A policía volve deter ao "violador do ascensor" por catro agresións

http://politica.elpais.com/politica/2017/06/15/actualidad/1497517065_441941.html
Este pasado mércores, a policía detiña en Segovia a Pedro Luís Gallego, máis coñecido como o violador do ascensor, imputándoselle dúas agresións sexuais consumadas e outras dúas en grao de tentativa.

A liberación de Gallego grazas á derrogación da doutrina Parot e tralo informe favorable da fiscalía, xerou gran inquietude social xa que con dous asasinatos e 18 agresións sexuais ás súas costas o risco de que a inserción social fracasase era moi alto, como se acabou demostrando.

O do violador do ascensor non é o primeiro caso de excarcelado pola derrogación da doutrina Parot que volve a reincidir: en 2014 foi arrestado en Galicia Félix Vidal Anido, o violador do estilete, por un delito de agresión sexual en grao de tentativa e en outubro do mesmo ano, Pablo García Ribado, coñecido como o violador do portal, foi arrestado por abusos sexuais en Guadalajara.


En Granada unha muller foi asasinada pola súa parella

En Granada, unha muller foi asasinada pola súa parella; disparouna en presencia do fillo da vítima. O home entregouse despois a Garda Civil, non había denuncias previas por malos tratos.
galego.farodevigo.es/sucesos: asasinato machista en Granada

Xornadas: "Sororidade e resposta activa". Analizando a situación actual en violencia de xénero.


  
“SORORIDADE E RESPOSTA ACTIVA.
Analizando a situación actual en violencia de xénero

Ante as novas formas de violencia temos que artellar novos xeitos de resposta dende os feminismos. Esas respostas deben saír do traballo grupal que fomente a sororidade entre as mulleres e entre os colectivos.

Nestas xornadas analizaremos o empobrecemento das mulleres que están inmersas en procesos de violencia pola falta de dereitos implementados, e cómo afecta a falta de prevención e formación á súa protección fronte á violencia de xénero. Tamén analizaremos a situación das crianzas, tanto no ámbito familiar como ante a acollida nas institucións, máis concretamente nos xulgados.

Xoves 22 de xuño 2017 no Edificio Municipal de Areal (Antigo Rectorado de Vigo).
10,00: Inauguración do Encontro.
10,30h: Ponencia: Estrela Gómez Viñas, Coordinadora de AGAMME (Asociación Galega contra o Maltrato a Menores).
“Sesgo por xénero e idade na xustiza”
11,30h: Debate
12,00h: Ponencia: Marta Rodríguez Engroba, Presidenta da asociación “Sí, hai saída”.
“Eivas e propostas na intervención con mulleres en procesos de violencia”
13,00h: Debate
13,30h: Xantar
15,45h: Distribución nos obradoiros.
16,00h: Obradoiros

Obradoiro 1.
Tareixa Ledo Regal (Facilitadora de Terapia de Reencontro)
Eu escollo o bo trato para a miña vida!
O bo trato parte do desexo de vivir en paz, en harmonía e equilibrio. Axuda a ser máis felices e xenera saúde e goce. Neste obradoiro miraremos como introducir a práctica consciente do bo trato nas nosas vidas para bentratarnos a nós mesmas e para construír benestar e coidado nas nosas relacións de a diario...

Obradoiro 2.
Andrea Arís Couso e Xandra Táboas Martínez (Formadoras en xénero e artes escénicas)
“Laboratorio creativo feminista”
Crear un espazo experimental colectivo no que a través de diferentes prácticas artísticas (escritura, imaxe, son, corpo...) poidamos construir novos relatos. Partiremos do autobiográfico, do cotidiano, das propias experiencia para camiñar cara o colectivo, xerando novos saberes e subxectividades feministas dende a creatividade como ferramenta para a transformación social.

Obradoiro 3.
Pilar Lorenzo Represas
(Educadora para a saúde a través das emocións positivas)
"Teu corpo , o camiño a quen realmente eres"
Aprendizaxe a través de exercicio e movemento consciente, suave e global; o que moviliza todas as funcións naturais do organismo para producir un efecto de sinerxía, natural, a partir de catro áreas: Sensorialidade: Autocoñecemento; Verticalidade: Harmonización da postura; Emotividade: Xestión das emocións; Vitalidade: Axuste enerxético.

18,30: Posta en común dos obradoiros

Consultade a folla de inscrición no noso blog en Actividades.






Visita á exposición ALÉN DOS XÉNEROS


Este xoves 8 de Xuño ás 18h realizaremos unha visita guiada á exposición **Alén dos Xéneros**, 
un percorrido sobre as prácticas artísticas feministas en Galicia, exposta dende xaneiro no museo do Marco.

Se queres acompañarnos podes anotarte de balde mandando un correo a redemediadoras@gmail.com ou chamar ao 986222328