Congreso Internacional de Xuventude: Da educación non formal ao emprego e ao emprendemento

A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, organizará os vindeiros días 25 e 26 de outubro no Concello de Riveira (A Coruña), o Congreso Internacional de Xuventude, baixo o lema “Da educación non formal ao emprego e ao emprendemento”, un espazo de encontro no que os mozos e mozas e as iniciativas e proxectos en materia de xuventude van ter todo o protagonismo que merecen.
Desde este momento e ata o venres día 18 de outubro, ábrese o prazo de inscrición para participar no Congreso Internacional de Xuventude: Da educación non formal ao emprego e ao emprendemento, que se celebrará os vindeiros días 25 e 26 de outubro no Concello de Riveira (A Coruña).

A temática do Congreso incidirá na importancia da educación non formal para a adquisición de competencias, aptitudes e destrezas que favorecen, sen dúbida, as posibilidades de empregabilidade das persoas mozas.

Neste proxecto terán cabida as iniciativas ou experiencias dos concellos, dos mozos e mozas e das entidades que traballan no ámbito da xuventude, constituíndo un espazo que funcionará como escaparate para a mocidade, para as entidades xuvenís e para as persoas emprendedoras.

Alén das diversas conferencias, mesas redondas e relatorios programados, o congreso contará con moitas outras actividades no eido da creatividade, o emprego e a participación xuvenil. Haberá zona expositiva, paneis de experiencias, showrooms... así como actividades de ocio (actuacións musicais, teatro na rúa, exhibicións de cultura urbana, etc.)

O programa está aberto para que calquera iniciativa interesante que queirades dar a coñecer se inclúa no mesmo.

Animámosvos a participardes activamente neste congreso internacional, achegando información acerca do voso proxecto ou iniciativa para lle dar cabida no espazo que resulte máis adecuado en función das súas características.
Só precisades comunicalo a través do enderezo electrónico institutoxuventude.ctb@xunta.es ou ben telefonicamente a través dos seguintes números: 981957057, 981544866 e 981545664.

Documental 'Cambia de Papel'

Hoxe, martes 8 de outubro ás 20:30 horas terá lugar a proxección do documental 'Cambia de Papel' no Auditorio Municipal de Vigo. O documental está escrito e dirixido por Luís Tosar, María Reimóndez e Kutti Revathi (cineasta támil), e versa sobre o traballo desenvolto por Implicadas e o seu parceiro local nos proxectos de cooperación ao desenvolvemento en Támil Nadu, nos que destaca a aplicación do enfoque feminista ou de xénero. A entrada ten un custo de 2€ que irán íntegramente destinados ao programas de cooperación que Implicadas ten na India. http://www.implicadas.com/?sec=7&id_evento=76&lang=gl

Agotado crédito para as axudas periódicas para vítimas de violencia

Con data 6 de abril "La Voz de Galicia" publicaba:

"A Xunta reduce nun 25% os fondos para as axudas periódicas para vítimas de violencia"

A Xunta aseguraba que, a pesares deste recorte presupuestario, esto non significaba que reduciran os cartos destas axudas, xa que afirmaban que habería a "posibilidade de ampliar este crédito, de xeito que todas as mulleres vítimas de violencia de xénero que cumpran os requisitos da convocatoria cobren as axudas e ningunha muller quede fóra. 

Pero a día de hoxe, 4 de outubro, confírmase que xa non hai crédito e que non se sabe si se ampliará o presuposto.


A Xunta pretende integrar a perspectiva de xénero en todas as súas accións de cara ao novo período 2014-2020

http://igualdade.xunta.es/es/actualidad/la-xunta-pretende-integrar-la-perspectiva-de-genero-en-todas-sus-acciones-de-cara-al

A Fiscalía andaluza investiga se tres menores transexuais foron discriminados nos seus colexios

http://www.publico.es/472396/la-fiscalia-andaluza-investiga-si-tres-menores-transexuales-han-sido-discriminados-en-sus-colegios

O teu carné, máis caro por ser muller


http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2013/10/04/carne-caro-mujer/889594.html

A comunidade galega rexistra un repunte en delitos contra a vida e a liberdade sexual

http://www.farodevigo.es/galicia/2013/10/04/comunidad-gallega-registra-repunte-delitos/889738.html

Recortes para hoxe, violencia de xénero para mañá


Máis do mesmo: Os recortes están afectando á concienciación, e isto implica unha maior pasividade e distancia da sociedade, dos entornos cercanos ás vítimas e dos entornos próximos aos agresores; algo que se traduce en máis libertade para continuar coa violencia.

A violencia de xénero non se vai acabar mentres exista unha parte da sociedade que asuma que as relacións deben establecerse sobre las referencias xerarquizadas que a cultura se encargou de fixar sobre a figura e os roles masculinos.
Nos estudos dende o Ministerio de Igualdade: un 1,4% da poboación española, de entrada, considera que a violencia de xénero "é aceptable nalgunhas ocasións". Como se observa, non hai un rexeitamento rotundo á violencia de xénero; unha parte importante da sociedade ten xustificacións para aceptala e cuestionar só determinados resultados.
Non é de extrañar, como coñecidos estes días, que el Gobierno plantee contabilizar só os casos que requiran unha hospitalización superior a 24 horas.

As consecuencias destes recortes xa se ven, e se caracterizan por unha disminución das denuncias, un aumento da retirada das denuncias que se interpuxeron, unha reducción nas cifras de separacións; tamén en as chamadas ao 016, teléfono de atención e información a víctimas de violencia de xénero. Baixaron as medidas de protección, os partes de lesións,.... PERO A VIOLENCIA CONTINÚA.

http://www.eldiario.es/agendapublica/impacto_social/Recortes-hoy-violencia-genero-manana_0_181632543.html

'En Portada' dedica o mes de outubro aos dereitos da muller no mundo


http://cultura.elpais.com/cultura/2013/10/02/television/1380731174_147761.html