CICLO DE CINE INFANTIL E XUVENIL


   SESIÓNS MATINAIS OS SÁBADOS ÁS 11,30H


A Concellería de Igualdade lembra que este sábado pola mañá haberá unha nova sesión de cine. Proxectaremos ás 11,30h no Auditorio Municipal "CAMPAÍÑA: O SEGREDO DAS FADAS".

Para Campaíña e o resto das fadas da temporada cálida, o Bosque de Inverno segue a ser un lugar misterioro e prohibido.
Acompañarémola nunha incrible viaxe a ese mundo prohibido onde descubrirá un segredo máxico que cambiará a súa vida para sempre.



Con este filme pechamos o ciclo de cine  infantil e xuvenil, que durante todos os sábados de maio proxectamos no Auditorio Municipal coa finalidade de visionar cine no que o papel protagonista é interpretado por unha rapaza.
A entrada é de balde e libre ata completar as localidades
Lugar: Auditorio municipal (Praza do Rei, núm. 1)
Datas: sábados 3, 10, 17, 24 e 31 de maio
Hora de comezo das proxeccións: 11:30h

No arquivo adxunto pódese consultar o programa da ultima quincena.

A organización resérvase o dereito de modificar o programa establecido.

Agardamos que esta información sexa do voso interese e agradecemos que a difundades entre as vosas amizades.

A Marcha das Mulleres reivindica a liberdade sexual

http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2014/05/29/marcha-mujeres-reivindica-libertad-sexual/1032592.html

Un ciclista, sentenciado a 3 anos na Coruña por violar a unha rapaza á que abordou nunha carretera

http://www.farodevigo.es/sucesos/2014/05/29/ciclista-sentenciado-3-anos-coruna/1032604.html

O acusado de asasinar a súa exmoza en Narón, tras quebrantar o alonxamento, afronta 20 anos de cárcere

http://www.farodevigo.es/sucesos/2014/05/29/acusado-asesinar-exnovia-naron-quebrantar/1032606.html

Condeado a 23 anos de cárcere por matar a súa veciña de Arteixo para roubarlle a pensión

http://www.farodevigo.es/sucesos/2014/05/29/condenado-23-anos-carcel-matar/1032609.html

Os vaqueiros non son para as avogadas

http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2014/05/29/vaqueros-son-abogadas/1032600.html

Escapan catro das nenas secuestradas por Boko Haram en Nixeria

http://www.farodevigo.es/mundo/2014/05/28/escapan-cuatro-ninas-secuestradas-boko/1032195.html

As empresas terán que marcarse o seu propio obxetivo de mulleres no consello

http://economia.elpais.com/economia/2014/05/23/actualidad/1400844636_477693.html

Unha muller é asasinada a ladrillazos,por honra, polos seus irmáns en Pakistán

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/internacional/2014/05/27/mujer-asesinada-ladrillazos-honor-hermanos-pakistan/00031401173531422820389.htm

Da a luz no cárcere a sudanesa condeada a morte por convertirse ó cristianismo

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/internacional/2014/05/28/da-luz-prision-sudanesa-condenada-muerte-convertirse-cristianismo/0003_201405G28P29992.htm

Duplícanse nun ano as chamadas de menores con ideas suicidas

http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2014/05/27/duplican-ano-llamadas-menores-ideas/1031426.html

Sete anos de cárcere para o rapaz que disparou na boca ó mozo da súa exparella en Gondomar

http://www.farodevigo.es/sucesos/2014/05/28/siete-anos-prision-joven-disparo/1031925.html

Concentración

Como ven sendo habitual, a asociación Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo convoca á concentración que terá lugar o vindeiro xoves día 29 de maio ás 20:00 h na Rúa Príncipe, diante do Museo de Arte Contemporánea (MARCO), como mostra de repulsa da violencia machista en todas as súas manifestacións.

Dende a Rede seguimos a denunciar a morte das mulleres, que no que vai de ano xa son 34.

Nesta ocasión contaremos coa presencia do actor Manuel Botana do grupo, Fulano, Mengano e Citano  que leerá o comunicado en mostra de solidariedade coas mulleres que sofren a máis despiadada manifestación do machismo, a violencia  de xénero.

Agardamos contar con todas e todos vós, para que se escoite a voz de todos os sectores sociais contra a lacra intolerable da violencia contra as mulleres.


