Un lalinense solicita vetar o salón erótico de Lugo

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/2015/02/03/lalinense-solicita-vetar-salon-erotico-lugo/0003_201502D3C49923.htm

Un lalinense remitiu escritos ao Concello de Lugo, subdelegación de Goberno nesa provincia e Secretaría Xeral de Igualdade para demandar que se vete o desenvolvemento do salón erótico previsto para o próximo fin de semana, ao considerar como axente de igualdade que a actividade «vai en contra dunha sociedade igualitaria». Cuestiona un modelo de sexualidade baseado na pornografía, e cuestiona que un evento destas características se realice nun espazo público, cando menoscaba a imaxe das mulleres, e vai contra leis como a de igualdade e violencia de xénero.

No hay comentarios:

Publicar un comentario