CONCENTRACIÓN NO MUSEO DO MARCO ÁS 20H
Como ven sendo habitual, os últimos xoves de mes, a Rede convoca á concentración que terá lugar o xoves día 28 de xuño ás 20h na rúa do Principe, diante do Museo de Arte Contemporáne "MARCO".
Este mes a actríz Elena Cáccamo, lerá unha historia real de maltrato a unha muller. Está historia é extrapolable a moitos milleiros de mulleres na actualidade. A denuncia pública e a reacción desta muller diante do perigo, tamén é moi importante. Sobre todo para que as persoas deixen de censurar ás mulleres cando tardan tanto tempo en reaccionar. Teremos que facer un exercicio mental e pensar que non somos tan diferentes como nos cremos.
Esperamos contar con vos, como ven sendo habitual, para a disusión e presenza neste acto.

FESTA DE A BOUZA 2012
A ODS-Coia e outras xentes convidamosvos a participar nas actividades programadas dentro da Festa de A Bouza 2012:
Venres 22 xuño ás 20h00 -
Programa de radio no parque de A Bouza: "Somos a raíz da solución":
Xuntas a calqueira parte, soas a ningunha. A Bouza, o exemplo a seguir"
Gravaremos
un programa de radio ao aire libre con esta idea: "partindo da
experiencia de loita veciñal de Coia, coa conquista de A Bouza como
espazo verde libre de especulación, falaremos con diferentes persoas e
colectivos: ODS-Coia, asemblea pola defensa do barrio do Cura, Fiare GZ,
consumo responsable... Haberá tamén rap, tertulia sobre novas e vellas
respostas aos problemas do sistema e moito máis. E todo coa colaboración
da xente do programa Enredate que a Rede Social Galiza Sur ten en radio Ecca".
Comezaremos ás 20h00 e remataremos ao redor das 22h00 cunha cea comunitaria no propio parque.
Sábado 23 xuño ás 12h00 - Roteiro polo parque de A Bouza: pasearemos polo parque lembrando a historia dun barrio que logrou manter este espazo verde cheo de vida.
As actividades serán no parque de A Bouza na zona da carballeira preto da rúa Cronista Rodríguez Elías.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)