Agradeceríamos a súa difusión e asistencia.



     



Xornadas en Ferrol o 12 de xuño


Un acusado de violar a unha rapaza de 14 anos na Coruña alega que era unha relación consentida

http://www.farodevigo.es/sucesos/2014/05/27/acusado-violar-chica-14-anos/1031175.html


O 16 de xuño cúmprese un ano de que sumándonos á loita das nosas irmás feministas do resto de territorios do Estado e do mundo fixemos un chamado á mobilización cidadá para esixir respecto aos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres así como para afirmar que non permitiremos que a lei actual de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo se reforme de modo restritivo e a nosa defensa do aborto libre e do dereito a decidir.

O 15 de Xuño nas rúas Vigo amosaremos unha vez máis a nosa unidade, a enerxía e a forza de todas as mulleres, e a solidaridade da sociedade galega na defensa dos nosos dereitos.

Berraremoslles ao Partido Popular e ao Señor Feijoo máis unha vez que non imos a parar, que continuamos UNIDAS E EN PÉ NA DEFENSA DOS NOSOS DEREITOS!!!


Manifestación
  • 11:30 Concentrámonos na Estación de Tren mentres agardamos polas mulleres que veñen de fóra de Vigo.
  • 12:00 Manifestación que terá o seguinte percorrido: Areal > Concepción Areal > Montero Ríos > Cánovas del Castillo > Carral > Bamboa > Gamboa > Oliva > Palma> Triunfo > Praza da Constitución > Praza do Sereo.
  • 13:00 Lectura do manifesto na Praza do Sereo.
  • 13:30 Asemblea aberta.
Festa
  • 14:30 Xantar colectivo na Praza do Pobo Galego onde haberá taburetes para xantar, e un espazo para o descanso.
  • 15:30: No esceario da Praza do Sereo comezarán as actuacións e contaremos con música até as 18:00 horas. En breve poremos o programa con todas as actuacións mais para que vaiades abrindo boca…
    • Isabel Risco como mestra de cerimonias
    • Habelas Hainas
    • Sacha na Horta
Romaría Lilá
  • 13:00 Abriranse as mesas con materiais feministas, de venda de artesanía, libros, comida e bebida. As mesas estarán colocadas desde a Rúa do Príncipe até a Praza do Pobo, ao carón da rúa Doutor Cadaval (detrás da Praza do Sereo).

28 de MAIO Día Internacional dos Dereitos Sexuais e Reprodutivos.

A Cordenadora Local da Marcha Mundial das Mulleres de Vigo convídavos á acción conmemorativa do 28 de MAIO que consistirá na elaboración dun maio reivindicativo dos nosos dereitos sexuais e reprodutivos na rúa lateral ao MARCO a partir das 17 horas.

As mulleres da Marcha Mundial das Mulheres estamos en loita pola nosa autonomía, noso direito a vivir libremente a nosa sexualidade e por unha transformación radical da sociedade
Imos mudar o mundo e mudar a vida das mulleres
Somos mulleres e non mercadoria !!


Mulleres e nenas sufren según o contexto cultural, relixioso, económico, político existente onde lles toque nacer: mutilacións xenitais, casamentos forzados, trafico de persoas, escravitude sexual, violacións por parte do conxuge, lapidación por ter relacións sexuais fora do matrimonio, obriga de casarse co seu violador, condena a prisión para aquelas mulleres que decidan abortar se sobreviven a un aborto clandestino, repudio de viuvas por consideralas que traen mala xorte, mulleres e nenas utilizadas como arma de guerra coa intención de repudiar e destruir ao grupo ao cal pertence ou facer unha limpeza étnica, a homosexualidade condenada a pena de morte, negación ao dereito a uso de anticonceptivos....e moitas máis situacións que se dan en contra do noso dereito a ter unha sexualidade sá, libre, sen coaccións.

Cárcere para os tres homes que violaron en Salou á muller dun deudor

http://www.lavanguardia.com/sucesos/20140519/54407068098/condenados-a-47-anos-tres-hombres-por-violar-en-salou-a-la-mujer-de-un-deudor.html

En prisión un mozo acusado de intentar agredir a súa exmoza con dous coitelos

http://www.lavanguardia.com/local/sevilla/20140520/54408126900/prision-joven-agredir-exnovia.html

Detido o actor Michael Jace polo asasinato da súa esposa

http://www.lavanguardia.com/sucesos/20140520/54408134412/detenido-actor-michael-jace-asesinato-esposa.html

Axudas a traballadores que se acollan á redución de xornada para o coidado de fillos/as.

