As denuncias por Violencia de Xénero repuntaron en xaneiro na comarca

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2015/02/03/denuncias-violencia-genero-repuntaron-enero-comarca/0003_201502B3C3994.htm

Os cuarteis da Garda Civil da comarca rexistraron en xaneiro un repunte na tramitación de denuncias por violencia machista, psicolóxica ou no ámbito familiar. Os municipios nos que máis incidencia houbo foron Boiro, Noia, Muros ou Porto do Son, aínda que esta tendencia tamén se rexistrou noutros termos como Santa Comba ou Padrón, que forman parte da xurisdición da compañía do instituto armado en Noia.

Os axentes encargados de atender ás vítimas percibiron que os expedientes presentados o pasado mes corresponden, na maioría dos casos, a mulleres que non alertaran nunca de que sufrían malos tratos. As mesmas fontes sinalan que a característica común destas persoas é que levaban anos sufrindo estes ataques por parte das súas parellas ou maridos, pero que non os puxeron en coñecemento da Garda Civil ao descoñecer que se trataba de delitos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario