Comunicado asasinato en Valga

https://www.farodevigo.es/sucesos/2019/09/16/hombre-mata-exmujer-excunada-exsuegra/2171216.html?fbclid=IwAR2Q72JYlwnUuLzBxeBkT0EoNuTlEAvy4NFfFuhTOwyAjGqyDdSm38dnxqA

No que levamos de ano 73 mulleres foron asasinadas. Neste verán, a 28 mulleres lles arrebataron a súa vida e destruiron as súas familias. A crueldade existe todos os días, as veces dunha maneira silenciosa, estes asasinatos son a mostra máis clara de que a violencia de xénero existe, que só rompe con casos brutais como o acontecido hoxe. Un home tirotea a súa exmuller, exsogra e a súa excuñada en Valga, diante dos seus dous fillos de 4 e 7 anos. O autor deste crime ten que cumprir a condea que a xustiza lle impoña, pero que xustiza van a ter as súas crianzas? O que si sabemos e que van quedar orfos de nai, avoa e tía.

Os medios de comunicación teñen que darlle visibilidade efectiva a violencia de xénero, non soamente cando acontecen estas barbaries. Seguiremos denunciando todo tipo de violencias pero ata cando?. As condeas teñen que ser reais. Non podemos permitir que as mulleres den o paso a denunciar e despois non teñan a resposta da xustiza. A sociedade non pode tolerar máis asasinatos de mulleres. Os poderes públicos son incapaces de elaborar unha política efectiva de protección e prevención. Por iso dende a Rede de Mulleres reclamamos os dereitos de todas as mulleres. Queremos vivir libres sen violencia machista e denunciaremos calquera situación que vulnere a nosa liberdade.


No hay comentarios:

Publicar un comentario