Normativa:

Resolución do 14 de maio de 2014, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regulan as bases para a concesión das axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores que se acollan á redución da súa xornada de traballo cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2014. (DOG nº 95 do 20/05/2014)

Obxecto:

Axudar económicamente mediante un pagamento único a aqueles traballadores que, entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2013 se acolleran a unha redución da súa xornada dunha duración mínima de 60 días naturais ininterrompidos para o coidado dun/dunha fillo/a menor de 3 anos, ou ben menor de 12 anos cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %.
O período máximo subvencionable será de oito meses comprendidos entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2013.
Tamén poderán acollerse a esta axuda os traballadores que, cumprindo os requisitos establecidos, adopten un/unha menor ou o/a teñan en situación de acollemento familiar, nas modalidades de acollemento familiar permanente ou acollemento familiar preadoptivo. Neste suposto, non se terá en conta a data de nacemento, pero para ter dereito á axuda non deberán transcorrer máis de tres anos desde a data da decisión administrativa ou xudicial de acollemento ou  da resolución xudicial pola que se constitúe a adopción. O/a fillo/a polo/a que se solicita a axuda terá que ser menor de 12 anos.
No caso das familias non monoparentais, serán subvencionables todos os períodos traballados durante o ano, co límite máximo de oito meses, sempre que un dos períodos sexa dun mínimo de 60 días naturais ininterrompidos, aínda que o resto sexan inferiores aos 60 días, e sempre que a muller traballe de xeito continuado ou que o tempo non traballado non supere o 5 % do tempo total correspondente aos períodos que se van acumular. Nestes casos, cando haxa dous ou máis períodos subvencionables que non sexan acumulables, concederase a axuda por aquel que sexa o máis favorable para o interesado.
No caso das familias monoparentais, serán acumulables todos os períodos traballados durante o ano, co límite máximo de oito meses, sempre que un dos períodos sexa dun mínimo de 60 días naturais ininterrompidos, aínda que o resto sexan inferiores aos 60 días.

Persoas beneficiarias

  1. Homes traballadores por conta allea, tanto da empresa privada como das administracións públicas, organismos autónomos, entes públicos de dereito privado e empresas públicas dependentes delas, con independencia de que o seu vínculo sexa laboral, funcionarial ou estatutario, e os socios das sociedades cooperativas, sempre que estes últimos pertenzan ao réxime xeral da Seguridade Social., que se acollan á redución de xornada.
  2. Familias monoparentais nas que a persoa solicitante, home ou muller, sexa traballadora por conta allea e se acolla á redución de xornada. Por familia monoparental enténdese,  o núcleo familiar composto por un único proxenitor ou proxenitora que non conviva con outra persoa coa cal manteña unha relación análoga á conxugal e os fillos ou as fillas menores ao seu cargo.
En ningún caso poderán ser beneficiarios os proxenitores privados da patria potestade dos seus fillos/as, ou se a tutela ou garda fose asumida por unha institución pública.

Requisitos:

  • Estar inscritos no padrón de calquera municipio de Galicia, polo menos cun ano de antelación á data da solicitude.
  • Convivir co/a fillo/a durante o período subvencionado.
  • No caso das familias non monoparentais, o outro membro da unidade familiar deberá ser traballador/a por conta allea ou ben autónomo/a e manter esa situación durante todo o período subvencionado. Entenderase cumprido este requisito cando, habendo períodos non traballados, a suma destes non supere o 5% do período subvencionado.

Contías máximas e duración das axudas:

A contía da axuda, de pagamento único, estará en función da porcentaxe de redución de xornada laboral que se solicite e da duración desta, que será como máximo de 8 meses:
  1. Cando a redución de xornada sexa de ata o 15% da xornada laboral polo tempo máximo de 8 meses:
    1. 1.600 euros se é a/o primeira/o filla/o.
    2. 1.900 euros se é a/o segunda/o ou se son xemelgas/os.
    3. 2.200 euros se é a/o terceira/o filla/o u se son trixemelgas/os
  2. Cando a redución de xornada sexa superior ao 15% e ata o 33,33% da xornada laboral polo tempo máximo de 8 meses:
    1. 2.700 euros se é a/o primeira/o filla/o.
    2. 3.000 euros se é a/o segunda/o ou se son xemelgas/os.
    3. 3.300 euros se é a/o terceira/o filla/o u se son trixemelgas/os
  3. Cando a redución de xornada sexa superior ao 33,33% da xornada laboral durante 8 meses:
    1. 3.000 euros se é a/o primeira/o filla/o.
    2. 3.300 euros se é a/o segunda/o ou se son xemelgas/os.
    3. 3.600 euros se é a/o terceira/o filla/o u se son trixemelgas/os
Axuda poderá concederse por unha redución de xornada dun máximo de 8 meses ininterrompidos e un mínimo de 60 días naturais ininterrompidos.
Cando a redución de xornada se solicite por un período inferior aos 8 meses ou no caso de que a persoa non estea contratada a xornada completa, as contías reduciranse proporcionalmente.
Para o cálculo da contía teranse en conta únicamente as fillas e fillos menores de 12 anos, agás no caso daquel polo que se solicita redución de xornada.

Documentación:

  • Solicitude e anexos (pdf) | Presentación electrónica na sede
  • Anexo II: declaración responsable para o caso de proxenitores solteiros cun/unha fillo/a recoñecido/a polo outro proxenitor pero sen que existise convivencia entre pai e nai durante o período obxecto da axuda.
  • Anexo III: certificación da empresa ou, se é o caso, da administración pública correspondente, acreditativa da redución de xornada. No suposto de que durante o período de redución de xornada polo cal se solicita a axuda se producise un aumento ou diminución da porcentaxe inicial de redución da xornada de traballo, deberá cubrirse un anexo III por cada unha das variacións producidas. Igualmente, se a redución de xornada non for desfrutada de modo ininterrompido, cubrirase un anexo III por cada un dos períodos en que se estivese nesta situación.
  • Anexo IV: recolla de datos para a análise de resultados.
  • Fotocopia compulsada do libro de familia.
  • Fotocopia compulsada da sentencia de nulidade, separación ou divorcio e do convenio regulador, se é o caso.
  • Nos suposto de adopción ou tutela, copia do auto xudicial de adopción ou da resolución xudicial de constitución de tutela.
  • No suposto de fillos/as afectados/as por unha discapacidade igual ou superior ao 33%, certificado de discapacidade (no caso de non ter sido expedido na nosa Comunidade Autónoma).
  • No caso de proxenitores solteiros con filla/o recoñecido polo outro proxenitor pero sen que exista convivencia entre pai e nai, declaración xurada que recolla este extremo.(anexo II).
  • Certificado de empadroamento no que se acredite a data de empadroamento en Galicia (polo menos un ano antes da data de solicitude)
  • Documento da Tesouraría Xeral da Seguridade Social (IDC expedido pola empresa) no cal se acredite a situación de redución de xornada por garda legal, durante o período polo cal se solicita a axuda. No caso de pertencer a sistemas de previsión social distintos ao da seguridade social (Muface, Isfas, Mugeju, etc.), certificación en que se acredite a referida situación.
  • Certificado de vida laboral emitida pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social relativa á persoa solicitante da axuda. No caso de pertencer a sistemas de previsión social distintos ao da seguridade social (Muface, Isfas, Mugeju, etc.), certificación acreditativa equivalente.
  • No caso de familias non monoparentais, certificación de vida laboral emitida pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social relativa ao cónxuxe ou parella. No caso de pertencer a sistemas de previsión social distintos ao da seguridade social (Muface, Isfas, Mugeju, etc.), certificación acreditativa equivalente.
  • Para o caso de non autorizar a Secretaría Xeral da Igualdade a obter os datos de identidade no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, fotocopia compulsada do DNI ou NIE da persoa solicitante.

