Un maltratador non é un bo pai

A fiscala considera "represalia" que unha muller vítima de malos tratos solicite a suspensión do réxime de visitas ao pai. A falta de perspectiva de xénero nos operadores xurídicos incrementa a vitimización secundaria que sofren as vítimas de violencia machista.

http://www.eldiario.es/sociedad/violencia-machista-bastante-sentencia-quiere_0_720928695.html

Unha muller foi asasinada pola súa parella en Barcelona

 En Barcelona, foi atopado o corpo dunha muller preto das vías do tren supostamente asasinado pola súa parella que xa foi detido. A vítima puxera dúas denuncias pero non tivo forzas para seguir co procedemento, ainda tendo coñecemento destos feitos nin xulgado nin fiscalía impuxeron ningunha medida.  http://www.lavanguardia.com/vida/20171226/433893551887/la-victima-de-sant-adria-habia-presentado-dos-denuncias-contra-su-pareja.html

Unha muller é asasinada pola súa parella en Guadalaxara

Unha muller foi asasinada este xoves pola súa parella dos seus fillos menores. http://www.farodevigo.es/espana/2017/12/28/asesina-pareja-delante-tres-hijos/1810954.html

Unha muller morre conxelada en Xapón

Unha muller morreu conxelada tras estar 15 anos secuestrada nun pequeno cuarto polos seus pais, sufriu malnutrición extrema e foi encerrada xa que entendían que tiña unha grave enfermidade mental.  http://www.farodevigo.es/sucesos/2017/12/28/mujer-muere-congelada-japon-pasar/1810692.html

Novo feminicidio na Comunidade Valenciana

 O pasado día 23 unha muller de 20 anos era asasinada pola súa exparella sobre a cal pesaba unha orde de afastamento e xa fora condenado por malos tratos dunha relación anterior. Supostamente secuestrou a vítima cando se dirixía ao seu traballo, obrigandoa a entrar no coche tirandolle do cabelo para despois empotrarse deliberadamente cunha estación de servizo provacando a morte de ambos. A nai da muller puxo unha denuncia por violencia que a propia vítima ratificou a principios de decembro cando o agresor intentou atropelala, estableceuse unha orde de afastamento de 200 metros pero foi quebrantada en varias ocasións segundo as declaracións da irmá da falecida. Este novo caso de asasinato machista puido terse evitado, a propia vítima alertou ao seu policía custodio da posibilidade de que ese mesmo día o seu agresor podía achegarse onde ela.
Debemos lembrar que a violencia machista non toma vacacións e no que vai de ano xa son 84 o número de feminicidios cometidos en España, 58 dos cales cometidos por parellas ou exparellas aínda que as cifras oficiais só contabilicen 46.
www.eldiario.es. investigan novo caso de asasinato machista en Benicassim

Detido un home que contactaba con menores por internet para conseguir videos eróticos deles

Un home de 35 anos se facía pasar por unha rapaza nas redes sociais para contactar con adolescentes e conseguir deles videos eróticos, tras gañar a súa confianza intentaba quedar en persoa con eles para abusar sexualmente deles. http://galego.farodevigo.es/sucesos: detido por pedir videos eroticos a menores