Nunha mesma fin de semana producíronse dous novas violacións
en Barcelona. Un menor de idade, de 16 anos, foi detido pola presunta
agresión sexual a unha rapaza da mesma idade na madrugada do sábado e na noite
seguinte unha rapaza de 18 anos foi agredida por un grupo de sete homes que xa
pasaron a disposición xudicial.
Cando parece que a sociedade xa esquecera casos coma a violación múltiple de Aninovo en Callosa ou a "manada" dos sanfermíns reaparecen novos casos que supoñen a manifestación máis violenta e cruel contra os dereitos e liberdades fundamentais das mulleres.
Atopámonos nun momento en que a pesar do aumento de denuncias interpostas e unha maior sensibilación e rexeitamento á violencia sexual por parte da sociedade o número de detencións e investigacións é menor que anos anteriores, sinal claro de que a resposta institucional e social segue sendo insuficiente.
/www.lavanguardia.com-siete-detenidos-por-violacion-multiple-en-sabadell-pasaran-a-disposicion-judicial-el-miercoles.html
https://www.elperiodico.com/es/detido-menor-violacion-sant-cugat
No hay comentarios:
Publicar un comentario