Lugar de presentación:

Prazo de presentación:

Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación. Ata o 20 de xuño de 2014

Arrestan a un mozo de 15 anos por pegar a súa nai na Coruña

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2014/05/19/arrestan-joven-15-anos-pegar-madre-coruna/00031400518157387626551.htm

A fiscalía pide 40 anos de cárcere para o falso maestro shaolín que asasinou a dúas mulleres en Bilbao

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/espana/2014/05/19/fiscalia-pide-40-anos-carcel-falso-maestro-shaolin-asesino-dos-mujeres-bilbao/00031400509152928416742.htm

Detido por instalar unha aplicación espiatoria no móvil da súa moza

http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2014/05/19/detenido-instalar-aplicacion-movil-novia/1026094.html

Artigo sobre violencia de xénero

http://elpais.com/elpais/2014/05/17/opinion/1400353300_493309.html

Detido tras dar un machazo á súa muller e prender lume á súa casa

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/espana/2014/05/18/detenido-murcia-tras-dar-hachazo-mujer-prender-fuego-casa/00031400432913224996463.htm

A xuíza absolve a un vigués acusado de malos tratos a súa amante

http://www.farodevigo.es/sucesos/2014/05/19/juez-absuelve-vigues-acusado-malos/1025688.html

Campamento de verán


DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES ANTIMILITARISTAS‏

24 de MAIO 2014


DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES ANTIMILITARISTAS
"Nin guerra que nos mate, nin paz que nos oprima"

A Cordenadora Local de Vigo da Marcha Mundial das Mulleres organiza unha
acción na Praza dx migrante (Travesas), para conmemorar a data na que as mulleres visibilizamos o significado das palabras militarización – guerra – explotación dos territorios e paz, dende a perspectiva de xénero.
Música, leitura de textos e poesías a partir das 18:00.
 ESPERÁMOSTE¡¡

Na barbarie de calquera guerra, as mulleres, consideradas individual e socialmente, experimentan unha maior perda no desenvolvemento dos seus dereitos humanos. As mulleres,vítimas da violencia da guerra, sofren torturas, asasinatos, masacres, detencións, igual que os homes, pero ademais son vítimas dunha específica violencia de xénero engadida. En situacións de conflito bélico e pos-bélico, as mulleres son sometidas a todo tipo de humillacións, vexacións, violacións, agresións físicas e psicolóxicas, en definitiva, ao acoso do inimigo como unha estratexia máis de guerra. As mulleres nas zonas de guerra son a miúdo violadas, obrigadas a prostituírse, asasinadas ou forzadas a prestar axuda de calquera tipo. A súa vida e o control do seu corpo, os seus sentimentos e pensamentos militarízanse en base a prioridade dalgún exército ou policía militarizada, cuxos funcionarios as utilizarán de acordo as súas nocións de “defensa” e “inimigo”.

Suben as peticións de indulto por violencia de xénero

http://www.farodevigo.es/espana/2014/05/18/suben-peticiones-indulto-violencia-genero/1025669.html

A sociedade non acaba de ver a violencia machista como delito, según as expertas

http://noticias.lainformacion.com/policia-y-justicia/magistratura/la-sociedad-no-acaba-de-ver-la-violencia-machista-como-delito-segun-las-expertas_mXlcThYSIsik530k09FTg7/

Detido un xoven de 19 anos como presunto autor dun delito de violencia de xénero

http://www.atlantico.net/articulo/vigo/galicia-detenido-vigo-joven-19-anos-presunto-autor-delito-violencia-genero/20140514172339418142.html

Mulleres que loitan por avanzar respecto a violencia de xénero en América Latina


http://elpais.com/elpais/2014/05/14/fotorrelato/1400086439_736227.html#1400086439_736227_1400100082

ONGs consideran a lei Gallardón unha “grave ameaza para a saude da muller”

http://sociedad.elpais.com/sociedad/2014/05/12/actualidad/1399891051_747232.html

O 70% das traballadoras do mundo non ten permiso pagado de maternidade

http://sociedad.elpais.com/sociedad/2014/05/13/actualidad/1399978865_395563.html

Un home dille á súa muller que a vai asasinar ó ver un crime de violencia de xénero pola tele

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/2014/05/15/dijo-iba-matar-ver-crimen-tele/0003_201405F15C79910.htm

Condeada a morte unha muller sudanesa por convertirse ó cristianismo

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/internacional/2014/05/15/condenada-muerte-mujer-sudanesa-convertirse-cristianismo/00031400149193408179190.htm

CICLO DE CINE INFANTIL E XUVENIL


   SESIÓNS MATINAIS OS SÁBADOS ÁS 11,30H


A Concellería de Igualdade lembra que este sábado pola mañá haberá unha nova sesión de cine. Proxectaremos ás 11,30h no Auditorio Municipal "A CASA DA LUZ", producida por Vimbio filmes e dirixida por Carlos Amil, baseada nunha novela do mesmo título de Xabier Docampo.

