Condenados a 14 e15 anos por agresión sexual continuada



A Audiencia Provincial de Madrid condeou a dous membros da chamada Manada de Villalba a 15 anos de cárcere e a un terceiro a 14 pola agresión sexual continuada a unha rapaza no ano 2015. A Audiencia considera demostrada que se valeron da intimidación ambiental; a xurisprudencia establece que existe intimidación ambiental cando a vítima vese amedrentada por varios suxetos.

https://www.eldiario.es/politica/Penas-carcel-miembros-Manada-Villalba_0_870013364.html


Detido en Barcelona a un menor, de 17 anos, por seis violacións

Un mozo de 17 anos, tutelado, foi detido como presunto autor de varias agresións sexuais, estas eran cometidas en calqueira hora do día e chegaron a cometerse tres violacións en menos de dez días; caracterizadas polo emprego de moita violencia e constantes ameazas. Nalgúns casos tamén aproveitaba para roubar ás vítimas. En decembro xa fora detido en relación coas tres agresións sexuais producidas no barrio de Horta.

"A manada" dos sanfermins continúa en liberdade

A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Navarra mantén aos cinco agresores en liberdade provisional sen admitir a petición da fiscalía, acusación particular e populares. Só un dos maxistrados da Audiencia consideraba pertinente o seu ingreso en prisión.

https://www.elperiodico.com/es/sociedad/20190103/audiencia-navarra-mantiene-libertad-porivisional-manada-7227418

A diminuición das estatísticas non implica un menor número de casos


As cifras, a falta do cómputo total do ano 2018, denotan unha lixera diminuición de chamadas ao 016 e do número de denuncias no 2018 respecto ao 2017; se ben é certo hai que observar os anos anteriores nos que as estatísticas mostran cifras moito máis baixas. Por exemplo no ano 2015 houbo 3956 denuncias nos tres primeiros trimestres fronte as 4763 do 2018 nese mesmo periodo de tempo.
Temos que ter en conta que una diminuición nestes datos non supón, en ningún caso, un menor número de casos de violencia; de feito hai un maior número de expedentes sobre violencia abertos en 2018 que no ano anterior. Durante a folga de xustiza xa se advertira que podería implicar que se presentaran menos denuncias.

Hai operadores xudiciais que non consideran que esta diminución sexa consecuencia da folga de Xustiza de 114 días xa que os xulgados de garda e de violencia sobre a muller seguiron operando se ben por servicios mínimos así como as oficinas de atención ás vítimas que permaneceron en folga dous meses.
https://www.lavozdegalicia.es/…/juzg…/0003_201902G6P2991.htm

Novos casos de violencia sexual


Nunha mesma fin de semana  producíronse dous novas violacións en Barcelona. Un menor de idade, de 16 anos, foi detido pola presunta agresión sexual a unha rapaza da mesma idade na madrugada do sábado e na noite seguinte unha rapaza de 18 anos foi agredida por un grupo de sete homes que xa pasaron a disposición xudicial.

Cando parece que a sociedade xa esquecera casos coma a violación múltiple de Aninovo en Callosa ou a "manada" dos sanfermíns reaparecen novos casos que supoñen a manifestación máis violenta e cruel contra os dereitos e liberdades fundamentais das mulleres.

Atopámonos nun momento en que a pesar do aumento de denuncias interpostas e unha maior sensibilación e rexeitamento á violencia sexual por parte da sociedade o número de detencións e investigacións é menor que anos anteriores, sinal claro de que a resposta institucional e social segue sendo insuficiente. 


/www.lavanguardia.com-siete-detenidos-por-violacion-multiple-en-sabadell-pasaran-a-disposicion-judicial-el-miercoles.html

https://www.elperiodico.com/es/detido-menor-violacion-sant-cugat