INFORMACIÓN DOS COLECTIVOS PARTICIPANTES
- ASOCIACIÓN
ARELAS: Asociación de Familias de Menores Trans de Galicia.
Asociación formada por familias
de menores e adolescentes transexuais. Entenden que as crianzas xa dende ben
pequenas observan, que por encima de todo, as equivocadas son elas e que polo
tanto deben axustarse ao que a sociedade entende por “normal”. Dende a
asociación de familias de menores trans*, traballan e promoven a defensa dos seus
dereitos en todos os ámbitos da vida: educativo, sanitario, xudicial, cultural,
deportivo e social.
- COLECTIVO ESCULCA: Observatorio para a
defensa dos dereitos e liberdades.
EsCULcA é un Observatorio de ámbito
galego que traballa na defensa dos dereitos e liberdades públicas garantidos na
Constitución e nos Tratados Internacionais. Consideran que unha das tarefas
urxentes que debe abordar a sociedade civil é a restauración inmediata das
garantías eliminadas nos últimos anos e a adopción de cantas medidas foran
precisas para garantir o exercicio de dereitos básicos como os de expresión,
reunión e manifestación, o dereito a non ser obxecto de tortura, o dereito a
asilo, o dereito á saúde ou o dereito a un tratamento adecuado das persoas
menores de idade con responsabilidades penais.
- ASOCIACIÓN FARAXA.
FARAXA é unha organización non
gobernamental sen ánimo de lucro, de acción social e independente (sen
adscrición a ningunha formación política, relixiosa, grupo financeiro ou
mediático, etc.). Está especializada no traballo con persoas en prostitución e
vítimas de trata sexual.
- CURUXA FEMINISTA. Colectivo feminista
non mixto de estudantes galegas.
Nace ante a necesidade de combater o sistema patriarcal dende a
organización autónoma das mulleres, dende a cal enfrontarse colectivamente ás
problemáticas derivadas deste. Queren socializar o feminismo nos centros de
ensino tanto a nivel teórico como práctico, espallando a sororidade e o apoio
mutuo entre compañeiras.
- XORNALISTAS
GALEGAS.
Rede
creada para aplicar a perspectiva de xénero ao xornalismo. Este movemento está
formado por unhas duascentas profesionais de diferentes medios e distintas
profesións que se uniron a raíz do 8M no grupo As Xornalistas Paramos.
-
AFROGALEGAS.
O colectivo Afrogalegas foi impulsado por un grupo de mulleres galegas
afrodescendentes, cansas de soportar os microracismos cotiás. Entenden a
afrodescendencia coma un termo que engloba diferentes enfoques ou identidades
que teñen a súa orixe común na tradición africana e nas herdanzas ou
ascendencia que cada unha recibimos das nosas antepasadas.
OBRADOIROS
1.-
“DESCUBRINDO O PODER DA RISA”. BAIA FERNÁNDEZ DE LA TORRE.
Nos tempos que vivimos cada vez son máis as persoas que
padecen enfermidades relacionadas co estrés, por iso considérase moi importante
coñecer ferramentas que nos axuden a contrarrestar os seus efectos ou incluso
os fagan desaparecer. Recuperar a alegría de vivir e beneficiarnos do impacto
que isto ten sobre a nosa saúde e calidade de vida.
2.—“MULLERES
NAS FRONTEIRAS”. “RAIAS TRAVESEIRAS”. EVA GIL E MARI FIDALGO.
As fronteiras son na
actualidade un espazo máis de violencia contra as mulleres e outras identidades
nas marxes, alén dun negocio suculento para grandes empresas.
Reflexionaremos sobre o
que sucede nos espazos fronteirizos, tanto exteriores e interiores, e
reflexionar sobre as relacións entre feminismos e migracións. O noso obxectivo
é contribuir a fortalecer os nosos discursos e prácticas para derrubar todo
tipo de fronteiras e dar pasos para a construción de alianzas sólidas. Porque
os feminismos teñen que ser transfronteirizos e anti-racistas ou non serán!
Impartido por Raias Traveseiras, espazo
aberto, flexible e horizontal de denuncia das políticas capitalistas,
migratorias e patriarcais e de construción colectiva de discursos e prácticas
para acadar vidas que merezan a alegría vivir. Actúan en base a tres vectores:
sensibilización e denuncia, formación e xeración de pensamento crítico, e
impulso de iniciativas de transformación social. Na actualidade está integrado
por Mari Fidalgo, Eva Gil e Leticia Castro.
3.-
“AUTORAS DAS NOSAS IMAXES”. NATALIA GONZÁLEZ DEVESA.
Traballaremos en como construír a nosa identidade desde
nós mesmas como mulleres na sociedade, combatendo as desigualdades de xénero
desde a fotografía.
Coñeceremos:
• o traballo de mulleres fotógrafas ao longo da historia
e na actualidade.
• analizarase a publicidade sexista de diferentes medios
tanto locais como mundiais.
• traballarase sobre os estereotipos masculinos e
femininos.
• uso do photoshop para perpetuar as desigualdades de
xénero.