Como xa vimos informando,  durante os sábados de maio proxectamos un ciclo de cine infantil e xuvenil onde os 5 filmes elixidos teñen en común que o papel protagonista o interpreta unha rapaza, ou como no caso de "A casa da Luz", un grupo equitativo de rapazas e rapaces.

A entrada é de balde e libre ata completar as localidades
Lugar: Auditorio municipal (Praza do Rei, núm. 1)
Datas: sábados 3, 10, 17, 24 e 31 de maio
Hora de comezo das proxeccións: 11:30h

 
  
RESUMO:
“A CASA DE LA LUZ” introdúcenos nunha aventura fundacional: A panda de Alicia arríscase a penetrar en un mundo descoñecido e sorprendente para atopar a un amigo perdido e descobren unha nova forma de ver a vida de seu e a da que os rodean.
Con “A CASA DA LUZ” trátase daquela de entender os misterios do mundo e voltar a casa con máis sabiduría, con máis compromiso porque na viaxe aprendimos que eramos máis fortes do que pensabamos, que a amizade é más indestructible do que supoñíamos e que a ansia de saber constitúe un grande soporte para resolver as inxustizas e para facilitar a convivencia en paz.

Polémico despido da directora do «New York Times»

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2014/05/15/polemico-despido-directora-new-york-times/00031400141996551430888.htm

Unha rapaza paquistaní, asasinada cunha foz pola súa familia por casarse sen permiso

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/internacional/2014/05/15/joven-paquistani-asesinada-hoz-familia-casarse-permiso/00031400140009322911839.htm

´A violencia de fillos a pais debería ter a mesma repercusión ca machista´

http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2014/05/15/violencia-hijos-padres-deberia-repercusion/1023389.html

A Garda Civil detecta un caso de ´sexting´ a unha nena de 12 anos en Pontevedra

http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2014/05/15/guardia-civil-detecta-caso-sexting/1023393.html

En Palestina,os homes presos son "heroes" e as mulleres, nada

http://blogs.elpais.com/miradas-arabes/2014/05/mujeres-palestinas-gaza-carcel-israel.html

A mutilación xenital máis brutal é practicada con frecuencia en Somalia, o que deixa ás mulleres con importantes secuelas físicas e psicolóxicas

http://elpais.com/elpais/2014/05/12/planeta_futuro/1399896450_902439.html

Denunciado por maltrato un home que tiña 11 mulleres secuestradas nun harén marbellí

http://www.elmundo.es/cronica/2014/05/11/536de8d9e2704e84568b456d.html

Piden cárcere para un vigués acusado de quebrantar unha orde de afastamento e prohibición de comunicación ca súa exparella

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2014/05/12/juzgado-vigues-dedicar-cancion-antonio-orozco-exmujer/0003_2014051399890505256246.htm

A Iglesia mediará entre os veciños e o cura acusado de chamar adúlteras ás feligresas

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2014/05/13/iglesia-mediara-vecinos-cura-acusado-llamar-adulteras-feligresas/0003_201405G13P99911.htm

A Garda Civil descarta violencia doméstica na morte da octoxenaria de Arteixo

http://www.farodevigo.es/sucesos/2014/05/13/guardia-civil-descarta-violencia-domestica/1021870.html

O líder de Boko Haram propón liberar ás nenas a cambio de prisioneiros

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/internacional/2014/05/12/lider-boko-haram-propone-liberar-ninas-cambio-prisioneros/00031399887993431402538.htm

Falecemento dun neno de tres anos en Marbella con signos de malos tratos

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/espana/2014/05/13/fallece-nino-tres-anos-marbella-signos-malos-tratos/00031399969136450966913.htm

Xuzgan a un proxeneta rumano que vendeu a súa moza por 1.000 euros

http://www.atlantico.net/articulo/vigo/rumano-vendio-novia-1-000-euros-local-alterne-vigo/20140511013538417554.html

¿Por qué os extremistas musulmáns temen a educación das mulleres?

http://blogs.elpais.com/mujeres/2014/05/por-que-los-extremistas-musulmanes-temen-la-educacion-de-las-mujeres.html

COMUNICADO DO CONSELLO MUNICIPAL DA MULLER


Desde o C.M.M de Vigo queremos manifestar a nosa condena ante os secuestros,  por parte de Boko Haram, de 223 xóvenes nunha escola da localidade do noreste de Nixeria o pasado 14 de abril.

