Concentración polo asasinato machista

A COORDENADORA COMARCAL DE VIGO DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES CONVOCA
CONCENTRACIÓN DE REPULSA EN VIGO POLO ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA 

 Con ela sumamos outra muller máis na Galiza no que vai de ano, vítima da violencia machista que paga coa súa vida a discriminación e a desigualdade que padecemos todas.

Que a indignación de toda a sociedade saia á rua para rexeitar o cruel asasinato de Inma e denunciar a violencia machista padecida polas mulleres e exercida contra elas polo feito de selo.


CONCENTRACIÓN DE REPULSA DA VIOLENCIA MACHISTA ESTE VENRES 2, ÁS 20H. NO MARCO, RÚA DO PRÍNCIPE EN VIGO.

Desarticulado un clan en Valencia que explotaba sexualmente a rumanas

http://www.farodevigo.es/sucesos/2014/04/28/desarticulado-clan-valencia-explotaba-sexualmente/1012787.html

O ex secretario xeral Eduardo Lamas será xulgado por maltrato

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2014/04/27/ex-secretario-xeral-eduardo-lamas-sera-juzgado-maltrato/0003_201404G27P16993.htm

Detido por golpear a súa muller nun restaurante de Vigo

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2014/04/28/detenido-golpear-mujer-restaurante-vigo/00031398671295551755534.htm

"Políticamente incorrecta" Teresa Moure




9 de maio às 20 horas no Bou Eva de Vigo
Falaremos de ecofeminismo, do corpo e do desejo, das femem, da independência, das estratégias contra-poder, de reintegracionismo, de como viver em galego e não morrer no intento, de reapropria-nos dos espaços públicos, de decrescentismo, de arrobas, de libertar visões e outras praticas subversivas, de verdadeira ecologia, do divino (pouco) e do humano (muito) e ainda mais. Não faltes!!

PLAN INTEGRAL DE APOYO A LA FAMILIA. Propuesta de Objetivos, principios y líneas estratégicas 14 Abril 2014

O Consello de Ministros acordou na súa reunión do 21 de diciembre de 2012 a creación dunha Comisión Técnica Interministerial de Familia (CTIF) co encargo de elaborar un Plan Integral de Apoyo a la Familia (PIAF).


No punto "d" da "línea estratégica 6: Promover la maternidad" indica literalmente:

Protección del no nacido durante su crecimiento y desarrollo, estableciendo y proporcionando a la madre la información e instrumentos necesarios que le faciliten continuar con su embarazo

Ciclo de cine infantil

A Concellería de Igualdade informa que durante os cinco sábados do mes de maio proxectará no auditorio municipal 5 filmes dixiridos ao público infantil e xuvenil.

Os títulos elixidos corresponden a filmes nos que o papel protagonista, e polo tanto activo no guión, o interpreta unha nena.

A entrada é de balde e libre ata completar as localidades
Lugar: Auditorio municipal (Praza do Rei, s/nº)
Datas: sábados 3, 10, 17, 24 e 31 de maio
Hora: 11,30h

No arquivo adxunto pódese obter información sobre as dúas primeiras películas que se proxectaran neste ciclo. Proximamente difudiranse os filmes das seguintes sesións.