FACER RUIDO CONTRA AS AGRESIÓNS
Convidámoste
a que o xoves, 23 de novembro, ás 20:00 horas, na farola de
Urzaiz-Vigo saias a rúa connosco nunha ACCIÓN para
reivindicar que estamos fartas de
agresións! Que estando xuntas a manada somos nós!
Que estamos fartas de que sendo as agredidas
se nos cuestione e criminalice!
Que non imos ficar caladas fronte a unha
xustiza patriarcal e a uns medios e sociedade cómplices da violencia machista!
Que queremos mudar este entorno machista e que
precisamos feminismo para vivir!
Contamos
contigo para facer moito, moito ruído. Trae
batukada, panderetas, cacerolas e todo o
que se che ocorra para facernos oír. Todas xuntas imos facer que se nos
escoite!
Non
faltes! E axúdanos a difundir para ser cantas máis mellor! Unha aperta
feminista!
A MANADA SOMOS NÓS !! Feminismo para vivir !!
Condeado por enviar mensaxes a súa exparella a pesar de ter unha orde de protección
En Vigo, un home foi condeado a 6 meses de cárcere por quebrantamento da orde de protección ao enviarlle mensaxes por whatsapp a súa exparella. Non propios mensaxes recoñecía que estaba a cometer un delito pero iso pouco lle importou a hora de incumplir a prohibición de comunicación.
www.farodevigo.es/sucesos: condeado por quebrantamento de orde
www.farodevigo.es/sucesos: condeado por quebrantamento de orde
Condeado a 14 anos nun psiquiátrico por asasinar a súa muller tirándoa pola fiestra
O vigués que asasinou a súa muller en 2015 tirándoa pola fiestra da vivenda familiar foi absolto do delito de homicidio por se lle aplicar a eximente de alteración psíquica. Foi condeado a ingresar 14 anos nun centro psiquiátrico, o home alegara que matou a súa muller por que pensaba que lle estaba a envenenar para quedar cos seus cartos. Terá que pagar unha indemnización de 90.000€ ao fillo da vítima. www.farodevigo.es/sucesos: asasinou a súa muller tirandoa pola ventá
Un home asasina á súa filla de dous anos en Alzira.
http://www.farodevigo.es/sucesos/2017/11/12/hombre-asesina-hija-anos-e/1784677.html
Este domingo pola tarde na localidade valenciana de Alzira, un home degolou á súa filla de dous anos mentres a nai da pequena estaba fora traballando. O detonante puido ser unha discusión na que ela lle anunciou a súa intención de pedir o divorcio e denuncialo por malos tratos.
No que vai de ano, nove crianzas foron asasinadas polos seus pais ou polas parellas ou ex parellas das súas nais como forma de vinganza cara a estas. Nove exemplos de violencia vicaria, unha forma de seguir maltratando ás mulleres a través das crianzas. Unha violencia que pretende facer o maior dano posible e que permanece, pese a todo ,invisible. É a cifra máis alta de menores vítimas de violencia de xénero desde que se rexistran estes crimes.
Desde a Rede de Mulleres Contra os Malos Tratos de Vigo vimos denunciando fai tempo que no noso país a violencia contra a infancia permanece como unha realidade oculta. Non existen datos oficiais sobre cantos menores conviven coa violencia machista, desgraciadamente só percibimos esta lacra cando son asasinados e pasan a incrementar as estatísticas oficiais do ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade. España carece dunha abordaxe integral de loita contra todas as formas de violencia contra a infancia, o que resta eficacia ás distintas medidas tomadas de forma illada.
Un maltratador nunca pode ser un bo pai.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)