Boko Haram, que en lingua local hausa significa “a educación occidental é pecado”, creouse en 2002 co obxectivo de propagar a yihad e crear un Estado islámico en Nixeria rexido pola sharía o lei islámica. En 2009 comenzaron as accións armadas, e dende o inicio da súa ofensiva, Boko Haram causou máis de 4.000 mortes, 1.500 de elas no que vai de ano.

Os crimes dos salafistas de Boko Haram centráronse nas últimas semanas no secuestro de colexialas para ser posteriormente violadas e vendidas. Cada ano este tipo de atentados contra as mulleres aumenta, os soldados cometen todo tipo de agresións sexuais con ocasión do saqueo e demáis atropelos perpetrados durante as invasións, practican violacións en público, secuestran ás mulleres en campos especiais ou en prostíbulos para torturalas, violalas e deixalas embarazadas. Os secuestros de nenas estudantes en Nixeria, reflexan a estratexia de someter ás mulleres de novo aos homes, sendo “secuestradas co obxectivo de que casen”.


 Coma mulleres comprometidas coa liberdade, o respecto e a igualdade, rexeitamos esta barbarie que unha vez mais están a sufrir mulleres a nivel global. Polo que asorganizacións representantes do C.M.M: :

- Censuramos a inacción das autoridades para explorar a zona na que as patrullas cidadás cren que están as secuestradas.
- Condenamos a violencia e a explotación sexual.
- Solicitamos o apoio dos gobernos e institucións para frear a violencia de xénero, e máis concretamente a utilización das mulleres como botin de guerra.

- E esiximos medidas políticas para acabar con esta masacre.

Dorothy Hodgkin,Premio Nobel de química, e outras mulleres que «compartiron» a ciencia cos seus maridos

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/informacion/2014/05/12/dorothy-hodgkin-mujeres-compartieron-ciencia-maridos/00031399880722606657529.htm

A Garda Civil investiga a morte dunha muller e as feridas do seu fillo en Arteixo

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2014/05/12/guardia-civil-investiga-muerte-mujer-heridas-hijo-arteixo/0003_2014051399876281730717.htm

Detido o fillo da muller búlgara fallecida en Madrid

http://www.farodevigo.es/sucesos/2014/05/12/arrestan-hijo-mujer-bulgara-fallecida/1021366.html

Detido un maltratador por levar en coche ó traballo á súa muller

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2014/05/09/detenido-maltratador-llevar-coche-mujer-trabajo/0003_2014051399647869800652.htm

Unha adolescente india suicídase porque a súa nai obligoulle a borrarse de Facebook

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vidadigital/2014/05/09/adolescente-india-suicida-madre-obligo-borrarse-facebook/00031399645350311557833.htm

Morre unha muller india queimada viva pola súa familia política por non pagala dote

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/internacional/2014/05/09/muere-mujer-india-quemada-viva-familia-politica-pagar-dote/00031399634012399126249.htm

Unha publicidade polémica reabre o debate sobre o turismo sexual durante o Mundial

http://www.lavanguardia.com/viajes/20140509/54407740311/publicidad-polemica-debate-turismo-sexual-mundial-brasil.html

Os menores, víctimas do ´sexting´

http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2014/05/09/menores-victimas-sexting/1019872.html

Atopan morto ó home que supuestamente asesinou a súa exmoza e á parella de esta onte en Madrid

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/espana/2014/05/06/hallan-ahorcado-hombre-supuestamente-asesino-exnovia-pareja-ayer-madrid/00031399359286737636805.htm

A "moral'' da violencia de xénero 'de fai 30 anos'

http://www.farodevigo.es/espana/2014/05/05/moral-violencia-genero-30-anos/1017505.html

Programa de Turismo Social para maiores do IMSERSO

Normativa:

O prazo de presentación de solicitudes mantense aberto ata o 5 de xuño de 2014.

