Rede de Mulleres
Concello de Vigo
Ministerio de Igualdade
ASEIA
Vitrasa
Alertcops
Axudas a familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor durante a suspensión do servizo
Desemprego
Os autónomos poderán recibir unha prestación por cese de actividad polo COVID-19 cando a facturación do mes previo á solicitude da axuda sexa un 75% menor da media do semestre anterior. (requisitos, contía e condicións: artigo 17)
As suspensións dos contratos e reducións de xornada por perda de actividade polo COVID-19 serán considerados con causa de forza maior, debendo ser xustificada pola empresa e constatada pola autoridade nos seguintes 5 días. Neste procedemento deberá haber una comisión representativa dos traballadores, tendo empresa e comisión 7 días para o período de consultas.
As empresas con menos de 50 traballadores estarán exentas da aportación a Seguridade Social e as de máis de 50 traballadores abonarán un 25% como máximo. Isto non afectará os traballadores, que contarán o período como cotizado.
Neste período de suspensión ou redución as persoas traballadoras terán dereito á prestación contributiva por desemprego ainda que non teñan o mínimo cotizado
Os prazos para novas solicitudes de desemprego, prórrogas ou declaración anual de rentas quedan suspendidos (artigos 22-28)
Ábrese unha liña de financiamento para empresas e autónomos para o pago de facturas, circulante, vencementos financeiros ou tributarios ou necesidade de liquidez. Ademais amplíase o límite de endebedamento neto do ICO e créase unha cobertura aseguradora extraordinaria durante 6 meses (artigos 29-31)
Vivenda de persoas en situación vulnerable
Medidas urxentes no ámbito económico e para a protección da saúde pública (BOE nº 62 do 11/3/2020)
Durante o mes seguinte á entrada en vigor deste RD-lei os subministradores de enerxía eléctrica, gas natural e auga non poderán suspender a subministración a aqueles consumidores nos que concorra a condición de consumidor vulnerable, vulnerable severo ou en risco de exclusión social definidas nos artigos 3 e 4 do Real Decreto 897/2017, do 6 de outubro, polo que se regula a figura do consumidor vulnerable, o bono social e outras medidas de protección para os consumidores domésticos.
Prorrógase de forma automática ata o 15 de setembro de 2020 a vixencia do bono social para aqueles beneficiarios do mesmo aos que lles venza con anterioridade a esa data o prazo previsto no artigo 9.2 do Real Decreto 897/2017, do 6 de outubro. (artigo 4)
Real Decreto-lei 8/2020, de 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19. (BOE nº 73 do 18/3/2020) (+ info)
Moratoria na débeda hipotecaria da vivenda habitual para aquelas persoas con dificultade para facer o pago ou vulnerabilidade económica sobrevinda pola crise do COVID-19 (artigos 7 a 16).
Pode solicitarse desde o momento en que o debedor pase a atoparse nos supostos de vulnerabilidade económica, ata 15 días despois da vixencia da Real Decreto Lei que é dun mes, prorrogable segundo as circunstancias. Para poñer en marcha o proceso deberá presentar unha solicitude á entidade financeira que concedese o préstamo, acompañándoa cos documentos que acreditan a súa situación de vulnerabilidade.
Supostos de vulnerabilidade:
Que o debedor hipotecario pase a estar en situación de desemprego ou, en caso de ser empresario ou profesional, sufra unha perda substancial dos seus ingresos ou unha caída substancial das súas vendas (polo menos do 40%)
Que o conxunto dos ingresos dos membros da unidade familiar non supere, con carácter xeral, o límite de tres veces o IPREM con incrementos por fillos a cargo ou familiares con discapacidade ou en situación de dependencia.
Que a cota hipotecaria máis os gastos e subministracións básicos resulte superior ao 35 % dos ingresos netos que perciba o conxunto dos membros da unidade familiar.
Que, como consecuencia da emerxencia sanitaria, a unidade familiar teña sufrido unha alteración significativa das súas circunstancias económicas (cando o esforzo que represente a carga hipotecaria sobre a renda familiar se multiplicou por polo menos 1,3)
Mentres dure a moratoria, non se aplicará nin a cláusula de vencemento anticipado que conste no contrato nin os intereses moratorios.
Acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), do 21 de marzo de 2020. (DOG nº 56 do 22/3/2020)
Medidas extraordinarias en materia de vivenda, para axudar a paliar a situación dos colectivos máis vulnerables con motivo das medidas excepcionais adoptadas en relación co COVID-19:
O IGVS non presentará ao cobramento mediante domiciliación nin exixirá o pagamento inmediato dos recibos do alugamento das vivendas de promoción pública e dos locais comerciais da súa titularidade correspondentes ao mes de abril de 2020.
O IGVS adoptará as medidas oportunas para posibilitar que a axuda concedida ao abeiro do bono de alugueiro social e do bono de alugueiro social para vítimas de violencia de xénero poida alcanzar a totalidade da renda que teñen que pagar as persoas beneficiarias dos programas no vindeiro mes de abril de 2020.