Solicitantes:

Persoas residentes en España que reúnan calquera dos seguintes requisitos:
  • Ter como mínimo 65 anos cumpridos.
  • Ser pensionista de xubilación do Sistema Público de Pensións.
  • Ser pensionista de viuvez do Sistema Público de Pensións, con 55 anos cumpridos.
  • Outros pensionistas do Sistema Público de Pensións e prexubilados con 60 anos cumpridos.
  • Valerse por sí mesmos e non padecer alteracións de comportamento que impidan a normal convivencia nos hoteis.
Se a/o solicitante viaxa co cónxuxe, non é preciso que éste reúna os requisitos de idade e pensión.
Admitirase como acompañante a un fillo ou filla con discapacidade, que teña un grao de minusvalía igual ou superior ó 45%, sempre que a viaxe a realice cos seus pais e ocupe cama supletoria na mesma habitación do hotel. Deberá cumprimentarse o apartado correspondente da solicitude cos datos do fillo/a e achegar fotocopia do certificado de minusvalía.

Modalidades:

Ofértanse distintas modalidades para que os maiores poidan gozar dunhas vacacións no período comprendido entre os meses de outubro de 2014 e xuño de 2015, segundo a modalidade:
  • Estadías en zonas costeiras.
  • Viaxes culturais para coñecer a historia e arte de España.
  • Turismo de natureza con rutas por paraxes pintorescos.

Servizos incluídos:

  • Viaxe ida e volta desde a súa capital de provincia ata o hotel de destino e regreso, agás para a modalidade de viaxes sen transporte.
  • Aloxamento en réxime de pensión completa en habitación dobre a compartir en hoteis seleccionados polo IMSERSO. Contémplase o aloxamento en habitación individual, que terá un suplemento no prezo e estará suxeito a dispoñibilidade de prazas.
  • Servizo médico, complementario da Seguridade Social, no propio hotel.
  • Programa de animación
  • Póliza colectiva de seguros
Nos viaxes Culturais e Turismo de Natureza, dadas as súas especiais características non se inclúen os servizos médicos e programa de animación.

Prezos por persoa das diferentes quendas:

A previsión de prezos para a tempada 2014/2015 é a seguinte:
8 días (7 noites)10 días (9 noites)15 días (14 noites)15 días combinados (14 noites)
DestinosT. baixaT.altaT. baixaT.altaT. baixaT. alta
Andalucía, Cataluña, Murcia e Comunidade Valenciana166,03 €203,02 €212,72 €256,09 €308,24 € 365,40 €
Andalucía, Cataluña, Murcia e Comunidade Valenciana (sen transporte)141,77 €185,87 €14,65 €224,08 €251,07 €  312,15 € 
Baleares182,75 €236,55 €233,68 €293,87 €322,84 €396,80 €
Baleares (sen transporte)141,77 €185,87 €174,65 €224,08 €
Canarias314,23 €387,44 €551,94 €585,90 €
Canarias (sen transporte)185,87 €224,08 €

Circuitos culturais (6 d/5 n)258,58 €
Turismo de Natureza (5d/4n)253,97 €
Estes prezos inclúen o aloxamento en pensión completa e en cuarto dobre a compartir.
No caso de aloxamento en cuarto individual estes prezos teñen un incremento de 13,45 € por noite para os destinos de península e Baleares, 15,52 € por noite para Canarias e 18,63 € por noite para os destinos de viaxes Culturais e Turismo de Natureza, suxeito sempre a dispoñibilidade de cuarto individual.
As quendas de Nadal e Fin de ano teñen un suplemento de 10,35 €
Temporada baixa: As quendas que se inicien dentro dos días do 1 ao 17 de decembro de 2014 e do 1 ao 31 de xaneiro de 2015.
Temporada alta: Quendas que se inicien en datas distintas ás anteriores.
Os destinos a Canarias, Circuitos culturais, Turismos de natureza consideraranse sempre temporada alta.
  • Viaxes Culturais: Consisten na realización de roteiros turístico-culturais durante 6 días (5 pernoctacións) en réxime de pensión completa, con servizos permanentes de guía especializado. Os circuítos desenvolveranse en zonas de marcado interese cultural do interior da península e cornixa cantábrica.
  • Turismo de natureza: Realizaranse en quendas de 5 días (4 pernoctacións) en zonas de espazos naturais que permitan actividades recreativas e contemplativas, así como realizar un turismo activo de esforzo moderado. Cada provincia de orixe contará cun destino en Turismo de Natureza.