Aloxamentos/establecementos de acollida temporal de garda
Resolución do 21 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade ao Acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), do 21 de marzo de 2020. O apartado “Décimo. Medidas para a aplicación da Orde SND/257/2020, do 19 de marzo, pola que se declara a suspensión de apertura ao público de establecementos de aloxamento turístico, de acordo co artigo 10.6 do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19”
4. Facilitarase a apertura de establecementos para a acollida de colectivos que, polas súas características, presenten unha especial vulnerabilidade social (persoas sen fogar, refuxiados, persoas en risco de exclusión, persoas vítimas de violencia de xénero e outros). A Comunidade Autónoma, en coordinación cos servizos sociais dos concellos ou a Administración competente, facilitará a acollida destes colectivos.
5. Os establecementos turísticos de acollida de garda que a Comunidade Autónoma habilite para a atención das situacións sinaladas nos puntos anteriores deberán reunir as seguintes condicións:
Contar coas infraestruturas necesarias para que os hóspedes desenvolvan nos seus espazos habitacionais as actividades de primeira necesidade ou, se é o caso, acceso a servizos necesarios para a cobertura das necesidades básicas de alimentación, incluída a posibilidade de que no propio establecemento se elaboren comidas para os usuarios, que neste caso deberán repartirse de xeito individualizado e respectando as indicacións das autoridades sanitarias.
Non superarán o límite dun terzo da súa ocupación.
Os establecementos turísticos aplicarán estritamente todas as medidas de limpeza e hixiene recomendadas polas autoridades sanitarias.
Os traslados necesarios para que as persoas poidan ser acollidas nos establecementos de referencia deberán realizarse segundo as normas de mobilidade en vigor.
A Orde TMA/277/2020, do 23 de marzo, pola que se declaran servizos esenciais a determinados aloxamentos turísticos e adóptanse disposicións complementarias. (BOE nº 82 do 25/3/2020) declara como establecementos turísticos esenciais en Galicia unha listaxe que a Xunta ampliou:
Establecementos de garda para o aloxamento das persoas que por distintas circunstancias o precisan https://www.turismo.gal/covid19?langId=gl_ES
A xestión de reservas e dúbidas sobre aloxamento deben de canalizarse a través do teléfono 986 44 70 60 e o enderezo mice@abramar.com da empresa especializada Viajes Abramar, encargada de dar soporte nestas semanas á demanda aloxativa.
Desde a Axencia de Turismo de Galicia informan de que estes contactos están pensados para que sexan os servizos sociais comunitarios municipais ou as entidades/empresas as que se dirixan a eles para xestionar as reservas correspondentes, e non as persoas individuais.
Apoio ás familias
Real Decreto-lei 7/2020, de 12 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes para respostar ao impacto económico do COVID-19 (BOE nº 65 do 13/3/2020)
Artigo 8. Dereito básico de alimentación de nenos e nenas en situación de vulnerabilidade que se atopan afectados polo peche de centros educativos.
As familias dos nenos e nenas beneficiarios dunha bolsa ou axuda de comedor durante o curso escolar que se atopen afectados polo peche de centros educativos terán dereito a axudas económicas ou a prestación directa de distribución de alimentos.
A xestión destas medidas levarase a cabo por parte dos servizos sociais de atención primaria en coordinación cos centros escolares e as respectivas consellerías de educación e de servizos sociais das Comunidades Autónomas, Ceuta e Melilla.
Serán beneficiarias as familias con alumnado de educación infantil, educación primaria e educación secundaria obrigatoria a quen as Comunidades Autónomas, Ceuta e Melilla ou os servizos sociais municipais concederon bolsas ou axudas para o comedor escolar durante o presente curso académico.
Estas medidas prolongaranse mentres permanezan clausurados os centros educativos, sen prexuízo da súa revisión en función da duración desta circunstancia.
Persoas con discapacidade/alteracións condutuais
Instrución do 19 de marzo de 2020, do Ministerio de Sanidade, pola que se establecen criterios interpretativos para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 (BOE nº 76 do 20/3/2020) (+ info)
A actividade de circulación polas vías de uso público permitida para a realización de actividades de asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables de acordo co disposto no artigo 7.1.e) do RD polo que se declara o estado de alarma, así como a realización das actividades por causa de forza maior ou situación de necesidade previstas no artigo 7.1. g) do RD, habilitan ás persoas con discapacidade, que teñan alteracións conductuales, por exemplo persoas con diagnóstico de espectro autista e condutas disruptivas, o cal se vexa agravado pola situación de confinamento derivada da declaración do estado de alarma, e a un acompañante, a circular polas vías de uso público, a condición de que se respecten as medidas necesarias para evitar o contaxio.
Persoas sen fogar
Blíndanse os servizos básicos ás persoas sen fogar no actual contexto de emerxencia sanitaria. Apertura de todos os albergues sociais para que as persoas sen fogar poidan dispor dun servizo de pernoita, extremando as precaucións na liña das recomendacións das autoridades sanitarias. As cociñas económicas e comedores sociais deberán manter o seu funcionamento habitual, tomando as medidas necesarias para que se limite a presenza simultánea de comensais a un terzo do aforo, e reforzando o subministro de comida para o consumo fóra do centro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario